SAP Pontevedra 45/2018, 23 de Mayo de 2018

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2018:533
Número de Recurso158/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución45/2018
Fecha de Resolución23 de Mayo de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00045/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36055 41 2 2013 0001053

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000158 /2018 -PDelito/falta: TRÁFICO DE DROGAS SIN GRAVE DAÑO A LA SALUD

Recurrente: Marcial

Procurador/a: D/Dª KATIA FERNANDEZ MEIRIÑO

Abogado/a: D/Dª PAULA ALVAREZ SILVA

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 45/2018

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilmo. Sra. don Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, vinte e tres de maio de dous mil dezaoito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 158/2018, o recurso de apelación interposto pola procuradora Dª KATIA FERNÁNDEZ MEIRIÑO, en representación de Marcial, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 300/2016, do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse

como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 29 de diciembre de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y CONDENO a D. Marcial, como autor criminalmentre responsable de un delito contra la salud pública en su modalidad de tráfico de drogas que no causan grave daño a la salud, concurriendo la circunstancia agravante de haberse realizado en un establecimiento abierto al público, a las penas de TRES AÑOS Y TRES MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y a la pena de MULTA DE DOS MIL QUINIENTOS EUROS, con la responsablidad personal subsidiaria, en caso de impago, de un día de privación de libertad por cada cuota de 100 euros o fracción que dejare de abonar, con imposición de las costas del juicio, decrétandose el comiso de la droga, metálico y demás efectos intervenidos.

- NO HA LUGAR A LA SUSPENSIÓN, por la vía del artículo 80.1, 2 Y 3, de la ejecución de las pena de TRES AÑOS Y TRES MESES DE PRISIÓN impuesta a Marcial .

- NO HA LUGAR A LA SUSTITUCIÓN de la pena de TRES AÑOS Y TRES MESES DE PRISIÓN impuesta a Marcial .

-Firme la presente resolución y en el seno de la correspondiente ejecutoria, procede tramitar la suspensión de la ejecución de la pena de prisión impuesta por la vía del art. 80. 5 del CP .

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" UNICO.- Probado y así se declara que el acusado Marcial, mayor de edad y con antecedentes penales cancelables, con la intención de obtener un beneficio económico ilícito y valiéndose del establecimiento comercial que regentaba, denominado ANVI MARIA, dedicado a la venta de productor relacionados con el cultivo, entregó a cambio de una cantidad de dinero indeterminada, en diferentes días de los meses de marzo a diciembre del año 2013, cantidades determinadas de sustancias que, tras ser analizadas y pesadas resultaron ser, según los casos, hachís o marihuana, y en concreto, el acusado realizó en su establecimiento las siguientes transacciones:

-El día 21 de marzo de 2013 vendió a Cesareo dos bolsas de plástico que contenían marihuana, con un peso de 3,771 gramos.

-El mismo día 21 de marzo de 2013, vendió a Fructuoso tres trozos de hachís, con un peso de 12,552 gramos.

-El día 11 de abril de 2013 vendió a Leopoldo dos trozos de hachíz con un peso de 2,578 gramos, y a Victorino 0,9 gramos de marihuana y 1,523 gramos de hachís.

-El día 11 de abril de 2013, vendió a Victorino 0,9 gramos de marihuana y 1,523 gramos de hachís.

-El día 20 de abril de 2013 vendió a Marco Antonio 3,123 gramos de marihuana.

-El mismo día 20 de abril de 2013, vendió a Blas de Sá 3,123 gramos de marihuana.

-El día 12 de junio de 2013 vendió a Herminio 1,148 gramos de marihuana.

-El día 29 de agosto de 2013 vendió a Maximiliano dos bolsas de marihuana con peso de 4,159 gramos."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Marcial, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a saúde pública, na modalidade de tráfico de drogas que non causan grave dano á saúde, previsto e penado nos artigos 368 e 369.1.3ª do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada e solicita: a absolución con todos os pronunciamentos favorables; e subsidiariamente a apreciación da circunstancia 2ª do artigo 20 do Código penal ou da circunstancia 2ª moi cualificada do artigo 21 do mesmo texto legal, non concorrendo ningunha circunstancia agravante. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación.

Segundo

Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, o apelante, Marcial, comeza por alegar no seu recurso o seguinte: a infracción do dereito á presunción de inocencia - artigo 24.2 da Constitución española - e que non se aplicou o principio in dubio pro reo en relación co artigo 368 do Código penal ; o erro na apreciación da proba; e a infracción do artigo 11.1 da Lei orgánica do poder xudicial, onde se priva de efecto as probas obtidas, directa ou indirectamente, violentando os dereitos e liberdades fundamentais.

De entrada debemos lembrar que resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación. Así, xúntase a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado, o erro por parte do maxistrado xuíz da instancia na valoración da proba, e a suposta existencia de dúbidas que abocarían o autor da resolución xudicial que se combate ao inexorable pronunciamento absolutorio. A pretendida vulneración do artigo 24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra o acusado. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Mentres que o principio in dubio pro reo non resulta aplicable cando, precisamente, o xuíz non albisca dúbidas verbo do resultado do material probatorio practicado perante el coa súa insubstituíble inmediación. Só se xustifica o principio in dubio pro reo nos casos en que o tribunal teña dúbidas ou recoñeza a existencia de dúbidas na valoración das probas sobre os feitos e as resolva en contra do acusado ( SSTS 999/2007, do 12 de xullo ; 677/2006, do 22 de xuño ; 1125/2001, do 12 de xullo ; 2295/2001, do 4 de decembro ; 479/2003 e 836/2004, do 5 de xullo, 1051/2004, do 28 de setembro ). Segundo todas estas resolucións, o principio unicamente pode estimarse infrinxido cando, recoñecendo o tribunal sentenciador a existencia dunha dúbida sobre a concorrencia dalgún dos elementos integradores do tipo ou sobre a participación do acusado, opta pola solución máis prexudicial para este; pero non cando, como sucede no caso actual, o tribunal sentenciador non alberga dúbida ningunha. Malia todo, aproveitamos para realizar as seguintes consideracións en contestación ao argumentado no primeiro dos motivos de apelación.

O apelante alega en concreto que non se pode afirmar coas debidas garantías e certezas precisas que o que no seu día se aprehendeu se corresponde co analizado nos laboratorios oficiais. Que existiron irregularidades que quebraron a cadea de custodia. Engade que resulta imposible concluír a natureza das substancias aprehendidas e que, entón, a tipicidade da conduta non existe. Que as substancias non entraron nos laboratorios oficiais ata pasados meses dende que tiveron lugar os feitos, que se descoñece onde estiveron depositadas ata entón e as razóns das diferenzas de peso entre o momento en que as autoridades se incautaron delas e cando se entregaron para analizar. As persoas que as recibiron non foron as que as entregaron para a correspondente análise e estas últimas non compareceron no xuízo nin se sabe quen foron.

Pois ben, o estado actual verbo do denominado problema da cadea de custodia aparece reflectido dun xeito exhaustivo na ben recente STS, Penal, Sección 1ª, do 16 de marzo de 2018 (ROJ: STS 869/2018 -ECLI:ES:TS:2018:869). Segundo esta:

Como hemos dicho en reciente STS 682/2017 de 18 octubre, el problema que plantea la cadena de custodia ha sido resuelto con reiteración por esta Sala -ver SSTS 976/2011 de 6 julio, 347/2012 del 25 abril, 773/2013 del 23 octubre, 1/2014 del 21 enero, 714/2017 de 26 septiembre -, en el sentido de que, en el sentido de que la irregularidad de la "cadena de custodia, de ser ese el caso, no constituye, de por sí, vulneración de derecho fundamental alguno que tan solo vendría dado por el hecho de admitir y dar valor a una prueba que se hubiera producido sin respetar las garantías esenciales del procedimiento y especialmente, el derecho de defensa, y en segundo lugar, que las "formas que han de respetarse en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR