SAP Pontevedra 44/2018, 1 de Febrero de 2018

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2018:187
Número de Recurso507/2017
ProcedimientoCivil
Número de Resolución44/2018
Fecha de Resolución 1 de Febrero de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00044/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36057 42 1 2015 0010424

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000507 /2017

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000579 /2015

Recurrente: NAERAMA GRUP SL, CONSTRUCCIONES JOSE CASTRO SA

Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Abogado: FELIPE IZQUIERDO TELLEZ

Recurrido: Ramona, Gumersindo, Marcial, Ruperto, Agustina, Edurne

Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS

Abogado: ENRIQUE FONTEBOA VILA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados

  1. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 44/18

Vigo, un de febreiro de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 579/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 507/17, nos que aparece como parte apelantes e demandados-Reconvinientes NAERAMA GRUP S.L. e CONSTRUCCIONES JOSÉ CASTRO S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª FELIPE IZQUIERDO TELLEZ, e como parte contra

da que se apela e demandantes-reconvenidos D. Ruperto, D. Gumersindo, Dª Edurne, Dª Agustina, D. Marcial e D. Ramona, representadas polo/a procurador/a D./D.ª Mª JESUS NOGUEIRA FOS e asistidas do/ da letrado/a D./D.ª ENRIQUE FONTEBOA VILA .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 31 de marzo dee 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"1.- Estimar la demanda interpuesta por don Ruperto, don Gumersindo, doña Edurne, doña Agustina, don Marcial y doña Ramona, frente a Naerama Grup S.L. y Construcciones José Castro S.A., condenando a las demandadas a abonar solidariamente a:

- don Ruperto ....................................1.400,58 euros.

- don Gumersindo ................................. 4.018,99 euros.

- doña Edurne ................ 1.380,74 euros.

- doña Agustina ........................... 2.987,09 euros.

- don Marcial ........................ 3.815,41 euros.

- doña Ramona ...................................11.944,01 euros.

  1. - Las demandadas deberán abonarles, además, los intereses legales desde la interpelación judicial.

  2. - Se aplicará lo dispuesto en el artículo 576 de la Ley de Enjuiciamiento Civil .

  3. - Las demandadas deberán abonar las costas procesales."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, en representación de NAERAMA GRUP S.L. e CONSTRUCCIONES JOSÉ CASTRO S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25 de xaneiro de 2018.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda con fundamento no contrato -ou convenio, en expresión dos contratantes- de data 22 de xullo de 2002, e o anexo, condenando ás demandadas a pagar aos actores as sumas que estes últimos reclamaban. E contra dita resolución álzanse as demandadas, Naerama Grup, S. L. e Construcciones Castro, S. A. polo canle do presente recurso de apelación, interesando que se desestime integramente a demanda. A oposición das recurrentes articúlase nos seguintes extremos: A) Con carácter principal, en que non procedería o cumprimento do contrato ao non ter concurrido o presuposto -ou presupostos-, que a xeito de condicións, tíñanse pactado. Neste senso, procedería a rescisión ou resolución contractual unilateralmente emprendida por ela, ainda que agora, nesta alzada, abandone esta pretensión.

  1. Subsidiariamente, na existencia dun erro na fixación do prezo da cesión, que serviría de punto de partida para establecer as sumas que corresponderíalles percibir aos demandantes. C) Na existencia, igualmente, de erro na fixación da cota individual de cadanseu deles. Analizamos as formulacións das apelantes coa debida separación.

Segundo

A parte recurrente invoca como primeiro e prioritario motivo do seu recurso o incumprimenrto da condición pactada. A condición consistía en que se recalificara o solo cedido, de consolidado industrial a residencial, feito que máis que un elemento accidental do contrato constituía loxicamente un presuposto esencial e determinante do mesmo. E é que carecería de causa o contrato -obviamente bilateral e oneroso-, e ata de sentido a operación concertada, se as apelantes tiveran asumido o pagamento das sumas determinadas no contrato sen que se verificara aquela conversión urbanística. O razoamento da parte péchase coa invocación da sentenza ditada pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, Sección Quinta, de data 10 de novembro de 2015, que decreta a nulidade do PXOU de 2008 de Vigo, subsistindo entón a plan anterior de 1993, que calificaba de consolidado industrial os terreos litixiosos.

A previsión contractual, a xeito de condición, aparece na cláusula Segunda-Precio, Letras A-1º c, e B último inciso, co seguinte teor "a presente cesión sométese á condición suspensiva de que efectivamente se produza a recalificación urbanística, de tal xeito que se no prazo de tres anos contados a partir da data deste contrato, non modifícase a actual condición do terreo de solo consolidado industrial a solo residencial, a cesionaria poderá optar... por resolver o contrato". Previsión e consecuencia que aparecerían reforzadas polas declaracións da cláusula quinta, que refírese a que todas ou algunha das condicións suspensivas relativas á recalificación dos terreos non chegaran a cumprirse. Por outra banda, e pola relevancia que poida ter para resolver a controversia, citamos o acordo segundo do anexo ao contrato, no que reséñase que para o caso de que non se modifique a recalificación de terreo de solo consolidado industrial a solo residencial "o contrato prorrogarase polo tempo que for necesario para a aprobación definitiva do Plan Xeral coa conseguinte recalificación ou ata o intre no que resulte notorio e evidente que a recalificación pretendida polas partes xa non terá lugar".

Terceiro

O prantexamento da parte apelante, en unión da invocación da variación á baixa da porcentaxe de vivenda libre a favor da vivenda de protección oficial, definitivamente resolta polo PXOU, como circunstancias que debían levar á resolución do contratro ou, alomenos, á modificación do mesmo, e das sumas a pagar entón pola cesionaria aos cedentes, lévamos facer unhas reflexións sobre o instituto da cláusula rebus sic stantibus.

Facendo nosas as referencias que o xuiz a quo realiza sobre a lexislación europea e a doutrina xurisprudencial, atinentes á cláusula rebus sic stantibus, engadimos outras tres consideracións, con especial alusión ao presuposto da imprevisibilidade das circunstancias, en relación co contexto contractual no que un dos contratantes é unha persoa vencellada co eido construtivo e inmobiliario.

Primeiramente, coñecida é a liña flexible a aperturista seguida polo Tribunal Supremo na aplicación da cláusula rebus sic stantibus, para mitigar así o excesivo rigor do principio pacta sunt servanda, naqueles supostos nos que sexan patentes os desequilibrios e frustracións económicas derivadas á postre do contrato. Os calificativos xurisprudenciais da cláusula, como de "perigosa", ou dos requisitos necesarios para a súa aplicación, de "alteración extraordinaria", "desproporción desorbitante" ou, en fin, de circunstancias "radicalmente imprevisibles", deixan paso a outros adxectivos que reflictan unha liña máis abarcante do instituto, como natural mecanismo correitor do negocio inicialmente pactado, en atención ao cambiante e tumultuoso eido económico no que movémonos. En expresión da sentenza do TS de 24 de xuño de 2015 "esta Sala, en sentencias de 17 de enero de 2013, recurso 1579 de 2010, 18 de enero de 2013, recurso 1318 de 2011 y 15 de octubre de 2014, recurso 2992 de 2012, exige para la aplicación de la cláusula " rebus", con mayor flexibilidad que en otras épocas, que la alteración sea sobrevenida y que concurra aumento extraordinario de la onerosidad o que no concurra la posibilidad de haber efectuado una previsión razonable de la situación desencadenada (art. 9:503 de los Principios Europeos de la Contratación)".

En segundo termo, e en alusión á nota da imprevisibilidade circunstancial, o Tribunal Supremo acouta este concepto, circunscribíndoo ao contexto negocial específico da lite. Como di a sentenza de 30 de xuño de 2014, con cita da de 26 de abril de 2013 "la nota de imprevisibilidad no debe apreciarse respecto de una abstracta posibilidad de la producción de la alteración o circunstancia determinante del cambio, considerada en sí misma, sino en el contexto económico y negocial en el que incide".

Finalmente, e en conxunción cos anteriores pensamentos, a doutrina xursiprudencial non acepta o recurso á cláusula rebus sic stantibus por quen, polo seu oficio de dedicación ao proceso construtivo, ten que ser evidentemente coñecedor, e polo tanto previsor, dos cambios, que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 8 de Julio de 2020
    • España
    • 8 Julio 2020
    ...la sentencia dictada por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª) con fecha 1 de febrero de 2018, en el rollo de apelación n.º 507/2017, dimanante del procedimiento ordinario n.º 579/2015 del Juzgado de Primera Instancia n.º 14 de Mediante diligencia de ordenación se tuvo por int......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR