SAP Pontevedra 108/2018, 17 de Julio de 2018

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2018:1454
Número de Recurso350/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución108/2018
Fecha de Resolución17 de Julio de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00108/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36042 41 2 2016 0002000

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000350 /2018 -PDelito/falta: ABANDONO DE FAMILIA

Recurrente:

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 108/18

=================================================== ===========

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sra. dona María Belén Rubido de la Torre =================================================== ===========

Pontevedra a, dezasete de Xullo de dous mil dezaoito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado o rolo co núm. 350/2018, interposto pola procuradora dona Francisca María Rodríguez Ambrosio e Teresa Redondoo Sandoval, en representación de don Calixto e dona Benita, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 304/2017, do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrentes e

o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 06-febreiro-2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que condeno a Calixto e a Benita, como autores dun delito de abandono de familia do artigo 226 do Código penal, coas seguintes penas:

1.- Multa de 7 meses cunha cota diaria de 4 euros, multa que pagarán en prazos mensuais de 100 euros cada un, con responsabilidade persoal en caso de non pagamento.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

Primeiro. Calixto e Benita, ambos maiores de idade, teñen un fillo común, Eulogio, que no ano 2015 tiña 15 anos de idade.

Segundo. Durante o curso escolar dos anos 2015/2016, Eulogio tivo un total de 115 faltas de asistencia a clase entre o inicio do ano escolar e o día 21 de abril de 2016, sen que os pais xustificasen as súas ausencias nin adoptasen medidas para evitalas.

Segundo

Contra a devandita sentenza, as representacións procesual do/da recorrentes interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións. Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os acusados, Calixto e Benita, foron condenados na instancia como autores responsables dun delito de abandono de familia, previsto e penado no artigo 226 do Código penal. Recorren agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

O erro na apreciación da proba é o único motivo de apelación que alegan os recorrentes para intentar lograr nesta alzada a absolución do devandito delito, polo cal foron condenados na instancia. No entanto, nin errou o maxistrado xuíz á hora de avaliar a proba perante el practicada nin se vulnerou o principio in dubio pro reo,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • AAP Pontevedra 447/2021, 24 de Junio de 2021
    • España
    • 24 Junio 2021
    ...familia previsto e penado no artigo 226 do Código penal, xa nos pronunciamos na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 17 de xullo de 2018 (ROJ: SAP PO 1454/2018 - ECLI:ES:APPO:2018:1454) no seguinte Unha situación xeradora do deber de actuar, que se produce pola mera existencia do vínculo entre o......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR