SAP Pontevedra 64/2017, 28 de Marzo de 2017

ECLIES:APPO:2017:681
Número de Recurso32/2015
ProcedimientoProcedimiento sumario ordinario
Número de Resolución64/2017
Fecha de Resolución28 de Marzo de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00064/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MC

Modelo: 787530

N.I.G.: 36024 41 2 2012 0002601

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000032 /2015 -a

Delito/falta: AGRESIONES SEXUALES

Denunciante/querellante: Silvia Esperanza

Procurador/a: D/Dª MARIA SANMARTIN RUZO

Abogado/a: D/Dª MARIA JOSE QUINTEIRO QUINTEIRO

Contra: Gabino Higinio, Vidal Rodolfo

Procurador/a: D/Dª MANUEL CEAN GARRIDO, CESAR ANGEL ESCARIZ VAZQUEZ

Abogado/a: D/Dª JOSE LUIS GUTIERREZ ARANGUREN, FRANCISCO RAMIL ACEBO

SENTENZA 64

==========================================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistrada/o:

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Viéitez

==========================================================

Pontevedra, 28 de marzo de 2017

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 32/2015, procedente das dilixencias previas de procedemento abreviado núm. 1160/2012 do Xulgado de

Primeira Instancia e Instrución núm . 2 de DIRECCION000 e seguida polo trámite de procedemento sumario ordinario polo delito de agresións sexuais, contra:

- Gabino Higinio, con DNI núm. NUM000, nacido en Lalín (Pontevedra) o día NUM001 de 1994, fillo de Franco Imanol e Candida Dulce, con domicilio na AVENIDA000, núm. NUM002, NUM003, Lalín (Pontevedra), representado polo procurador don Manuel Ceán Garrido e defendido polo avogado don José Luis Gutiérrez Aranguren.

- Vidal Rodolfo, con DNI núm. NUM004, nacido en Silleda (Pontevedra) o día NUM005 de 1994, fillo de Marcos Javier e de Sara Regina, con domicilio na RUA000, núm NUM006, NUM007, Silleda (Pontevedra), representado polo procurador don César Ángel Escariz Vázquez e defendido polo avogado don Francisco Ramil Acebo.

Exerce a acusación particular dona Silvia Esperanza, con DNI núm. NUM008, representada pola procuradora dona María Sanmartín Ruzo e defendida pola avogada dona María José Quinteiro Quinteiro.

É tamén parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal intervén don Pablo Varela Castejón.

Actúa como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

As presentes actuacións instruíronse por un presunto delito de agresións sexuais. Tras practicárense as oportunas dilixencias, convocáronse as partes para o xuízo oral, que tivo lugar os días 21, 24 e 27 de febreiro e 9 de marzo de 2017, e a cuxo acto compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais expresou o seguinte:

Na segunda, que os feitos narrados son constitutivos dun delito de agresión sexual do artigo 178 do Código penal (CP ), en relación co artigo 180.1.2ª do CP, e dun delito de violación do artigo 179 e 180.1.2ª en relación co 178 do mesmo texto legal .

Na terceira, que son responsables o procesado Vidal Rodolfo do delito de agresión sexual, como autor de acordo cos artigos 27 e 28 do CP, e o procesado Gabino Higinio do delito de violación ( artigos 27 e 28 do CP ).

Na cuarta, que non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal en ningún dos procesados.

Na quinta, que procede impoñer a Vidal Rodolfo a pena de cinco anos de prisión e inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena polo delito de agresión sexual. E polo delito de violación imputable a Gabino Higinio, a pena de 12 anos de prisión e inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

En concepto de responsabilidade civil, o procesado Vidal Rodolfo deberá indemnizar a Silvia Esperanza coa cantidade de 2 000 euros e o procesado Gabino Higinio coa de 5 000 euros, polos danos psicolóxicos que lle causaron a Silvia Esperanza a consecuencia dos feitos relatados. As cantidades indicadas, se é o caso, veranse incrementadas cos xuros que procedan segundo o artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC).

No acto do xuízo o Ministerio Fiscal mudou as súas conclusións en definitivas tras modificar os seguintes aspectos:

En la 1ª: Se retiran las referencias a Vidal Rodolfo . Se añade que tras la celebración del juicio no está acreditada la participación directa de Ángel en los hechos.

En la 2ª: Se mantiene la calificación respecto a Gabino Higinio y se retiran las referencias a Vidal Rodolfo .

En la 3ª: se retiran las referencias a Vidal Rodolfo .

En la 5ª: procede imponer al acusado Gabino Higinio la pena solicitada con inhabilitación absoluta. Se retira la pena y responsabilidad civil solicitada para Vidal Rodolfo .

A acusación particular mudou tamén as súas conclusións en definitivas, que son do teor literal seguinte:

SEGUNDA

Conforme con la correlativa del Ministerio Fiscal en cuanto a que tales hechos son constitutivo de un delito de agresión sexual del art. 178 del Código Penal en relación con el artículo 180.1.2ª del mismo texto, y de un delito de violación del artículo 179 en relación con el art. 180.1.2ª del mismo texto legal .

TERCERA

Conforme con la correlativa del Ministerio Fiscal en cuanto a que es responsable del delito de agresión sexual D. Vidal Rodolfo en concepto de autor, y del delito de violación D. Gabino Higinio en concepto de autor.

CUARTA

Conforme con la correlativa del Ministerio Fiscal en cuanto a que no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal en ninguno de los acusados.

QUINTA

Disconforme con la correlativa del Ministerio Fiscal: procede imponer al acusado D. Vidal Rodolfo por el delito de agresión sexual la pena principal de 6 años de prisión y al acusado D. Gabino Higinio por el delito de violación la pena principal de 13 años de prisión, y a ambos las accesorias de inhabilitación para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena principal.

SEXTA

Deberán indemnizar solidariamente D. Vidal Rodolfo y D. Gabino Higinio a D.ª Silvia Esperanza por importe de 77.705,37 €, más el 10 % de factor de corrección y los intereses legales desglosado de la siguiente forma (conforme Resolución de 5 de marzo de 2014, de la Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones por la que se publican las cuantías de las indemnizaciones por muerte, lesiones permanentes e incapacidad temporal que resultarán de aplicar durante 2014 el sistema para valoración de los daños y perjuicios causados a las personas en accidentes de circulación):

- indemnización por días de incapacidad temporal: 32.725,77 €

* días hospitalizados (57 días x 71,84) 4.094,88 €

*días impeditivos (403 días x 58,41) 23.539,23 €

(del 23/11/12 al 31/12/13)

* días no impeditivos (162 días x 31,43) 5.091,66 €

(del 01/01/14 al 11/06/14)

- por secuelas 14.979,60 €

* estrés postraumático (5 puntos x 941,48) 4.707,40 €

* agravamiento sintomatología anímica.

ansioso-depresiva (10 puntos x 1.027,22) 10.272.20 €

- por daños morales 30.000,00 €

Y los acusados deberán satisfacer las costas por mitad.

Os letrados das defensas mudaron en definitivas as súas conclusións e solicitaron a libre absolución dos acusados.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Non consta que os procesados, Gabino Higinio e Vidal Rodolfo, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, en compañía doutros dous menores de idade daquela, sobre as 2:30 horas do día 23 de novembro de 2012, nunha festa que se celebraba no campo da feira de DIRECCION000, se dirixisen a Silvia Esperanza para, con ánimo de satisfacer os seus impulsos sexuais en contra da vontade dela, arrodeala e tocarlle repetidas veces o cu e os peitos por enriba da roupa malia a resistencia que opuxo a rapaza.

Segundo

Si que consideramos probado que o procesado Gabino Higinio, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, sobre as 2:30 horas do día 23 de novembro de 2012 se encontraba na festa que se celebraba no campo da feira de DIRECCION000 . E que nun momento determinado se dirixiu a Silvia Esperanza coa intención de levala detrás do palco da festa para, con ánimo libidinoso e para satisfacer os seus impulsos sexuais, bicala e tocarlle por debaixo da roupa os peitos e o cu, en contra da vontade dela. Nestes mesmos feitos participaron outros dous menores de idade xa condenados polo Xulgado de Menores de Pontevedra. E non consta que nestes feitos participase o tamén procesado Vidal Rodolfo, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais.

Por mor do anterior, Silvia Esperanza padeceu varios episodios de estrés agudo, síntomas compatibles co padecemento de estrés postraumático e agravamento da sintomatoloxía anímica ansioso-depresiva.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Tal e como se reflectía nos escritos das acusacións, pública e particular, resultaba posible distinguir dous momentos aínda que consecutivos dentro dos mesmos feitos imputados aos procesados Gabino Higinio e Vidal Rodolfo . Porén, debe terse ben en conta para o que deseguido reflectimos que, verbo deste último, o fiscal non mudou as súas conclusións provisionais en definitivas e retirou a acusación contra el, manténdoa unicamente contra Gabino Higinio, mentres que a acusación particular mantivo inalterable a súa acusación contra ambos.

O primeiro dos feitos desenvolveríase dentro da propia festa, diante do palco da música, ateigado de xente; e nel predicábase a intervención dos dous amentados procesados, Gabino Higinio e Vidal Rodolfo (coa exclusión deste, lémbrese, segundo a tese definitiva do fiscal), e os daquela menores de idade Gervasio Gerardo e Narciso Herminio . Pois ben, para este feito concreto só contamos, amais de coas manifestacións de ambos os dous procesados, coa proba das testemuñas que nun número nada cativo declararon nas diversas sesións do xuízo oral.

O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR