SAP Pontevedra 37/2017, 21 de Febrero de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:318
Número de Recurso37/2017
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución37/2017
Fecha de Resolución21 de Febrero de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00037/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36060 41 2 2015 0001718

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000037 /2017 -PDelito/falta: ATENTADO

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Victorio

Procurador/a: D/Dª MONTSERRAT FERNANDEZ NAZAR

Abogado/a: D/Dª MARIA MERCEDES BUGALLO VARELA

SENTENZA NÚM. 37/2017

==============================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez

==============================================================

Pontevedra a, vinte e un de febreiro de dous mil dezasete.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación nº 37/17, interposto polo Ministerio Fiscal, contra a sentenza ditada polo Xdo. do Penal nº 1 de Pontevedra no Procedemento Abreviado nº 263/2016. Constituíronse como partes como recorrente o Ministerio Fiscal, e como apelado Victorio, e actuou como relator o maxistrado don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 26/10/2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Que debo condenar y CONDENO a D. Victorio, como autor criminalmente responsable de un delito de resistencia a agentes de la autoridad, a la pena de SEIS MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena.

-Sin pronunciamiento en cuanto a las faltas de lesiones, el acusado deberá indemnizar al Agente NUM000 en 431 euros, y al Agente NUM001 en 600 euros.

Se imponen al acusado las costas del juicio."

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"ÚNICO.- Sobre las 16:40 horas del día 24 de marzo de 2015, los Agentes de la Guardia Civil con TIP NUM000 y NUM001 . Interceptaron al acusado Ceferino, mayor de edad, cuando se encontraba en la zona de Gradín de la localidad de A Illa de Arousa, pues portaba una bolsa en la que, como se comprobó con posterioridad, llevaba almeja obtenida furtivamente.

El acusado, lejos de atender los requerimientos de los Agentes para que se identificase, los mandó a "tomar por culo" y comenzó a correr, y cuando el Agente NUM001 salió en su persecución lo agarró, el acusado Ceferino, con ánimo de menoscabar el principio de autoridad y representándose la posibilidad de menoscabar la integridad física del Agente, se resolvió y le propinó dos patadas, momento en que acudió en auxilio de su compañero elAgente NUM000, iniciándose entre ellos un forcejeo en el curso del cual el acusado lanzó varias patadas, una de las cuales alcanzó al segundo de los Agentes en el cuello.

Como consecuencia de los hechos, el Agente NUM000 sufrió lesiones consistentes en cervicalgia aguda y erosión en rodilla izquierda, para cuya sanidad precisó de una primera asistencia y curó, sin secuelas, en 12 días, de los cuales 2 fueron impeditivos.

Por su parte, el Agente NUM001 sufriò lesiones consitentes en tendinitis de rotadores acronio claviculas derecha, para cuya sanidad precisó de una primera asistencia y curó, sin secuelas, en 17 días, de los cuales 3 fueron impeditivos."

Segundo

Contra a devandita sentenza, o Ministerio Fiscal, interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 21/02/2017.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse os feitos probados da sentenza contra a que se apela, se ben se corrixe neles o nome do acusado: substitúese Ceferino polo real de Victorio .

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Victorio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de resistencia, previsto e penado no artigo 556.1 do vixente Código penal. O fiscal presentou un recurso de apelación contra a sentenza do maxistrado xuíz a quo e solicita a súa revogación parcial no sentido de que o acusado sexa condenado non por un delito de resistencia, senón por un delito de atentado dos artigos 550.1 e 2 do actual Código penal. O propio acusado tamén presentou un recurso de apelación perante esta alzada e solicita a rebaixa da pena imposta de 6 meses de prisión á de 3 meses.

Segundo

O recurso de apelación do fiscal baséase no erro por non aplicarse o artigo 550.1 e 2 do Código penal. Segundo o recorrente, quedou probado un verdadeiro acto de acometida por parte do acusado a un dos axentes da Garda Civil, o que merece a devandita tipificación legal en que teima nesta alzada. Deseguido transcribe un anaco da STS do 21 de xullo de 2014 en apoio da súa tese. E en concreto delimita a existencia do referido atentado no feito de que cando o acusado, Victorio, intentou fuxir do lugar e foi alcanzado e agarrado por un dos dous axentes da Garda Civil, se xirou e revolveu contra este e lle deu dúas patadas o que,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR