STSJ Galicia 871/2009, 5 de Octubre de 2009

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2009:8595
Número de Recurso16601/2009
Número de Resolución871/2009
Fecha de Resolución 5 de Octubre de 2009
EmisorSala de lo Contencioso

SENTENCIA: 00871/2009

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 16601/2009

RECURRENTE: Carmelo

ADMINISTRACION DEMANDADA: DELEGACION DE LA A.E.A.T. - PONTEVEDRA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, cinco de outubro de dous mil nove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 16601/2009, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 7886/2007, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Carmelo ,

representado pola procuradora dona BIBIANA FLORES RODRIGUEZ, e dirixido polo letrado don MIGUEL ANGEL SANCHEZ

CAMPOS, contra VIA DE FEITO REALIZADA POLA A.E.A.T. DE PONTEVEDRA SOBRE SITUACION DE CONTAS

BANCARIAS E INDEMNIZACION DE DANOS R PERXUIZOS. É parte a Administración demandadaa DELEGACION DE LA

A.E.A.T.- PONTEVEDRA, representada polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a VIA DE FEITO da AEAT: incautación dos avales por importe de 30.050,61 euros.

Na demanda, aínda que se insiste na existencia daVÍA DE FEITO, o que realmente se sostén é que non existen as providencias de prema derivadas das liquidacións A1585199073600076 e A158199073600109 e defectos nas notificacións.

O letrado do Estado alega que a demanda é NON ADMISIBLE dado que o órgano que incauta as garantías non pertence á AEAT senón que é a CAIXA XERAL DE DEPÓSITOS, dependente do Ministerio de Economía e Facenda - art. 20 RD 161/1997 , e que non existe a denunciada vía de feito.

SEGUNDO

Debemos darlle a razón o letrado do Estado en tódolos motivos de oposición que suscita, dado que a demanda diríxese contra unha administración que, en ningún caso, sería a responsable da VIA DE FEITO.

Como resulta do artigo 20 RD 161/97 quen realiza a incautación da garantía é a CAIXA XERAL DE DEPÓSITOS, que depende do Ministerio de Economía e as súas resolución poden recorrerse ante o Director Xeral do Tesouro e Política Financieira, limitándose a AEAT a facer unha solicitude, o que constitúe un simple acto de trámite e que, en ningún suposto, pode constituir unha actuación de vía de feito.

O requirimento de 03.04.2007 dirixido, de xeito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR