SAP Pontevedra 148/2018, 17 de Julio de 2018

PonenteXERMAN VARELA CASTEJON
ECLIES:APPO:2018:1186
Número de Recurso156/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución148/2018
Fecha de Resolución17 de Julio de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 5ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00148/2018

C/ LALIN Nº 4-1º VIGO

Teléfono: 986 817162-63

Equipo/usuario: MS

Modelo: 213100

N.I.G.: 36057 43 2 2017 0013264

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000156 /2018

Recurrente: Leoncio

Procurador/a: D/Dª SUSANA BOQUETE RODRIGUEZ

Abogado/a: D/Dª JOAQUIN PERALBA PATA

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 148/18

============================================================

MAXISTRADO/AS:

Ilma. Sra. dona, presidenta VICTORIA EUGENIA FARIÑA CONDE

Ilma. Sra. dona MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA

Ilmo. Sr. don XERMÁN VARELA CASTEJÓN

============================================================

Vigo, 17 de xullo de 2018

Visto, pola Sección 5ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 156/2018 por esta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Susana Boquete Rodríguez en nome de Leoncio, asistido polo letrado Joaquin Peralba Pata contra a sentenza ditada no procedemento de xuízo de procedemento abreviado 389/2017 do Xulgado do Penal núm. 1 de Vigo. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado don XERMÁN VARELA CASTEJÓN.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Tras o acto do xuízo oral, no procedemento de referencia ditouse unha sentenza con data do 24 de xaneiro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Debo condenar y condeno a Leoncio, como autor de un delito de robo con fuerza en las cosas de los artículos 237 y 238.1 del Código penal, concurriendo la circunstancia agravante de multireincidencia y atenuante analógica de drogadicción, a la pena de DOS AÑOS DE PRISIÓN, debiendo indemnizar a Pedro Antonio en la cantidad de 928,48 por los daños en la bicicleta y €100 por los demás perjuicios causados; y como autor de un delito de robo con violencia intentado de los artículos 237 y 242.1, y 16 del Código penal, concurriendo la circunstancia agravante de multireincidencia y atenuante analógica de drogadicción, a la pena de UN AÑO Y NUEVE MESES DE PRISIÓN; todo ello con expresa condena en costas y absolver a Leoncio del delito leve de daños".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: "ÚNICO.- Se declara probado que el acusado Leoncio, ejecutoriamente condenado por delitos de robo derivado de la sentencia 13 junio 2003 dictada por el juzgado de lo penal tres de Vigo, sentencia de 12 septiembre 2003 dictada por el juzgado de lo penal tres de Vigo, sentencia de 22 septiembre 2003 dictada por juzgado de lo penal número tres de Vigo, sentencia de 25 noviembre 2003 dictada por juzgado de lo penal número uno de Vigo, sentencia de 29 julio 2005 dictada por juzgado penal uno de Vigo, de 20 de septiembre de 2005 dictada por el juzgado penal tres de Vigo, 15 enero 2007 dictada por juzgado penal tres de Vigo, condenas ellas que refundió y no cumplió hasta el 18 enero 2015; y condenado ejecutoriamente en sentencia firme de 1 de junio de 2017 dictada por juzgado penal uno de Vigo como autor de un delito de robo con fuerza a la pena de dos años y un día de prisión, actuando con la intención de obtener un beneficio económico, en la noche del 3 al 4 agosto 2017 accedió al interior de la propiedad de Pedro Antonio situada en la CALLE000 de Vigo saltando el cierre perimetral de la misma a una altura de 2.50 m, y una vez en el interior accedió a un vehículo que el propietario tenía en el garaje (cuya puerta estaba abierta) y cogió de su cartera €50 en efectivo y resguardos de lotería primitiva, dos gafas de sol y una pulsera de bisutería; del interior del garaje cogió también una bicicleta Orbea Alma de 29 pulgadas negra y número de chasis NUM000 ; y además entró en una bodega contigua que tenía la llave puesta y se apoderó de una mochila roja y distintos alimentos en latas y botellas de aceite. - Asimismo el día 8 agosto 2017 sobre las 6:30 horas utilizando la bicicleta ya descrita, llegó a la panadería situada en la calle Baixada a Playa de Vigo, saltando por la ventana situada a más de 1.50 m del suelo accedió a la zona de despachos e intentó hacerse con la máquina registradora que llegó a coger, momento en el que fue sorprendido por los empleados del local, quienes salieron tras de él cuando saltó por la ventana, impidiendo que consumara la sustracción al forcejear con él, pese a lo cual logró huir finalmente sin llevarse efecto alguno.- Benigno resultó con lesiones que tardaron en curar cinco días, que no consta fueran causadas por el acusado ni en el curso del forcejeo.-La bicicleta sustraída fue recuperada, con el número de bastidor borrador, lo que ha supuesto el perjudicado la pérdida de la garantía, y se había modificado el sillín y la tija, además de echarse de menos el portabotellas, bombín, caja de herramientas, dos palancas de cambio de ruedas plásticas, una cámara de 29 pulgadas y una multi herramienta soporte de GPS. La reparación de los daños según presupuesto asciende a la cantidad de €928.4. De los demás efectos sustraídos sólo se ha recuperado la mochila roja.- En la panadería resultaron dañadas la caja registradora y la pantalla del ordenador conectada la misma y la máquina de tíckets, daños que no han sido valorados y que el perjudicado no reclama.- El acusado, cuyo estado y grado de adicción se ignoraba al tiempo de los hechos, padece un trastorno por abuso de cocaína, opiáceos y cannabis; y se halla en situación de prisión provisional por esta causa en virtud de auto de fecha 5 octubre 2017 ratificado por auto de 26 octubre 2017".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal, presentáronse por este as alegacións que entendeu procedentes.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar no día de hoxe.

FEITOS PROBADOS

Non se aceptan os da sentenza apelada que son substituídos polos seguintes:

" Primeiro. - Leoncio foi executoriamente condenado nas seguintes ocasións:

  1. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 13 de xuño de 2003 ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Vigo,

  2. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 12 de setembro de 2003 ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Vigo,

  3. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 22 de setembro de 2003 ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Vigo,

  4. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 25 de novembro de 2003 ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Vigo,

  5. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 29 de xullo de 2005 ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Vigo,

  6. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 20 de setembro de 2005 ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Vigo,

  7. pola comisión dun delito de roubo en sentenza de 15 de xaneiro de 2007 ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Vigo,

    Que todas esas penas foron refundidas e non foron cumpridas ata o 18 de xaneiro de 2015.

    Ademais foi condenado por:

  8. pola comisión dun delito de roubo con forza por sentenza do Xulgado do Penal nº 1 de Vigo en sentenza de 1 de xuño de 2017.

Segundo

Que o día oito de agosto de dous mil dezasete sobre as seis e media da mañá Leoncio entrou no estabelecemento de panadería situado na rúa Baixada á Praia de Vigo que nese momento non estaba aberta ao público.

Que entrou no local saltando por unha ventá de máis dun metro de altura.

Que dentro introduciuse nun despacho onde había unha caixa rexistradora que colleu.

Que cando estaba manipulando a máquina apareceu un empregado do estabelecemento que se dirixiu cara el.

Que, ao ver a ese empregado, Leoncio foi saltar pola ventá coa caixa rexistradora. Nese momento ese empregado saltou tras el e ambos caeron ao chan xa fóra do estabelecemento, quedando a caixa tirada no chan.

Que, outro empregado do estabelecemento, chegou nese preciso momento e colleu a Leoncio inmobilizándoo no chan, tentando Leoncio liberarse da acción deste último empregado.

Que tras lograr inmobilizalo o segundo empregado, cando xa o primeiro volvera ao interior, fixérono entrar entre o segundo en chegar e o xefe de novo no estabelecemento. Ao liberalo xa dentro do local, Leoncio marchou nun momento de despiste desas persoas sen levar con el efecto ningún.

Que na produción destes feitos producidos danos dos que non se reclama indemnización.

Terceiro

Que o día 8 de agosto de 2017 foi localizada nas proximidades da Panadería situada na rúa Baixada á Praia de Vigo unha bicicleta que fora levada nun roubo producido na noite do 3 ao 4 de agosto de 2017 na CALLE000 de Vigo.

Que o día 3 de outubro no domicilio de Leoncio no que se practicou unha entrada e rexistro foi localizada unha mochila que fora levada na execución do mesmo roubo mencionado no parágrafo anterior.

Que ambos obxectos eran propiedade de Pedro Antonio .

Cuarto

Que Leoncio padece un trastorno por abuso de consumo de cocaína, opiáceos e cannabis. Non consta o seu estado e o grao de adición no momento dos feitos e permanece en prisión provisional dende o 26 de outubro de 2017 por esta causa ".

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A sentenza impugnada considerou acreditados dous feitos atribuídos ao agora recorrente. En concreto, que na noite do tres ao catro de agosto de 2017 accedera, saltando un muro de peche, a unha propiedade en CALLE000 de Vigo, e, unha vez dentro accedeu a un coche que se atopaba nun garaxe onde colleu diversos efectos, colleu outros no propio garaxe, e entrou nunha adega contigua ao garaxe que tiña a chave posta na porta e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR