STSJ Galicia 233/2018, 2 de Julio de 2018

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2018:4058
Número de Recurso15552/2017
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución233/2018
Fecha de Resolución 2 de Julio de 2018
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00233/2018

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2017 0001480

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015552 /2017 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Edemiro

ABOGADO ALFONSO CRISTOBAL MORENO LUGRIS

PROCURADOR D./Dª. RAMON DE UÑA PIÑEIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dous de xulio dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15552/2017, presentado por Dª Edemiro, representado polo procurador Sr. De Uña Piñeiro, dirixido polo letrado Dº.Moreno Lugris, contra o acordo de

29.06.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 12.903,15 + 5.926,69 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 29.06.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación/sanción IRPF ano 2011: non lle admiten que fose residente fiscal en Portugal no ano 2011 ó non achegalo certificado de residencia fiscal do art. 4 do Convenio Hispano-Portugues .

SEGUNDO

O recorrente alega que no ano 2011 foi traballador transfronterizo, residindo en Portugal coma acreditou co: a) documento apostillado de residencia permanente de 05.04.2017, b) declaración de residencia fiscal, c) atestado de residencia do Presidente da Xunta da Union de Ferigresias de Mazedo de Cortes, d) certificado de residencia fiscal da Dirección Xeral de Impostos de Viana do Castelo e e) factura de consumo de auga e gas do ano 2011.

Sostén que ditas probas non foron consideradas pola AEAT e TEAR e que non concorre culpabilidade na súa conduta.

O letrado do Estado rebate a súa pretensión.

O debate, polo tanto, cínguese en determinar se o Sr. Edemiro residiu ou non en Portugal ó longo do ano 2011 durante mais de 183 días, xa que coma indica a doutrina, a residencia habitual convértese no elemento crave da definición legal do suxeito pasivo contribuínte do IRPF, respondendo ao principio de suxeición tributaria das persoas naturais nos gravames de natureza persoal pola residencia efectiva ( art. 11 LGT ).

É un concepto fiscal autónomo [segundo a SAN de 27 xuño 2002 ( JT 2003, 211) ], a residencia habitual é un concepto de configuración legal no que rexen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR