SAP Pontevedra 193/2017, 12 de Septiembre de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:1784
Número de Recurso710/2017
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución193/2017
Fecha de Resolución12 de Septiembre de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00193/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MM

Modelo: 213100

N.I.G.: 36006 41 2 2014 0000428

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000710 /2017 P

Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL NÚM. 2 DE PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 456/2016

Delito/falta: Lesións LESIONES

Recorrente: Bienvenido, MINISTERIO FISCAL

Procurador: RAFAEL BARRIOS PEREZ

Abogado: ALBERTO SANMARTIN LORENZO

Recorrido: David

Procuradora: ELENA MONTANS ARGÜELLO

Abogado: JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS

SENTENZA NÚM. 193

=================================================== =======

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

=================================================== =======

Pontevedra a, doce de setembro de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 710/2017, o recurso de apelación interposto polo/a procurador/a Sr. Rafael Barrios Pérez, en representación de Bienvenido contra a sentenza ditada no procedemento PA: 456/2016 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrente e adhesión do Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do vinte de abril de dous mil dezasete, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que condeno a Bienvenido, como autor dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal, coas seguintes penas:

  1. Multa de 6 meses cunha cota 7 euros diarios, que pagará en prazos mensuais de 180 euros, con responsailidade civil, Bienvenido indemnizará a David coa suma de 1050,83 euros mais o xuro legal.

  2. Impónselle as custas a Bienvenido .

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

Primeiro

O día 19 de xaneiro de 2014, de madrugada, cando Bienvenido se atopaba no pub Arena de Cambados tivo un incidente con David, polo que ambos foron expulsados do local.

Xa no exterior comezaron a discutir e entón Bienvenido deu unha puñada no nariz a David .

Segundo

A consecuencia desta agresión, David tivo unha fractura dos ósos propios do nariz e fractura da apófise coronoide da rama mandibular esquerda, lesións que curaron en 30 días, dos cales 4 estivo impedido para as súas ocupacións habituais. Para a curación precisou repouso, antiinflamatorios e antibióticos, ademais de seguir dieta branda.

Terceiro

A asistencia sanitaria prestada polo Sergas ao señor David custou 255,99 euros.

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 12 de setembro de 2017.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Bienvenido, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada e solicita a súa libre absolución ou, de xeito subsidiario, a condena por unha falta de lesións. A fiscala adheriuse parcialmente ao devandito recurso. E a acusación particular exercida por David oponse a que acollamos a impugnación.

Segundo

A primeira das alegacións que realiza o apelante, Bienvenido, no seu recurso consiste na nulidade de actuacións, pero, como denuncia a acusación particular exercida por David na súa oposición á amentada impugnación, o recorrente omite toda cita legal que a puidese amparar. E non só iso, senón que mesmo a alegación da nulidade de actuacións logo non ten correspondencia na parte final do recurso de apelación, no cal, lóxica e coherentemente, debería pedirse a mesma nulidade de actuacións e a súa retroacción ao intre que se considerase pertinente; e, como pode comprobarse, nin a máis mínima referencia se realizou en tal sentido. Só solicitou o que realmente lle interesa, que é a súa libre absolución e a non menos comenenciuda subsidiaria da consideración dos feitos como unha falta de lesións que nas mesmas alegacións considera prescrita. Con todo, e aínda que prescindísemos do anterior, ningunha causa de nulidade de actuacións albiscamos.

Por un auto do 13 de abril de 2015, acordouse seguir o procedemento polos condutos previstos no capítulo IV do título II do libro IV da Lei de axuizamento criminal contra Bienvenido -agora apelante-, por se os feitos puidesen ser constitutivos dun delito de lesións cometido na persoa de David ; e contra este, por se os feitos puidesen considerarse unha falta de lesións cometida contra o primeiro. A solicitude do fiscal

practicáronse determinadas dilixencias complementarias e este, deseguido, presentou o correspondente escrito de acusación dos artigos 650 e 781.1 da Lei de axuizamento criminal tan só contra o agora apelante, Bienvenido, ao igual que, evidentemente, a acusación particular exercida por David .

Por un auto do 9 de setembro de 2016, a xuíza instrutora acordou a apertura do xuízo oral contra o único acusado, Bienvenido, quen presentou o seu correspondente escrito de defensa. Non constituíndose en ningún intre como acusación particular, a súa intervención no procedemento non podía ser máis que como defensa. E a circunstancia de que no seu día presentase unha denuncia contra o agora apelado, David, xa foi avaliada por todos e, se cadra, descoidada por el, non podendo, como pretendía, esgrimir aquela denuncia nunha causa de nulidade ao abeiro dos artigos 238 e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial e 790.2 da Lei de axuizamento criminal . O seu propio comportamento descarta toda idea de posible indefensión.

Terceiro

O erro na apreciación da proba constitúe outra das alegacións impugnadoras que realiza o recorrente na procura da súa absolución nesta alzada. En esencia, argumenta en tal sentido que, efectivamente, existiu un incidente en que se viu inmerso, mais que el non foi expulsado do local -o pub Arena, de Cambados- e si o agora apelado; que o concreto lugar dos feitos non foi o que se indica, senón outro situado preto; denuncia determinadas contradicións e incoherencias mentres que subliña as súas manifestacións sen fendas e sempre contestes; e que o maxistrado xuíz a quo omitiu avaliar as testemuñas que declararon a pedimento seu e que só fixo caso dunha testemuña determinada do denunciante e agora apelado. Mais tampouco podemos compartir este motivo que, xa que logo, rexeitamos.

O incidente comezou no interior do establecemento público mencionado e tivo o seu desenlace fóra del, xa fose ás portas do local ou nunha ou noutra rúa da mesma vila de Cambados. Pouco ou, mellor dito, nada importaba tal circunstancia para o correcto axuizamento dos feitos.

Xa resulta ben manido o argumento das contradicións e incoherencias nas declaracións alleas á propia, que se pretende unívoca e incontestable e de obrigado e inexorable acollemento xunto coas ofrecidas de corroboración en tal sentido. Mais esquece o apelante que, cando ao maxistrado xuíz da instancia se lle presenta unha radical contradición nas versións do sucedido, as partes non poden impoñerlle a pretendida superior calidade da súa por enriba da contraria; e que o xulgador é libre de optar en conciencia e razoadamente por unha ou outra daquelas - artigo 741 da Lei de axuizamento criminal -.

E non é certo que en tal tarefa o xulgador só avaliase, amais das manifestacións dos agora apelante e apelado, a testemuñal practicada a solicitude deste último por Gaspar, senón que tamén valorou a testemuñal da defensa do acusado prestada por Inocencio e Leonardo distinta é que o apelante, dende a defensa dos seus intereses, discrepe da avaliación xudicial que, porén, compartimos totalmente.

Toda a amentada proba persoal aludida, mais a documental consistente nos diversos partes médicos e nos informes da médica forense Adela, se algo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR