SAP Pontevedra 43/2017, 7 de Marzo de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:410
Número de Recurso62/2017
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución43/2017
Fecha de Resolución 7 de Marzo de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00043/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2012 0013135

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000062 /2017 -PDelito/falta: ABANDONO DE FAMILIA

Denunciante/querellante: Maribel

Procurador/a: D/Dª CESAR ANGEL ESCARIZ VAZQUEZ

Abogado/a: D/Dª ANTONIO CALVAR CARBALLO-PEREZ

Contra:

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 43/2017

=============================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquin Montenegro Vieitez

=============================================================

Pontevedra a, sete de marzo de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Escariz Vázquez, en representación de dona Maribel, contra a sentenza ditada polo Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes a mencionada recorrente e como apelado don Hermenegildo, representado pola procuradora Sra. Pardo de Monte o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 22/11/2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo ABSOLVER Y ABSUELO libremente a Hermenegildo de los delitos de ABANDONO DE FAMILIA del artículo 226 y 227 del Código Penal de los que se le acusaba, con declaración de las costas de oficio.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" Probado y así se declara que en noviembre de 2012, Maribel interpone denuncia contra el acusado, Hermenegildo, mayor de edad y sin antecedentes penales, por el impago de la pensión de alimentos de sus hijas desde el mes de agosto de 2012. El 3 enero de 2013 comparece a ratificar la denuncia en sede judicial precisando que a esa fecha solamente le constan impagadas tres mensualidades completas. Recibiéndosele declaración como imputado al acusado el 17 de noviembre de 2015 se dictó auto transformando las diligencias previas en procedimiento abrevidado en fecha 17 de noviembre de 2015 recogiéndose como hechos que se imputan al mismo el impago de la pensión de alimentos para sus hijas.

En trámite de conclusiones definitivas la acusación particular y el Ministerio Fiscal retiran la acusación por el delito de impago de pensiones del artículo 227 del Código penal, y la acusación particular califica los hechos como constitutivos de un delito del artículo 226 del mismo texto penal ."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Na instancia foi absolvido Hermenegildo dos delitos de abandono de familia dos artigos 226 e 227 do Código penal . A acusación particular exercida por Maribel presentou un recurso de apelación contra a sentenza así pronunciada pola maxistrada xuíza a quo e solicita a condena do amentado acusado polo delito previsto no artigo 226 do Código penal e a realización dunha vista nesta segunda instancia para que ela poida contestar as preguntas que lle foron indebidamente denegadas ao seu avogado na vista oral. A fiscala e o acusado opóñense a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal permítese que o recorrente en apelación poida alegar o quebrantamento das normas e garantías procesuais, o erro na apreciación das probas ou a infracción de normas do ordenamento xurídico en que se basee a impugnación. No segundo parágrafo do mesmo precepto legal prevese tamén que o apelante poida solicitar a declaración da nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que lle causasen indefensión en termos tales que xa non se poida sanear na segunda instancia. E, a teor do número 3 do devandito artigo 790 da Lei de axuizamento criminal, no mesmo recurso de apelación pode solicitarse a práctica das dilixencias de proba que o apelante non puido propoñer na primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna protesta, e as que lle foron admitidas pero non practicadas por causas que non lle fosen imputables.

Láiase o avogado da apelante, Maribel, de que na instancia a maxistrada xuíza a quo rexeitou determinadas preguntas dirixidas á súa propia defendida, quen no presente caso exerce a acusación particular. Por iso solicitaba a realización dunha vista nesta alzada onde poder formular as preguntas que lle foran denegadas pola maxistrada xuíza a quo .

Pois ben, tras a reprodución da gravación da vista oral realizada na instancia, comprobamos que o interrogatorio do letrado da acusación particular á súa propia defendida consistiu en tan só dúas preguntas. A primeira foi a de se Maribel era unha vítima da violencia de xénero, que a maxistrada xuíza a quo considerou impertinente, coa conseguinte protesta por parte do amentado avogado. E con acerto se rexeitou a amentada pregunta ao abeiro do artigo 709 da Lei de axuizamento criminal, pois son impertinentes as preguntas que non se refiren ao tema que se está a decidir, cando pola súa inocuidade ou inanidade non se encamiñan nin teñen a menor influencia no esclarecemento dos feitos, cando supoñen unha reiteración ou repetición de preguntas xa contestadas, ou cando o seu contido é impropio da natureza da proba testemuñal ou pericial, xa que pretenden que o interrogado emita xuízos de valor e supere así a súa función de achegar datos relevantes para o proceso (por todas, a STS 307/2003, do 26 de xaneiro ). E igualmente son impertinentes as preguntas que versen sobre unha cuestión fáctica suficientemente debatida e cando o tribunal teña formada a convición baseándose noutros elementos probatorios en relación co feito obxecto do interrogatorio (por exemplo, a STS do 14 de febreiro de 2005 ). Pero, por maior abastanza, e malia a declaración de impertinencia da pregunta relativa a se a acusadora particular se consideraba vítima da violencia de xénero, a esta deulle tempo a contestar que si, como dun xeito ben nidio se escoita na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • AAP Pontevedra 447/2021, 24 de Junio de 2021
    • España
    • 24 Junio 2021
    ...patente e duradeiro no tempo, non meramente esporádico ou ocasional . Xa antes, na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 7 de marzo de 2017 (ROJ: SAP PO 410/2017 -ECLI:ES:APPO:2017:410), ref‌lectimos e razoamos o Na sentenza da instancia contra a que agora se apela ref‌líctese a STS, Penal, Secci......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR