SAP Pontevedra 105/2017, 23 de Mayo de 2017

ECLIES:APPO:2017:1008
Número de Recurso336/2017
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución105/2017
Fecha de Resolución23 de Mayo de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00105/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36008 41 2 2014 0004835

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000336 /2017 -PDelito/falta: CONDUCCIÓN BAJO INFLUENCIAS BEB.ALCOHÓLICAS/DROGAS

Denunciante/querellante: Silvio

Procurador/a: D/Dª FAUSTINO JAVIER MAQUIEIRA GESTEIRA

Abogado/a: D/Dª JOSE CARLOS HERMELO FERNANDEZ

Contra: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 105/2017

===================================================== ========

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez

===================================================== ========

Pontevedra a, vinte e tres de maio de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección Datos do órgano xudicial desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación co número 336/2017, interposto polo procurador don Faustino Javier Maquieira Gesteira, en representación de don Silvio, contra a sentenza ditada polo Xdo. do Penal nº 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 23 de xuño de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a D. Silvio, como autor criminalmente responsable de un DELITO CONTRA LA SEGURIDAD VIAL EN SU MODALIDAD DE CONDUCCIÓN BAJO LA INFLUENCIA DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS, concurriendo la circunstancia agravante de reincidencia, a las penas de CUATRO MESES Y QUINCE DÍAS DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y privación del derecho a conducir vehículos de motor y ciclomotores por tiempo de DOS AÑOS Y SEIS MESES, lo que comporta la pérdida de vigencia del permiso para conducir, condenándolo asimismo al abono de las costas del juicio ".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"ÚNICO.- El día 8 de noviembre de 2014 sobre las 8:30 horas, el acusado Silvio, mayor de edad y cndenado por sentencia de fecha 9 de septiembre de 2008, firme el 19 de enero de 2009, como autor de un delito de conducción bajo la influencia de bebidas alcohólicas a la pena de multa de cinco meses de prisión y privación del derecho a conducir vehículo a motor y ciclomotores por tiempo de cuatro año, pena esta última que extinguió el día 1 de julio de 2013, conducía el vehículo Seat Marbella, matrícula DI-....-IG, por le punto kilómetrico 15,300 de la carretera po-313 (Marín-Moaña), y lo hacía bajo los efectos de una previa ingesta de bebidas de contenido etílico.

Sometido por la Guardia Civil a las pruebas de alcoholemia con etilómetro de precisión en un control preventivo dispuesto en el lugar, arrojó un resultado positivo de 0,88 miligramos de alcohol por litro de aire espirado en la primera prueba, y de 0,87 miligraos de alcohol por litro de aire espirado en la segunda ".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Silvio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria, na súa modalidade de condución dun vehículo de motor baixo os efectos do alcol, prevista e penada no artigo 379.2 do Código penal . Acode agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, alega o apelante, Silvio, o erro na apreciación da proba para que nesta alzada acordemos a súa absolución. E faino centrado no argumento de que a estrada pola que circulaba co vehículo de motor que conducía era a EP 1104 (Porta do Cego-Coiro) e non polo punto quilométrico 15,300 da PO 313 (Marín-Moaña) cando foi detido e sometido ás probas de alcolemia pola Garda Civil, cando as competencias na primeira das estradas lle correspondían á Policía Local de Moaña, como así xustificou coa documental que achegou ás actuacións - informe do Concello de Moaña e da xefa provincial de Tráfico de Pontevedra-.

O acusado-apelante e a persoa que testemuñou a pedimento deste, Julio, efectivamente situaron o lugar da realización da proba de mostraxe na estrada EP 1104, que sería da competencia da Policía Local de Moaña. Mais ao longo do atestado da Garda Civil de Tráfico todas as referencias que se fixeron foron ao punto quilométrico 15,300 da estrada PO 313, competencia desta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 101/2018, 10 de Julio de 2018
    • España
    • 10 d2 Julho d2 2018
    ...e que reflicte o maxistrado xuíz na súa sentenza. A lectura desta última e da nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 23 de maio de 2017 (ROJ: SAP PO 1008/2017 - ECLI:ES:APPO:2017:1008) exímenos de maiores comentarios redundantes verbo do xa reflectido na Noutra orde de cousas, ningún erro na valor......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR