SAP Pontevedra 115/2018, 24 de Julio de 2018

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2018:1132
Número de Recurso41/2017
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución115/2018
Fecha de Resolución24 de Julio de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00115/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: N85850

N.I.G.: 36038 43 2 2011 0009762

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000041 /2017 -ADelito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, PETRONOVAOIL SA

Procurador/a: D/Dª CARLOS VILA CRESPO

Abogado/a: D/Dª MARIA GEMA HERNANDEZ IGLESIAS

Contra: Benedicto, Bernabe, Bienvenido

Procurador/a: D/Dª MANUELA SOTO SILVA, JAVIER ALMON CERDEIRA, PATRICIA CABIDO VALLADAR

Abogado/a: D/Dª EVARISTO GALIANO MUIÑOS, SERGIO TORO PUJOL, OSKAR ZEIN SANCHEZ

ROSALÍA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: N85850

NIX: 36038 43 2 2011 0009762

PA PROCEDEMENTO ABREVIADO 0000041 /2017 -ADelito/falta: ESTAFA (TODOS OS SUPOSTOS)

Denunciante/querelante: MINISTERIO FISCAL, PETRONOVAOIL, SA

Procurador: CARLOS VILA CRESPO

Avogada: MARÍA GEMA HERNÁNDEZ IGLESIAS

Contra: Benedicto, Bernabe, Bienvenido

Procurador/as: MANUELA SOTO SILVA, JAVIER ALMÓN CERDEIRA, PATRICIA CABIDO VALLADAR

Avogados: EVARISTO GALIANO MUÍÑOS, SERGIO TORO PUJOL, OSKAR ZEIN SÁNCHEZ

SENTENZA NÚM. 115/18

===================================================== =====

Maxistrado presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistradas:

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sra. dona María Belén Rubido de la Torre

===================================================== =====

Pontevedra, 24 de xullo de 2018

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 41/2017, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, e seguida polo trámite do procedemento abreviado polo delito de estafa (todos os supostos), contra:

- Benedicto, con DNI núm. NUM000, nacido o NUM001 de 1948, en Tortosa, Tarragona, fillo de Jesús e de Estrella, sen antecedentes penais, con domicilio na RUA000, NUM002, planta NUM003, porta NUM004

, Mataró, Barcelona, representado pola procuradora dona Manuela Soto Silva e defendido polo avogado don Evaristo Galiano Muíños.

- Bernabe, con DNI núm. NUM005, nacido en Sabadell o NUM006 de 1976, fillo de Luis Francisco e de Verónica, con domicilio na AVENIDA000, NUM007, planta NUM008, porta NUM009, Sabadell, Barcelona, representado polo procurador don Javier Almón Cerdeira e defendido polo avogado don Sergio Toro Pujol.

- Bienvenido, con DNI núm. NUM010, nacido en Antas de Ulla, Lugo, o NUM011 de 1978, fillo de Jose Manuel e Nicolasa, con domicilio no lugar de DIRECCION000, núm. NUM008, Antas de Ulla, Lugo, representado pola procuradora dona Patricia Cabido Valladar e defendido polo avogado Oskar Zein Sánchez.

É parte como acusación particular Petronovaoil, SA, representada polo procurador don Carlos Vila Crespo e defendida pola avogada dona María Gema Fernández Iglesias. Tamén é parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal intervén don Alejandro Pazos.

É maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito de estafa (todos os supostos). Practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes a xuízo oral, que tivo lugar o día 17 de xullo de 2018, e a cuxo acto compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de estafa (todos os supostos) dos artigos 248.1 e 250.5.6 do Código penal (CP ). Considerou autores do delito os acusados, sen a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal nos acusados Benedicto e Bienvenido, e concorrendo a circunstancia agravante de reincidencia do artigo 22.8 do CP en Bernabe .

Solicitou que se impoñan aos acusados as penas de cinco anos de prisión, cinco anos de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo, 12 meses de multa cunha cota diaria de 10 € e as custas.

Así mesmo, solicitou que os acusados indemnicen a Petronovaoil, SA, en 646 004,90 €, cantidade que se incrementará co xuro legal desde a data dos feitos, respondendo subsidiariamente do pagamento das ditas cantidades as sociedades Reformas Armesto y Lavandeira, SL, Analyse Causale, SL, Marograf Artes Gráficas, SL, Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA.

No acto do xuízo oral mudou en definitivas as súas conclusións coa excepción da retirada da acusación contra Bernabe . Mantivo o resto do seu escrito.

Terceiro

A acusación particular nas súas conclusións provisionais cualificou os feitos como constitutivos dun delito de estafa dos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal, e considerou responsables en concepto de autores os acusados, sen concorreren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal.

Solicitou que se lles impoña a cada un dos acusados a pena de seis anos de prisión e multa de 12 meses, a razón de 20 euros diarios.

En concepto de responsabilidade civil, solicitou que os acusados indemnicen a Petronovaoil, SA, na cantidade de 645 992,90 €.

No acto do xuízo oral mudou as súas conclusións en definitivas, coa excepción da retirada da acusación contra Bernabe, e modificou a quinta unicamente para solicitar que se impoña a Bienvenido a pena de tres anos de prisión, mantendo o resto do seu escrito.

Cuarto

As defensasdos acusados solicitaron a libre absolución dos seus patrocinados por non ter participación ningunha nos feitos presuntamente delituosos.

No acto do xuízo oral mudaron as súas conclusións en definitivas.

FEITOS PROBADOS

Emiliano é administrador único da sociedade Petronovaoil, SA, sita na rúa Cruz Gallastegui de Pontevedra. Emiliano coñecía o acusado Benedicto, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais computables, de relacións comerciais entre as empresas de ambos, e este presentoulle o tamén acusado Bienvenido, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais. Como a sociedade Petronovaoil, SA, tiña intención de ampliar o seu negocio, abrindo novas gasolineiras, contactou coa sociedade Reformas Armesto y Lavandeira, SL, sen que conste ningunha intervención do acusado Bienvenido e sen que a do acusado Benedicto fose alén da mera intermediación.

A empresa Reformas Armesto y Lavandeira entregou un orzamento para a remodelación de cinco estacións de servizo por importe de 629 510 €, e outro para saneamento, desentullo, pechamento e rede de sumidoiros dun soar por importe de 64 900 €. Como a sociedade Reformas Armesto y Lavandeira, SL, sinalou que, para realizar as obras polo prezo acordado, era preciso que se lle adiantase parte da factura, emitiu unha factura o 11 de outubro de 2010 por importe de 371 410,90 €, que foi aboada na conta de Ibercaja número 2085/8377/11/0330072029, titularidade da entidade Analyse Causale, SL, con transferencias polos seguintes importes: 223 998,85 € o 15 de outubro de 2010, 91 005,95 € o 19 de outubro de 2010 e 56 413,30 € o 25 de outubro de 2010. Así mesmo, para o pagamento dunha segunda factura por importe de 76 582 € realizáronse dúas transferencias á mesma conta e entidade por importes de 13 591,50 € o 25 de outubro de 2010 e de 62 995,30 € o 27 de outubro de 2010. As persoas autorizadas para dispoñer da conta indicada eran a persoa contra a que as acusacións pública e particular retiraron a acusación - Bernabe - e outra persoa falecida -Ángel Daniel -, que foi quen realizou as seguintes retiradas: 220 000 € o 15 de outubro de 2010, 95 000 € o 19 de outubro de 2010 e 70 000 € o 25 de outubro de 2010.

A sociedade Petronovaoil, SA, ademais dos traballos de remodelación, contratou tamén unha campaña de publicidade coa entidade Marograf Artes Gráficas, SL, e, para a instalación e posta en funcionamento dos servizos informáticos das estacións de servizo, coa entidade Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA, sen que conste ningunha intervención do acusado Bienvenido e sen que a do acusado Benedicto fose alén da mera intermediación.

Ambas as entidades presentaron orzamentos co importe da prestación dos servizos. Marograf Artes Gráficas, SL, presentou unha factura con data do 10 de novembro de 2010 por importe de 108 174,39 €; e Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas SA presentou unha factura con data do 19 de novembro de 2010 por importe de 80 074,12 €. Para o aboamento destas facturas realizáronse as seguintes transferencias á conta 2100.2292.18.0200202922 de La Caixa, titularidade de Caba 2001, SL: 98 000 € o 22 de decembro de 2010, 97 000 € o 27 de decembro de 2010 e 3000 € o 28 de decembro de 2010. O acusado Benedicto era un dos autorizados nesa conta, da cal tan só retirou 2500 € en reintegro desta mesma cantidade adiantada.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Ambas as dúas acusacións, a pública e a particular, imputábanlles aos dous finalmente acusados -xa que nun principio tamén se dirixían contra Bernabe - a comisión dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal . Os elementos que integran o devandito delito son reiterados

dun xeito conteste pola doutrina xurisprudencial. Así, segundo o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 7 de xuño de 2018 (ROJ: ATS 7103/2018 - ECLI:ES:TS:2018:7103A):

  1. ) Un engaño precedente o concurrente, espina dorsal, factor nuclear de la estafa, fruto del ingenio falaz y maquinador de los que tratan de aprovecharse del patrimonio ajeno; 2°) Dicho engaño ha de ser bastante, es decir, suficiente y proporcional para la consecución de los fines propuestos, cualquiera que sea su modalidad en la multiforme y cambiante operatividad en que se manifieste, habiendo de tener adecuada entidad para que en la convivencia social actúe como estímulo eficaz del traspaso patrimonial, debiendo valorarse aquella idoneidad tanto atendiendo a módulos objetivos como en función de las condiciones personales del sujeto afectado y de las...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • AAP Pontevedra 500/2023, 20 de Julio de 2023
    • España
    • 20 Julio 2023
    ...enganoso que daría vida ao delito de estafa (así o recollemos, entre outras, na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 24 de xullo de 2018 -ROJ: SAP PO 1132/2018 - Máis recentemente, a STS, Penal, Sección 1ª, do 10 de maio de 2023 (ROJ: STS 2066/2023 -ECLI:ES:TS:2023:2066) sinala signif‌icativamen......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR