SAP Pontevedra 513/2009, 5 de Noviembre de 2009

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2009:3022
Número de Recurso4097/2009
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución513/2009
Fecha de Resolución 5 de Noviembre de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

SENTENCIA: 00513/2009

CIVIL

Rolo: 4097/09

Procedemento de orixe: Modificación Medidas 1212/08

Órgano de procedencia: Instancia núm. 5 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 513/09

Vigo, cinco de novembro de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 1212/08 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4097/09, nos que aparece

como parte apelante- demandante Dña Lidia representada polo/a procurador/a D./D.ª Pedro Lanero

Taboas e asistida do/da letrado/a D./D.ª Isabel Blanco Franco e como demandado D. Daniel e o Ministerio

Fiscal. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

I. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de Vigo de Vigo, con data do 22/01/09, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"En la demanda interpuesta por el Procurador de los Tribunales Sr. Lanero Taboas, en nombre yrepresentación de Dña Lidia con el consentimiento de D. Daniel , desestimo la misma, acordando no aprobar el convenio regulador de fecha 3 de octubre de 2008."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Luis Pedro Lanero Taboas, en representación de D./D.ª Lidia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 29/9/09.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

II. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Dítase sentenza de divorcio o día 31 de xullo de 2.008, que se notifica ás partes no mes de setembro. Devandita resolución dispón, no que agora ten interese, unha pensión alimenticia para a única filla de 550 euros a mes, a cargo do pai, ademais de contribuir ambos proxenitores aos gastos extraordinarios da menor por mitade, e unha pensión compensatoria, igualmente a cargo do marido, de 600 euros mensuais polo límite temporal de dous anos. O día 16 de outubro daquel ano a ex- esposa formula a presente demanda de modificación de medidas co consentimento do seu ex-consorte, aportándose un convenio regulador de data 3 de outubro, no que, respetándose aquela primeira medida, da pensión alimenticia, se acorda con respecto da pensión compensatoria unha cláusula do seguinte teor: "ambas partes pactan establecer unha pensión compensatoria a prol da Sra. Lidia , na cuantía de 1.700 euros mensuais, durante un periodo de 33 anos e medio, que aboará o Sr. Daniel por meses anticipados, dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Devandita pensión será actualizada anualmente de conformidade coas alteracións que experimente o IPC. Dita pensión compensatoria non estará suxeita ás causas de extinción previstas no Código Civil e, por conseguinte, se manterá a obriga do Sr. Daniel de aboarla, ainda no suposto que a Sra. Lidia contraia novo matrimonio ou viva maritalmente con outra persoa, ou incluso se se producen alteracións substanciais na fortuna dun ou doutro cónxuxe. En calquera intre os cónxuxes poderán convir a substitución da pensión compensatoria mensual pola entrega á Sra. Lidia dunha cantidade de diñeiro a prezo alzado, cuxa cuantía determinaríase de común acordo por ambos cónxuxes no seu momento". A sentenza pronunciada en primeira instancia nesta causa de modificación de medidas rexeita o convenio regulador por considerar, e por decilo de xeito resumido, "que a exclusión, que se fai no convenio, das causas que permiten a extinción da pensión compensatoria segundo o Código Civil... supón un pacto contrario a dereito". Por último, recorre esta sentenza a demandante coa argumentación esencial de que estamos ante unha materia rexida polo estricto principio dispositivo, ex artº 1.255 do mesmo código , e conseguintemente, o xulgador carece de facultades para desaprobar o acordado libremente polos ex-cónxuxes. Recibido o preito a proba nesta alzada, e escoitadas as partes en interrogatorio, chegaron ao acordo final de que se "se fracasa a empresa e o Sr. Daniel non ten posibilidades, deixe de aboar a pensión".

Segundo

Centrados nestes termos o debate o Tribunal acorda homologalo convenio regulador de data 3 de outubro de 2.008, coa modificación sinalada anteriormente, acordo modificador alcanzado ante esta Sala, e producto da autonomía da vontade das partes, pacto que, en último termo, non é máis que a lóxica expresión do contido dos artºs. 90, parágrafo penúltimo, 91, último parágrafo, 100 e 101 do Código Civil , previsores das causa de modificación e extinción da pensión compensatoria.

Mais o tribunal non quere rematar a sua liña argumental sen facer as seguintes consideracións, relativas ao xogo da autonomía da vontade en relación coa pensión compensatoria, dado que a Letrada da parte actora, e hoxe recorrente, semella estar a mantela sua petición principal, de homologación do convenio regulador na sua integridade e redacción orixinaria.

O Norte no que temos que movernos para enfocar adecuadamente a controversia o constitúe, por unha banda, o contexto familar, e por outra, a situación de crise no que nos movemos á hora de decidir sobre as medidas a adoptar no correspondente proceso matriminila de separación, nulidade ou divorcio. Norte que se ten conta polo lexislador ao poñer couto á autonomía na vontade privada dos cónxuxes, non só cando os acordos por eles alcanzados "sexan danosos" para os fillos, senón tamén cando sexan "gravemente prexudiciais" para algún daqueles primeiros.

En efecto, e dunha parte, é pacífica a doctrina no recoñecemento de que o postulado da autonomía da vontade das partes do artº 1.255 do Código Civil ten importantes limitacións nas relacións matriminiais, efamiliares en xeral. Institucións familares tales, e a título de simple exemplo, como o matrimonio, a tutela ou a adopción non pode ser visionadas desde o exclusivo e excluinte prisma daquel postulado, senón que requiren dun control da autoridade, tanto porque están en xogo materias que trascenden do puramente particular, e de indubidable pouso público, como porque, en puridade de principios, non nos atopamos ante contratos propiamente ditos. Pero é que, doutra parte, a conxuntura de ruptura e crise que rodea aos procesos matrimoniais en xeral fai convinte un maior intervencionismo, coa finalidade de evitar conductas equivocadas e desviadas. En último termo, o estreito vencellamente habido entre os cónxuxes e restantes membros integrantes da unidade matrimonial, agora en grande medida quebrada, agudiza a necesidade dun control e vixiancia da autoridade sobre as medidas por aqueles pactadas ante a nova e moitas veces non doada e pacífica situación creada polo divorcio, separación e nulidade. Ou por decilo doutro xeito, as medidas decididas polos cónxuxes nos convenios reguladores, tanto afectantes ás persoas, como as de índole económica, deben ser examinadas minuciosamente, e non de xeito illado ou como compartimentos estancos, senón no seu conxunto, pois as unhas teñen unha fonda relación e dependencia con respècto das outras, e veñen a afectar en maior ou menor medida a todolos membros da familia sen excepción. Como simple botón de mostra, o quantum dunha pensión compensatoria constitúe un presuposto a ter en conta na determinanción da cuantía dunha pensión alimenticia para a prole, en canto que aquela primeira determina un dos factores a tomar en consideración na fixación da pensión de alimentos, como é a fortuna e ingresos do proxenitor alimentante.

Como con tino lembra a xurisprudencia menor, e con referencia aos convenios reguladores "non debemos esquecer as circunstancias personais nas que se solen producir estos convenios, con ruptura dos vencellos afectivos que uniron a duas persoas, coa repercusión que iso conleva para os fillos, cos efectos que a ruptura inevitablemente vai ter de quebranto na economía dos cónxuxes, así como o resto de circunstancias persoais, familiares e sociais que elo conleva, e nese marco non é difícil que unha persoa poda precipitarse e equivocarse gravemente á hora de asinar un convenio regulador, e que despois non o quera ratificar. Iso non significa que menado erro xa non teña remedio ningún, dado que incluso no suposto de que o teña ratificado, o Xuiz non tee por qué quedar sometido ao mesmo, si os seus acordos son danosos para cos fillos uo gravemente prexudiciais para un dos cónxuxes" ( s. da A.P. de Palencia de 26-6-2001 ).

E sobre a natureza non estrictamente contractual do convenio regulador, a s. da A.P. de Cantabria, de 20-1-99 senta que " a autoridade xudicial deberá ratificar os acordos alcanzados agás que resulten danosos para os fillos ou gravemente prexudiciais para un dos cónxuxes. De ahí que poda calificarse o convenio regulador como negocio familiar mixto, dado que, de un lado, é presupuesto constitutivo do mesmo a vontade concorde das partes e doutro, a sue eficacia queda condicionada á posterior...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR