STSJ Galicia 93/2018, 7 de Marzo de 2018

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2018:721
Número de Recurso4395/2016
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución93/2018
Fecha de Resolución 7 de Marzo de 2018
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00093/2018

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

A CORUÑA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4395/2016

RECORRENTE: Dª María Dolores

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE PORTO DO SON/CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL

NO NOME DE EL-REI

A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

JULIO CESAR DÍAZ CASALES

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, 07 de marzo de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4395/2016, presentado por Dª María Dolores, representado polo procurador Sr. Rodríguez Siaba, dirixido polo letrado Dº Gándara Moure, contra a Orde de 28.04.2016 da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL . É parte a Administración demandada o CONCELLO DE PORTO DO SON, representado polo procurador Sra. Casal Barbeito e asistido do letrado Sra. Losa García e a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL, representado polo letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada .

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a Orde de 28.04.2016 da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA TERRITORIAL que aproba definitivamente o PXOM de Porto do Son, aínda que, na realidade o que é obxxecto de controversia é a calificación atribuida á propiedade co número catastral NUM000 : sistema xeral de zona verde e espacio libre ZL-114.

A recorrente alega que nas NNSS de no 1004 a parcela estaba calificada como SOLO URBANO dentro da unidade de actuación 9.

Na aprobación inicial do PXOM - 27.02.2012- a calificación era de SOLO URBANO CONSOLIDADO -Ordenanza 5.

O letrado da Xunta complementa este relato facendo constar que a parcela non contaba con rede de sumidoiros ( o que impedía cualificalo como solo urbano consolidado edificable ) e que a cronoloxía foi: a) no documento remitido á Xunta para informe previo á aprobación inicial a finca estaba clasificado como solo urbano non consolidado formando parte do área APR-2-04; b) aprobación inicial e provisional: solo urbano consolidado-Ordenanza 5; c) denegación da aprobación definitiva pola Xunta con informe negativo sobre o área APR-2-04; d) nova aprobación provisional calificando como sistema xeral de zona verde e espacio libre ZL-114.

O letrado do Concello ratifica dito relato.

SEGUNDO

A recorrente fundamenta a súa pretensión en: a) nulidade da aprobación definitiva por ausencia do informe previsto no art. 35.2 Lei 09/2014, b) modificación da calificación da finca sen motivar, c) infracción do principio de igualdade e interedicción da arbitrariedade e d) incoherencia e irracionalidade do planeamento.

O letrado da Xunta rebate as súas pretensións: a) o informe pediuse, b) existe motivación do cambio, c) o Plan de Ordenación do Litoral consideraba a finca coma solo urbano non consolidado da unidade de actuación UA9, dentro do área de mellora ambiental e paisaxistica - art.12-, próxima á liña de dominio público e afectada pola servidume de protección, e esto impedia a edificación; a esto engade que a colocación dos sistemas xerais non é fiscalizable e c) non existe discriminación: non se indica o termo de comparación.

O letrado do Concello alega: a) consta a remisión da solicitude; b) a modificación da calificación foi consecuencia do informe da Xunta e non se trata dunha modificación substancial e c) non se vulnera o principio de igualdade.

Verbo da 1ª cuestión ; figura achegado polo Concello - documentos 1-2 xuntados coa contestación á demandaque se remitiu a solicitude do informe sectorial previsto no art. 26.2 Lei 32/2003 á Delegación do Goberno da Coruña-Área de Industria e Enerxía e que tivo entrada o 02.04.2012, sen que se formulara o informe no prazo legal, o que autorizaba a seguir coa tramitación do expediente.

A propia recorrente desiste deste motivo.

Verbo dos demais ; partirmos de varios datos indubidable: a) a propiedade discutida nunca tivo - ata a aprobación do PXOM - o caracter de solo urbano consolidado o carecer de rede de sumidoiros ( non estarmos, polo tanto, dacordo co criterio do perito de que a existenza dun colector na vía pública a 30 mts é suficiente a estes efectos ) e de beirarrúas, e, asemade, a súa configuración fai difícil asumir que estea insirido na malla urbana ( está illado das outras vivendas ), b) estaba afectado polo plan de protección do litoral e c) a variación na calificación da finca nos sucesivos trámites do PXOM foi consecuencia do informe da Xunta.

Tal e como alega o letrado da Xunta e do Concello, o Plan de Protección do Litoral ( Decreto 20/2011 ) aprobado cando a NNSS de Porto do Son cualificaba o terreo coma urbanizable, cualifica o núcleo de Porto do Son coma núcleo de identidade de litoral e establece coma principios - art. 42 - configurar unha fachada marítima de calidade, asegurando unha servidume de tránsito contínua .. conservar os elementos naturais que marcan a fachada marítima .....

A finca discutida estaba comprendida dentro do área de mellora ambiental e paisaxística e se rexe polos principios establecidos no art. 36 e sometida ós usos previstos no art. 46 a 55, dentro dos que, só se admite

coma excepcional o crecemento urbanístico. Coma regra xeral só as edificacións tradicionais e as edificacións vencelladas á explotación agraria son permitidas.

Mailo pretendido pola recorrente a vivenda da súa propiedade non pode cualificarse de tradicional, ó tratarse dunha construcción illada moderrna ( 29 anos ), polo que non entra dentro das autorizables.Así o recoñece o propio perito da parte aínda que sinale que os materiais utilizados ( valo de pedras e tellado de tellas ) se son tradicionais.

A esto engadimos que a propiedade linda coa zona de dominio público e está - a vivenda- dentro da zona de servidume ( aínda que sexa minimamente ) - folio 5 da contestación do letrado da Xunta.

Destas circunstancias derívase que non resulta comprensible a cualificación outorgada polo PXOM da finca coma SUC.

Mailo dito esta é unha realidade que non é obxecto de discusión - a Consellería deu a súa aprobación ó PXOMe a controversia é se o planificador podía ou non establecer nesa parcela un sistema xeral/zona verde. De ser a resposta positiva a clasificación do solo beneficiaríalle ó aumentalo valor ós efectos da expropiación.

Estas variacións son comúns e non afectan á validez do PXOM; coma dixemos na Sentenza 245/2013 : No procedemento de aprobación do plan xeral -tramitación do plan-, a Lei, cumpridos pola Administración municipal os trámites de información pública, audiencia dos municipios limítrofes, petición de informes sectoriais e dos servizos técnicos e xurídicos municipais, contempla a aprobación provisional coas modificacións que fosen pertinentes, e, sometido o plan ao órgano autonómico competente, a aprobación definitiva coas modificacións que proceda introducir como consecuencia das deficiencias sinaladas; aínda antes, a Lei contempla, cumprido pola Administración municipal o trámite de petición de informe ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, a aprobación inicial do plan formulado polo Concello - artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro ( LG 2002, 377 ), de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia-. É así que caben, así a todo son o resultado da tramitación e son válidas na medida que obedezan a ela, modificacións sucesivas ata a aprobación definitiva. En tal sentido, a Sala Terceira, sección 5ª, do Tribunal Supremo, na súa sentenza do 7 de xaneiro de 2011 ( RJ 2011, 63), ditada no recurso 4025/2006, ten declarado que "o procedemento para a aprobación das modificacións do plan permite introducir cambios sucesivos ata que recaia a aprobación definitiva sempre que se cumpran os trámites establecidos legalmente, de maneira que o mero feito dun cambio de criterio nas aprobacións provisional e definitiva respecto do aprobado inicialmente, non é razón para tachar de arbitrario devandito cambio, pois o realmente decisivo é se se respectou o procedemento e se a determinación, definitivamente aprobada, resulta razoable atendidas as circunstancias".

TERCEIRO

Verbo da cualificación da propiedade como sistema xeral de zona verde e espacio libre ZL-114.

Partirmos de que como ten declarado o Tribunal Supremo na súa sentenza do 19...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR