STSJ Galicia 293/2017, 13 de Junio de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:4261
Número de Recurso15577/2016
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución293/2017
Fecha de Resolución13 de Junio de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00293/2017

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2016 0001452

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015577 /2016 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Anselmo

ABOGADO JORGE VAZQUEZ ROJO

PROCURADOR D./Dª. PASCUAL DE GANTES BOADO GONZALEZ MORATO

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO LETRADO COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, trece de xuño de dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15577/2016, presentado por Dº Anselmo, representado polo procurador Sr. Gantes de Boado, dirixido polo letrado Dº. Vázquez Rojo, contra o acordo

de 14.07.2016 do TEAR . É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado

e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 33.973,15 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 14.07.2016 do TEAR que acolle - parcialmente- a reclamación económico administrativa contra a liquidación e providenza de prema (que anula) derivada do falecemento da Dª Fidela o 27.05.1998.

Segundo resulta do expediente trala autoliquidación, expediente de comprobación de valores e recurso ante o TEAR: acordo de 23.07.2009: estimación en parte (no procede a liquidación polo enxoval ). Recurso ante o TSX e sentenza de 13.05.2011 que rexeita o recurso.

Novo expediente (de comprobación de valores) e liquidación de 16.03.2010. Intentos de notificación e publicación no DOG. Providenza de prema notificada o 24.09.2010. Recurso de reposición e reclamación ente o TEAR que acolle o 25.10.2010 por falta de notificación da liquidación.

Novo expediente e liquidación de 28.02.2013 - notificado o 06.03.2013. Recurso e reclamación ante o TEAR.

Providenza de prema.

SEGUNDO

O recurso baséase na: a) improcedencia dun novo procedemento de comprobación de valores e vulneración da prohibición de reformatio in peius, b) indefensión e c) improcedencia da liquidación de xuros.

O letrado do Estado e Xunta rebaten as súas pretensións.

Verbo da 1º cuestión: concordamos co TEAR na crítica do actuar da administración dado que, unha vez confirmada pola STSX galiza de 13.05.2011 a resolución do TEAR de 23.07.2009 a actuación que procedía adoptar era executalo acordado, é dicir, refacela liquidación excluindo do cálculo o 3% do enxoval sen precisar de ningún outro trámite: non procedía abrir ningún outro procedemento de comprobación.

Dito esto - que non deixa de ser unha infracción formal, en principio, irrelevante- o determinante é se a liquidación practicada de 33.973,15 euros (21.734,44 euros de principal mailos 12.238,71 euros de xuros) é ou non congruente co resolto polo TEAR - o 23.07.2009.

A congruencia cúmprese: descóntase do total o enxoval e practican unha liquidación polo importe indicado que é menor da inicial: a diferencia debe facerse co principal e non coa suma dos xuros (24.364,65 euros de principal mailos xuros: total de 29.135,13 euros ), polo que non existe infracción do principio de reformatio in peius.

Verbo da 2ª cuestión.- tamén concordamos co TEAR na crítica indicada e coa súa conclusión: a actuación irregular da administración é de carácter formal e non provoca indefensión ó recorrente quen é quen de discernir o porque da liquidación. Sen dúbida sería esixible outro proceder da administración, mais non é o Tribunal o competente para facer reconvencións ou recomendacións as administración e só avaliar se o actuar ( irregular ) é ou non merecedor da sanción de nulidade ou anulabilidade e a conclusión é que non.

A administración, mailo irregular proceder, non provoca unha míngua das garantías do administrado xa que o que o procedía - coma se indicou- era aplicar directamente o acordado polo TEAR e ditar unha liquidación que excluirá o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 6 de Junio de 2018
    • España
    • 6 Giugno 2018
    ...de 2017 por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso nº 15577/2016 Acuerda su inadmisión a trámite de conformidad con lo previsto en el artículo 90.4.d) de la Ley 29/1998, de 13 de julio , reguladora de la Juri......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR