STSJ Galicia 585/2017, 20 de Diciembre de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:8562
Número de Recurso15025/2017
ProcedimientoRecurso de apelación
Número de Resolución585/2017
Fecha de Resolución20 de Diciembre de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00585/2017

- N56820

PLAZA GALICIA S/N

IL

N.I.G: 27028 45 3 2016 0000415

Procedimiento: AP RECURSO DE APELACION 0015025 /2017

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. CONCELLO DE LUGO (LUGO)

Representación D./Dª.

Contra D./Dª. Gloria

Representación D./Dª. BEATRIZ CASTRO ALVAREZ

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A Coruña, vinte de decembro dous mil dezasete.

No recurso de apelación que, co número 15025/2017, pende de resolución ante esta Sala, presentado polo CONCELLO DE LUGO representado e dirixido polo letrado dos seus servizos xurídicos, contra a sentenza de 30.06.2017 do Xulgado do Contencioso núm.1 da Lugo. É parte apelada Dª Gloria representada polo procurador Sra. Castro Alvarez e asistida do letrado Sra. Núñez Ferreiro.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O xulgado do contencioso núm.1 de Lugo ditou unha sentenza o 30.06.2017 - PA 198/16lacollendo o recurso contencioso administrativo contra a resolución do TEAL- responsabilidade subsidiaria de Dª Gloria nas débedas da sociedade FRIOMIÑO SL.

O Concello de Lugo formulou un recurso de apelación.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na oposición á apelacion.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 975.230,38 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

A sentenza de instancia acolle o recurso ó entender que o procedemento seguindo contra a Sra. Gloria estaba caducado. Establece (FX 3º) que se excedeu o prazo dos seis meses - art. 124.1 Lei 58/2003 - sumando o prazo xa consumido ( dende o 01/12/2009 ó 21/04/2010 ) ó do novo procedemento ( dende o

08.04.2014 ó 20.11.2014 ).

O letrado do Concello rexeita dita conclusión ó entender que a sentenza 105/2014 do TSX Galiza que acorda a retroacción de actuacións ata o momento do ditado do acordo de inicio do expediente de responsabilidade subsidiaria permite que o prazo de tramitación sexa o de 6 meses e que deba computarse consonte o art. 104; en todo caso, existiron dilacións - interrupcións xustificadas- imputables ó responsable: solicitude de suspensión do prazo de alegacións ( solicitude de 18.07.2014 e concesión de un mes e 14 días ).

A representación da Sra. Gloria oponse ó recurso.

SEGUNDO

Compre determinalo efecto da sentenza 105/2014 deste Tribunal en relación co prazo que tiña o Concello para tramitalo expediente de declaración de responsabilidade subsidiaria.

A sentenza ordena - expresamente- a retroacción das actuacións ata o ditado do acordo de inicio do expediente.

Verbo desta cuestión, tanto se consideramos de aplicación ó actual procedemento (inserido nos procesos de recadación ) as previsións do art. 150.5 LXT ( formuladas para os procedementos de inspección ) coma o artigo 66 do RD 520/2005 ( previsto para a execución de resolución administrativas ) xa que falarmos dun suposto de RETROACCIÓN DE ACTUACIÓNS, a administración contaría co prazo de seis meses para completalo. Neste caso, o prazo non ofrece dúbida dado que a retroacción se acorda ata o momento de ditalo ACORDO DE INICIO, é dicir, non se mantén a validez de ningunha actuación intermedia, polo que falarmos dun NOVO EXPEDIENTE ( en sentido material ). O prazo sería o establecido no artigo 124.1 RD 939/2005 -seis meses.

O que compre determinar é cando se inicia o cómputo do indicado prazo. A anulación/retroacción acordouse por sentenza polo que é de aplicación o artigo 104.2 Lei 29/1998, é dicir, fronte ó mes do artigo 66 RD 520/2005 e da execución inmediata do artigo 150.5 LXT ( dende a recepción do expediente polo órgano ) - no caso presente falarmos de normas inseridas dentro dos procesos de recadación -, a administración conta con 2 meses para iniciala execución, o que debemos sumalos 6 meses de tramitación do expediente.

Neste caso a sentenza ten entrada no órgano administrativo o 08.04.2014, ditando o Decreto 14005536 de

06.06.2014 dándolle cumprimento e ditando o novo acordo de inicio o mesmo día, do que se deriva que cando se notifica a resolución final o 20.11.2014 o expediente non estaba caducado, o que obriga a revogala sentenza neste punto.

TERCEIRO

A revogación da sentenza supón a obriga de resolvelos demais puntos da demanda que non foron obxecto de avaliación polo xuíz de instancia dado que, fronte ó pretendido polo Concello, e consonte sinala a xurisprudenza:

A asunción polo responsable de todos os dereitos do debedor principal desde o momento da notificación do acordo de derivación non fai que o responsable quede lexitimado para poñer en cuestión actuacións administrativas seguidas pola inspección na determinación da débeda tributaria que se seguiron fronte ao debedor principal e que quedaron firmes. En cambio si pode cuestionar a exigibilidad do tributo cuxa débeda se lle esixe, e a responsabilidade da debedora principal sobre as infraccións tributarias que se lle imputan e a súa proporcionalidade. STSJ Andalucía, Selecta, sentenza núm. 565/2009 de 14 setembro (JT 2009, 1277) .

O responsable tamén pode opoñer todos os motivos que puido exercitar no seu momento o debedor principal, como a impugnación das dilixencias de embargo por falta de notificación ao debedor principal

das providencias de présa de que traen causa conseguindo con iso a anulación dos actos subseguintes do procedemento de présa e da declaración de responsabilidade subsidiaria. STSJ País Vasco 12 xaneiro 2009 (JT 2009, 962).

A alegación ante a impugnación do acto de derivación de responsabilidade de circunstancias relativas ás actuacións inspectoras seguidas co debedor principal a pesar de ser procedente non obsta a iso que o responsable subsidiario houbese actuado como representante da sociedade debedora nas devanditas actuacións. Tribunal Supremo (Sala do contencioso-administrativo, Sección 2ª) Sentenza de 25 outubro 2013 (RJ 2013, 7017).

O 1º motivo é a CADUCIDADE DO PROCEDEMENTO INICIADO POR ACORDO DE 01.12.2009.

O recorrente sostén que dito procedemento está pendente de resolución e que o Concello só contaba con 7 días para remátalo. Segundo os seus cálculo dito prazo remataba o 07.03.2014.

Coma quedou dito no FX 2º non é esta a interpretación que compre facer da sentenza de 26.02.2014 ; a anulación do expediente o é ata o mesmo acordo de inicio que a administración debe ditar, de novo, completando a motivación (especialmente a fáctica), sendo indiferente que o faga no mesmo procedemento ou nun novo xa que o prazo para tramitalo expediente é o de seis meses ( sumando os 2 de execución de sentenza ).

  1. - PRESCRIPCION DA ACCCIÓN DE DERIVACIÓN DE RESPONSABILIDADE E DA DÉBEDA RECLAMADA.

    Fronte ó pretendido e o non falarmos de CADUCIDADE do expediente, as actuacións seguidas contra o responsable no procedemento anulado/retrotraído pola sentenza de 26.02.2014 e as propias actuacións xudiciais si teñen eficacia para interrompela prescrición ( art. 68.2.a-b Lei 58/2003 ).

    A sentenza 105/2014 non apreciou a concorrencia dunha causa de nulidade de pleno dereito, senón que o expediente incorría nunha causa de anulabilidade ( falta de motivación ) o que autorizaba a retrotraelo expediente para corrixilo defecto. Foi o TS quen desde a súa Sentenza do 19 de abril de 2006 ( RJ 2006, 6758 ) (recurso 58/2004 ) fixou como doutrina legal, reiterada en fallos posteriores aínda que con voces discrepantes, referíndose ao acto administrativo tributario por excelencia, a liquidación, que « a anulación dunha liquidación tributaria por causa de anulabilidad...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 6 de Junio de 2018
    • España
    • 6 Junio 2018
    ...la Sección Cuarta de Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, que estimó el recurso de apelación 15025/2017 , interpuesto por el Ayuntamiento de Lugo contra la sentencia íntegramente estimatoria pronunciada el 30 de junio de 2017 por el Juzgado de ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR