SAP Pontevedra 38/2017, 22 de Febrero de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:376
Número de Recurso44/2016
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución38/2017
Fecha de Resolución22 de Febrero de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00038/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MM

Modelo: N85850

N.I.G.: 36038 43 2 2013 0012535

ROLO: PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000044 /2016 I

Xulgado procedencia: XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚM. 1 DE PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: DILIXENCIAS PREVIAS PROCEDEMENTO ABREVIADO 4118/2013

Delito/falta: TRÁFICO DE DROGA GRAVE DAÑO A SAÚDE TRÁFICO DE DROGAS GRAVE DAÑO A LA SALUD

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL

Contra: Pio, Milagrosa

Procuradoras: MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ, NATALIA TROITIÑO ABALO

Avogados: SANTIAGO ABEIGON VIDAL, FRANCISCO JAVIER CAMPOS COUSELO

JUAN CARLOS ABEIGON VIDAL, FRANCISCO JAVIER CAMPOS COUSELO

SENTENZA NÚM. 38

==========================================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado

Magistrada/o

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez (suplente)

==========================================================

Pontevedra, a 22 de febrero de 2017

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 44/2016, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, e seguida polo trámite de procedemento abreviado polo delito de tráfico de drogas, contra: - Pio, con DNI núm. NUM000, nado en Vigo o día NUM001 de 1990, fillo de Aquilino e de Concepción, con domicilio no camiño do DIRECCION000, núm. NUM002, DIRECCION001, Poio, sen antecedentes penais, cuxa solvencia non consta e en liberdade por esta causa, representado pola procuradora dona María Belén Álvarez Sánchez e defendido polo avogado don Santiago Abeigón Vidal, e

- Milagrosa, con DNI núm. NUM003, nada en Ponteareas o día NUM004 de 1982, filla de Aquilino e de Concepción, con domicilio no lugar de DIRECCION002, núm. NUM005, 36140 Vilaboa, sen antecedentes penais, cuxa solvencia non consta e en liberdade por esta causa, representada pola procuradora dona Natalia Troitiño Abalo e defendida polo avogado don Francisco Javier Campos Couselo.

Actúa como parte acusadora o Ministerio Fiscal, e no seu nome intervén don Juan Ignacio Sainz Martín.

É relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde. Practicadas as oportunas dilixencias, convocouse as partes a xuízo oral, que tivo lugar os días 9 e 16 de febreiro de 2017, e a cuxo acto compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas, cualificou os feitos como constitutivos dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de substancias que causan grave dano á saúde, do artigo 368.1 e 2 do Código penal . Responden ambos os acusados en concepto de autores directos, de conformidade co artigo 28.1 do mesmo texto legal . Non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade penal. Procede impoñer a cada un dos acusados a pena de dous anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e multa de vinte euros, coa responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade en caso de non pagamento. Tamén procede impoñer aos acusados o aboamento das custas procesuais. Cómpre decretar o comiso das substancias intervidas.

Terceiro

A defensa de Pio mostrou a súa desconformidade cos feitos relatados polo Ministerio Fiscal e, subsidiariamente, só para o caso de se atopar algunha responsabilidade penal no acusado, tería que se apreciar a concorrencia das circunstancias 6ª e, subsidiariamente, 7ª, en relación coa anterior, do artigo 21 do Código penal . Non procede impoñer pena ningunha ao acusado.

Cuarto

A defensa de Milagrosa mostrou a súa desconformidade coa cualificación correlativa do escrito de acusación. Solicitou a libre absolución da súa representada, con todos os pronunciamentos favorables, e que se declaren de oficio as custas do procedemento.

FEITOS PROBADOS

O día 12 de outubro de 2013, a acusada Milagrosa, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais computables, preparou un paquete con roupa para facerlla chegar ao seu esposo, Cecilio, que cumpría condena no Centro Penitenciario da Lama.

Nunha das costuras dun calzón vermello que ía dentro do paquete, a acusada agachou un pequeno envoltorio con 0,307 gramos de cocaína, cunha riqueza do 61,03% e un valor de 27,25 €, coa intención de que chegase a poder do seu marido. Para tal efecto, entregoulle o paquete ao seu irmán, o tamén acusado Pio, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, quen xa solicitara cita previa para comunicarse co seu cuñado no Centro Penitenciario da Lama o mesmo día 12 de outubro de 2013. O acusado sabía da substancia que ía agochada nun calzón e, coa finalidade de que chegase ao amentado interno, entregou o paquete no Departamento de Comunicacións Exteriores do centro penitenciario, se ben non chegou ao seu destinatario porque foi detectada polos servizos do centro.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

No escrito de conclusións provisionais que o fiscal presentou ao abeiro dos artigos 650 e 781.1 da Lei de axuizamento criminal, solicitaba como probas as seguintes: o interrogatorio dos acusados; a testemuñal do funcionario de prisións con número de carné profesional 24361; a pericial de Rocío e do policía nacional con número de carné profesional NUM006 ; a documental do actuado e, en especial, a das follas que indicaba, así como a copia das gravacións que reclamaba do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra. Estas gravacións correspondían ás conversas telefónicas recibidas no teléfono NUM007, cuxa usuaria era a acusada Milagrosa, os días 12, 14 e 15 de outubro de 2013, gravacións que foran acordadas nas dilixencias previas 1489/2013.

A defensa do acusado Pio, no escrito de conclusións provisionais que presentou ao abeiro do artigo 784.1 da Lei de axuizamento criminal, no relativo á proba só solicitou o interrogatorio dos acusados. E deseguido impugnou: a acta de recepción e o informe de análises de substancias de Rocío, cuxas conclusións non aceptaba; o informe sobre a valoración de substancias da Policía Nacional, cuxas conclusións tampouco aceptaba; e a documental consistente no oficio do centro penitenciario, o informe de incidencias, o informe do xefe de servizos, a acta de denuncia e xustificante de paquete, que de ningún xeito admitía ou aceptaba. Alegou que non quedara asegurada a cadea de custodia polos motivos que indicaba. Impugnou tamén as gravacións a que facía referencia o fiscal no seu escrito de conclusións provisionais, cuxas transcricións, dicía, supostamente eran as que se achegaran ás actuacións, que, de novo, de ningún xeito admitía ou aceptaba. E, por último, solicitaba que, con carácter previo ao xuízo, se lle entregase unha copia das gravacións que reclamaba o fiscal, incluídos os ficheiros de audio dos números de abonado e os datos de xeolocalización.

A defensa de Milagrosa, en idéntico trámite, solicitou os mesmos medios de proba que o fiscal, co engadido da pericial do policía nacional con número de carné profesional 66237.

O primeiro día sinalado para a vista desta causa -o 29 de novembro de 2016- deuse conta da presentación dun escrito por parte da defensa do acusado Pio -ao cal se adheriu a defensa de Milagrosa en que, en esencia, se reflectía o seguinte: que non aceptaba que o informe pericial fose ratificado por unha persoa distinta do seu autor; e que só se lle dera traslado das transcricións das escoitas telefónicas e non dunha copia das gravacións, o que lle impedía comprobar se estas se correspondían ou non coas transcritas nas actuacións, e se as persoas que nelas interviñan eran ou non os acusados. Reiteraba a impugnación das escoitas telefónicas porque non reflectían ningunha conversación que se puidese atribuír ao acusado e porque, en todo caso, carecerían de cobertura xudicial e vulneraban o principio de especialidad . Como se reflicte na acta realizada o día daquela vista, a fiscala amosou a conformidade co alegado do xeito indicado polas partes e o Tribunal suspendeu o xuízo por tal motivo.

O día 2 de febreiro de 2017, segundo día que se intentou para a vista oral, a defensa de Pio ratificouse no escrito que presentara na véspera e insistiu na impugnación das escoitas telefónicas e na ruptura da cadea de custodia e a vulneración do artigo 50 do Regulamento penitenciario, ao cal se adheriu a defensa da acusada Milagrosa . Entón acordamos a suspensión da vista para que os arquivos informáticos achegados ao presente procedemento puidesen ser oídos polas partes na Secretaría desta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra. Así se fixo ao seguinte día, tras o cal a defensa do acusado volveu a presentar outro escrito en que daba por reproducida a impugnación realizada nos seus anteriores escritos, e mesmo a ampliaba e remataba por solicitar a práctica dunha nova pericial informática nos termos que reflectía no seu escrito. A esta nova pericial opúxose o fiscal, este Tribunal rexeitouna e, por fin, deu comezo a vista oral.

Segundo

O relativo ás escoitas telefónicas.-En primeiro lugar, é mester deixar constancia de quen as acordou, onde e como chegaron ás presentes actuacións:

  1. Por mor dos feitos que agora nos ocupan, a Dirección do Centro Penitenciario da Lama enviou o 30 de outubro de 2013 ao xulgado de instrución de garda de Pontevedra as correspondentes dilixencias.

  2. Logo da correspondente quenda, o 4 de novembro de 2013 foron enviadas ao Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, que, por un auto do 20 de febreiro de 2014, incoou as dilixencias previas 4118/2013 . Na amentada resolución acordábase agardar polo resultado da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR