STSJ Galicia 260/2018, 31 de Mayo de 2018

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2018:4146
Número de Recurso4330/2017
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución260/2018
Fecha de Resolución31 de Mayo de 2018
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00260/2018

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO 4330/2017

RECORRENTE: AUXILIAR CONSERVERA SA

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

NO NOME DE EL-REI

A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA (R )

JULIO CESAR DIAZ CASALES

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, treinta e un de maio de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4330/2017, presentado por AUXILIAR CONSERVERA SA, representado polo procurador Sra. Miranda Osset, dirixido polo letrado Dº García Martínez, contra o acordo de 14.03.2017 da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO . É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO, representado polo letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 60.000 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 14.03.2017 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenacion Territorial que rexeita o recurso de reposición de AUXILIAR CONSERVERA SA contra a sanción de 60.000 euros, clausura temporal total da instalación e cesamento da actividade.

Segundo resulta do expediente, o 28.04.2008 concederanlle a AUXILIAR CONSERVERA SA a autorización ambiental integrada para unha pranta de elaboración de fariñas e aceites de peixe. Resolucion anulada pola STSX galiza de 15.02.2011 ( confirmada STS 27.06.2014 ).

Resolucion da Consellería de 22.07.2015 anulando o acordo de 16.05.2013 de renovación da autorización ambiental. Recurso e solicitude de suspensión ( denegada: recurso de casación ).

Inspección de 28.02.2015: tarefas de limpeza e mantemento. Reanudación de actividade.

Expediente sancionador con medida cautelar ( recurso ante o TSX que o rexeita; pendente de casación ). SEGUNDO.- O recorrente alega que conta con licenza de obras - 09.09.1977- e de actividade - 14.03.1975-e que estando pendente de resolución ( recurso de casación ) o procedemento xudicial onde se impugna a denegación da suspensión do acordo de 22.07.2015 non podían inicialo expediente sancionador.

Recoñece que o TS rexeitou a casación en resolución 1296/2017.

Tamén sostén que non procedía o expediente sancionador o non existir ningún requerimento expreso de cesamento de actividade; non considera coma tal a comunicación de 24.08.2015; a esto xunta que considera que a licenza de actividade dalle abeiro para poder seguir traballando e que está en trámite unha nova autorización ambiental...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR