SAP Pontevedra 295/2017, 20 de Noviembre de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:2399
Número de Recurso1049/2017
ProcedimientoApelación Juicio Rápido
Número de Resolución295/2017
Fecha de Resolución20 de Noviembre de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00295/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36005 41 2 2017 0000868

RJR APELACION JUICIO RAPIDO 0001049 /2017 -PDelito/falta: CONDUCCIÓN SIN LICENCIA O PERMISO (L.O. 15/2007)

Recurrente: Clemente

Procurador/a: D/Dª RAFAEL BARRIOS PEREZ

Abogado/a: D/Dª LUIS ANGEL PINTOS GÜIMIL

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 295/2017

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sr. Don Xermán Varela Castejón

=================================================== =======

Pontevedra a, vinte de novembro de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación, rexistrado co número 1049/2017, interposto polo procurador don Rafael Barrios Pérez, en representación de don Clemente, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 353/2017, do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como

partes o mencionado/a recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 25-Agosto-2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo CONDENAR Y CONDENO a Clemente, en quien no concurren circunstncias modificativas de la responsaiblidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito CONTRA LA SEGURIDAD VIAL POR CONDUCIR SIN PERMISO, a la pena de doce meses de multa con una cuota diaria de cinco euros con la responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias impagadas. Con imposición de costas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que el acusado, Clemente, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, el día 26 de julio de 2017 sobre las 10,15 horas conducía por la carretera PO-548 (Pontecesures-Villagarcía de Arousa) el vehículo Renault Megane Coupe matrícula X-....-MZ, pese a conocer que no podía hacerlo por haber sido privado del permiso en virtud de Resolución de la Jefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra de fecha 24 de enero de 2017, notificada al mismo en la persona de su madre en el domicilio de esta última el 31 de enero de 2017.

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 14-11/2017.

FEITOS PROBADOS

Non se aceptan os feitos probados da sentenza contra a que se apela, que se substitúen polos seguintes:

O acusado, Clemente, maior de idade e con antecedentes penais non computables para os efectos da reincidencia, o día 26 de xullo de 2017, sobre as 10:15 horas, conducía pola estrada PO 548 (Pontecesures Vilagarcía de Arousa) o vehículo da marca Renault, modelo Mégane Coupé, matrícula X-....-MZ, sen que conste que soubese que non podía facelo pola privación do permiso de conducir en virtude dunha resolución da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra do 24 de xaneiro de 2017, que lle foi notificada á súa nai, Ariadna, no domicilio desta o 30 de xaneiro de 2017.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Clemente, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria, na modalidade de condución dun vehículo de motor sen permiso pola perda de puntos, previsto e penado no artigo 384, primeiro parágrafo, do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da revogación da sentenza da instancia para que pronunciemos outra nesta alzada pola que se vexa absolto do amentado delito ou, subsidiariamente, para que se lle impoña a pena de traballos en beneficio da comunidade ou unha redución da contía da multa a teor da súa cativa capacidade económica. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

A conduta prevista no artigo 384 do Código penal require da concorrencia de dous elementos: un, conducir un vehículo de motor, cousa que efectivamente recoñeceu o propio acusado o día 26 de xullo de 2017; e dous, que a conduta sexa dolosa, isto é, que o condutor teña coñecemento da antixuridicidade da referida conduta, cuestión que nega aquel. Deste xeito, o coñecemento por parte da persoa que conduce un vehículo de motor sen o correspondente permiso, pola perda de todos os puntos, de que foi obxecto de referida sanción e de que a partir dun momento determinado non pode conducir constitúe un requisito esencial do tipo penal, sen cuxa concorrencia a conduta non é susceptible de condena.

A opinión maioritaria entre a doutrina é que o delito que tipifica e sanciona o artigo 384 do Código penal esixe a súa comisión dolosa e que isto se traduce, evidentemente, na imprescindible conciencia e vontade da acción, ou, o que é o mesmo, na necesidade de que o autor coñeza, primeiro, o carácter ilícito e antixurídico da conduta e queira despois, malia isto, levala a cabo. En definitiva, esíxese que a intelixencia e vontade do axente se proxecte sobre os diferentes elementos obxectivos que integran o amentado tipo penal (así, a SAP de Alacant do 3 de setembro de 2012 ). Tradúcese o anterior en que se precisa o coñecemento de que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR