SAP Pontevedra 26/2018, 6 de Febrero de 2018

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2018:218
Número de Recurso85/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución26/2018
Fecha de Resolución 6 de Febrero de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00026/2018

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36055 41 2 2015 0001648

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000085 /2018 -PDelito/falta: DAÑOS

Recurrente: Alexander, MINISTERIO FISCAL-ADHERIDO

Procurador/a: D/Dª JORGE IGNACIO FREIRE RODRIGUEZ,

Abogado/a: D/Dª RAQUEL MUÑIZ CHAMORRO

Recurrido:

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 26/2018

=================================================== =========

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== ==========

Pontevedra a, seis de febreiro de dos mil dezaoito.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número 85/2018, interposto polo procurador Sr. Freire Rodríguez, en representación de Alexander, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 102/2017 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o

mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal-adherido, e actuou como relator o maxistrado don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 20 de novembro de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que condeno a Alexander, como autor dun delito de danos continuados do artigo 263 en relación co artigo 74 do Código penal, coas seguintes penas:

  1. - Multa de 1 ano cunha cota de 4 euros ao dia con responsabilidad persoal en caso de non pagamento.

    En concepto de responsabilidad civil indemnizará as seguintes entidades coas seguintes cantidades mais o xuro legal.

  2. - A Comunidade de Propietarios do Edificio do número NUM000 da RUA000 de Tomiño coa suma de 1016,40 euros.

  3. - A Comunidade de Propietarios do Edificio nº NUM001 da RUA001 de Tomino coa suma de 592,90 euros.

    Que condeno a Alexander, como autor dun delito leve de lesións do artigo 147.2 do Código penal, coa seguinte pena:

  4. - Multa de 40 días cunha cota de 4 euros por día, con responsabilidad personal en caso de non pagamento.

    En concepto de responsabilidad civil indemnizará a Ovidio coa suma de 910 euros mais o xuro legal.

    Impónselle as custas a Alexander ."

    E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

    " Primeiro . O día 4 de xullo de 2015, arredor das 10:30 horas, Alexander, maior de idade, achegouse ao edificio do número NUM000 da RUA000 de Tomiño e, unha vez alí, comenzou a golpear tanto o portal de acceso ao edificio como o portal do garaxe deste e causoulles estragos.

    A reparación desdes danos nos dous portais custou 1016,40 euros.

Segundo

Un veciño do edificio, Ovidio, achegouse ao señór Alexander e recrimonoulle a súa conduta; entón Alexander golpeouno e tirouno ao chan.

A consecuencia desde feito, Ovidio tivo lesións erosivas nos membros inferiores e superiores, nas costas e unha contusión no pulso esquerdo, lesións que curaron en 7 dias non impeditivos, e réstanlle como secuelas dúas máculas pretibiais dereitas dun centímetro de lonxitude e unha cicatriz postrabasiva de 5x0,5 centímetros na rexión posterior externa do cóbado esquerdo.

Terceiro

Seguidamente Alexander foi ao seu domicilio, sito en Tomiño RUA001, número NUM001, e no seu interior golpeou a varanda das escaleiras e sacouna das súas ancoraxes.

A reparación desta varanda custou 592,90 euros.

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal este presentou un escrito adheríndose ao escrito de apelación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 06-febreiro-18.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Alexander, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de danos continuado do artigo 263 en relación co artigo 74 do Código penal, e como autor dun delito leve de lesións

do artigo 147.2 do mesmo texto legal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura de que revoguemos a sentenza da instancia e o condenemos do seguinte xeito: por un delito leve de danos do artigo 263.1, parágrafo segundo, á pena de multa dun mes a razón de 4 € diarios, con responsabilidade persoal en caso de non pagamento; como autor responsable doutro delito de danos do artigo 263.1, parágrafo primeiro, do Código penal, á pena de multa de seis meses a razón de 4 € diarios, coa conseguinte responsabilidade persoal en caso de non pagamento, e cunha responsabilidade civil de 629,20 €; e, subsidiariamente, en caso de condena por outros ilícitos, a imposición das penas nos seus mínimos legais posibles. A fiscala adheriuse parcialmente ao devandito recurso de apelación xa que suprimira a solicitude de responsabilidade civil en favor da comunidade de propietarios da transversal da RUA002, número NUM001, de Tomiño.

Segundo

Debemos acoller o primeiro dos motivos do recurso de apelación presentado polo acusado, Alexander, ao que, ademais, se adheriu a fiscala, que no restante se opón ao dito recurso. A acusación pública nas súas conclusións provisionais, efectivamente, solicitaba a condena do amentado apelante a que indemnizase a comunidade de propietarios do edificio situado na transversal da RUA002, número NUM001, de Tomiño, na cantidade de 592,90 € cos conseguintes xuros legais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil . Mais, como se pode comprobar tras a lectura do antecedente de feito cuarto, segundo parágrafo, da sentenza contra a que se apela, a fiscala mudou aquelas conclusións provisionais, entre outros particulares, para suprimir a solicitude daquela concreta responsabilidade civil a prol da referida comunidade de propietarios. Xa que logo, dado o evidente e involuntario lapso en que se incorreu en tal sentido, sen maiores...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR