SAP Pontevedra 283/2017, 12 de Junio de 2017

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2017:1243
Número de Recurso73/2017
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución283/2017
Fecha de Resolución12 de Junio de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00283/2017

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGOTfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36057 42 1 2016 0000831

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000073 /2017

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 de VIGO

Procedimiento de origen: FILIACION 0000060 /2016

Recurrente: Hortensia, Marcelino

Procurador: OLGA MARTINEZ VILLANUEVA

Abogado: JOSE CARLOS SANTIAGO CAMERON-WALKER

Recurrido: Rodolfo, MINISTERIO FISCAL

Procurador: SARA NOEMI POMBAR RODRIGUEZ

Abogado: ERNESTO MANUEL ARMADA FERNANDEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 283/17

Vigo, doce de xuño de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Filiación 60/16 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 73/17, nos que aparece como parte apelantes e demandantes D. Marcelino e D.ª Hortensia, representada polo/ a procurador/a D./D.ª OLGA MARTÍNEZ VILLANUEVA e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE C. SANTIAGO CAMERON-WALKER, e como parte contra da que se apela e demandante D. Rodolfo, representada polo/

a procurador/a D./D.ª SARA N. POMBAR RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ERNESTO ARMADA FERNÁNDEZ . Sendo parte nesta apelación o MINISTERIO FISCAL.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 7 de novembro de 2016, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

ESTIMO TOTALMENTE A DEMANDA interposta por Rodolfo contra Hortensia e Marcelino, e nos que foi tamén parte o MINISTERIO FISCAL, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

  1. Declaro que a menor María Consuelo, nada o NUM000 de 2012, é filla non matrimonial de Rodolfo, debendo procederse á inscrición da filiación declarada no Rexistro Civil de Nigrán, librando o correspondente mandamento. Acordando, igualmente, deixar en efecto a filiación paterna que, en contradición coa que vén de ser declarada, figura inscrita no mesmo Rexistro Civil, no que figura como pai da menor o Sr. Marcelino . 2º. Non hai lugar a facer especial pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais. Notifíquese esta sentencia ás partes, ás que se lle fará saber

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a Dª OLGA MARTÍNEZ VILLANUEVA, en representación de

D.ª Hortensia e D. Marcelino, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 1 de xuño de 2017.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Nacida a filla o día NUM000 de 2012, e presentada demanda en exercicio dunha acción de reclamación de filiación non matrimonial -e a accesoria, de impugnación de filiación matrimonial-, polo pai biolóxico daquela o día 19 de xaneiro de 2016, o problema que suscítase é o de se resulta aplicable ou non á acción promovida o prazo de caducidade dun ano, que o artigo 133. 2 do Código Civil dispón, dacordo co cambio operado neste precepto pola Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e que entrou en vigor o día 18 de agosto dese ano. Pois ben, sen necesidade doutros e máis complexos comentarios, temos que reseñar que, en coincidencia coa liña argumental da sentenza de instancia, este tribunal de apelación decántase pola tese de que a acción promovida non está caducada, sen que, fronte á formulación da parte hoxe apelante, poida afirmarse que non estamos ante un problema de irretroactividade da Lei de 28 de xullo de 2015, senón, precisamente -engade a recurrente- de aplicación dese instituto. E é que á parte apelante fai unha interpretación interesada e xuridicamente inconsistente do instituto da irretroactividade das leis, ex artigo 2.3 do Código Civil .

Segundo

O discurso da apelante é, e citamos literalmente, que ... o que esta parte prantexou é a aplicabilidade de dita norma (en referenza á Lei de 2015), xa que a mesma atópase vixente na data da que formúlase a demanda e que restrinxe a un ano o prazo para exercer a acción... o lexislador rematou por impor un determinado prazo ao exercicio polo proxenitor da acción de reclamación de filiación non matrimonial sen posesión de estado... e este límite consiste en que a partir da entrada en vigor da Lei.... non admitirase o

exercico da acción ao proxenitor se transcurríu o referido prazo dun ano .

Da lectura da argumentación da recurrente colíxese inequivocamente que o que está proclamar é, precisamente e no fondo, a aplicación retroactiva do prazo de caducidade dun ano agora disposto, xa que é a nova norma a que impón ese prazo, fronte ao lexislador anterior.

Por outra banda, e como a Lei de 2015 non prevee a retroactividade, deberemos acudir as regras xerais que sobre este extremo sentan as disposicións transitorias do Código Civil, e máis especificamente a D. T. 1ª, segundo a cal rexiranse pola lei anterior ao Código os dereitos nacidos, segundo ela, de feitos realizados baixo o seu réxime, ainda que o Código os regule doutro xeito ou non os recoñeza. Facendo a correspondente trasposición ás dúas normas agora en xogo, anterior e posterior á Lei de 2015, como o dereito a reclamar a filiación non matrimonial sen posesión de estado xurxiu ao tempo do nacimento da filla -permítase a simplificación-, moi anterior á entrada en vigor da lei de 2015, modificadora do artigo 133 do Código, resulta de aplicación este último na súa anterior redacción, que non establecía prazo para que o pai biolóxico poider exercitar a acción.

O posicionamento da parte apelante levaría ademáis ao abxurdo de vedar sorprendentemente a realización do dereito ao pai biolóxico, é ata á nai (para a que establécese tamén hoxe e indiscriminadamente a limitación temporal), que confiados e apoiados polo postulado da seguridade xurídica ( artigo 9.3 da C. E .), non exercitan a acción porque a norma vixente non tiña establecido ningún prazo perentorio para iso.

E definitiva, e como di con tino a sentenza da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo, a demora en presentar a demanda é unha opción que o lexislador permítelle.

Terceiro

A parte recurrente nega a lexitimación do actor para reclamar a filiación non matrimonial sen posesión de estado, interesando entón que se rexeite a demanda.

A formulación da apelante ven fundarse en tres pilares, fonda e inseparablemente unidos entre si. Un primeiro, a carencia realmente de interese do pai, como o evidenciaría que deixara transcurrir catro anos dende o nacimento da filla, e se desentendera sempre e absolutamente dela, tanto no plan afectivo como na vertente asistencial ou económica. O segundo, que o proxenitor estaría actuar en defensa dos seus propios e egoistas intereses, fronte aos da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 457/2018, 18 de Julio de 2018
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 18 Julio 2018
    ...por la procuradora D.ª Olga Martínez Villanueva bajo la dirección letrada de D. José Carlos Santiago Cameron-Walker, contra la sentencia n.º 283/2017 dictada en fecha 12 de junio por la Sección 6.ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el recurso de apelación n.º 73/2017 dimanante de ......
  • ATS, 31 de Enero de 2018
    • España
    • 31 Enero 2018
    ...la sentencia dictada con fecha de 12 de junio de 2017 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 73/2017 , dimanante del juicio de filiación n.º 60/2016 del Juzgado de Primera instancia n.º 4 de Mediante Diligencia de Ordenación se acordó la remisi......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR