AAP Pontevedra 117/2017, 9 de Febrero de 2017

JurisdicciónEspaña
EmisorAudiencia Provincial de Pontevedra, seccion 2 (penal)
Fecha09 Febrero 2017
Número de resolución117/2017

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00117/2017

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: PA

Modelo: 662000

N.I.G.: 36039 41 2 2014 0004589

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0001172 /2016-IJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000367 /2016

RECURRENTE: CONSORCIO DE COMPENSACION DE SEGUROS

Procurador/a:

Abogado/a: ABOGADO DEL ESTADO

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a:

Abogado/a:

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez

AUTO NÚM. 117/2017

Pontevedra, nove de febreiro de dous mil dezasete. FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra, ditou unha providencia con data do 14/10/2016, na que acordou rexeitar ter por parte ao CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS no procedemento, sen prexuízo de que como interesada puidese ter acceso ás actuacións. Segundo.- Contra o dita resolución o Avogado do Estado habilitado para a representación e defensa procesual do Consorcio de Compensacións de Seguros, formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 21/11/2016, presentado un recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse testemuño de particulares a este Tribunal para a súa resolución.

Sinalouse o 07/02/2017, para deliberación preceptiva a resolución do recurso.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por unha providencia do 14 de outubro de 2016, a maxistrada xuíza a quo rexeitou, ao abeiro do artigo 764.3 da Lei de axuizamento criminal, a posibilidade de que o Consorcio de Compensación de Seguros se constituíse en parte, sen prexuízo de que puidese ter acceso ás actuacións. Mediante un auto do 21 de novembro de 2016 a mesma maxistrada xuíza da instancia rexeitou o recurso de reforma que o Consorcio de Compensación de Seguros presentara contra a primeira das nomeadas resolucións xudiciais. Acode agora en apelación perante esta alzada e solicita a revogación daquela providencia, por la que se despoja al Consorcio de la condición de parte procesal de responsable civil que viene ostentando en el proceso de autos . A fiscala oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Alega o recorrente que o auto do 21 de novembro de 2016 polo que se rexeitou o seu recurso de reforma non abordou nin se pronunciou verbo da primeira cuestión que suscitou, que era a relativa ao respecto das resolucións xudiciais firmes nas propias actuacións, a teor das cales, segundo a súa interpretación, o Consorcio de Compensación de Seguros xa estaba constituído en parte e como tal era obxecto de consideración nunha serie de actuacións que escolmaba. Porén, cómpre deixar ben nidio que a amentada alegación se realiza a partir da pretendida afirmación apodíctica consistente en que o Consorcio de Compensación de Seguros xa estaba constituído en parte no procedemento. E, porén, en ningunha das actuacións en que o propio recorrente pretende afianzar tal aserto se pode albiscar tal tratamento.

O escrito da fiscalía polo que se solicitaba que se comunicase ao Consorcio de Compensación de Seguros a existencia do procedemento abofé que non serve para ter o recorrente como constituído en parte, xa que o único autorizado para outorgarlle tal condición é o Xulgado. O feito de que o propio Consorcio presente un escrito polo que, segundo el, se mostra como parte nas actuacións como responsable civil non merece maiores comentarios nin diferenzas cos escritos do mesmo teor doutras partes mentres quen ten competencia para facelo non lle atribúa a condición de parte procesual. As manifestacións por escrito do Consorcio verbo do ingreso dunha cantidade de cartos na conta xudicial e o feito de que o Xulgado tivese por feitas aquelas, sen máis, tampouco lle outorgaba a condición de parte nin moito menos consolidaba o que se amosaba inexistente. A circunstancia de que o fiscal, no seu escrito de acusación, solicitase do Consorcio o pagamento de determinadas cantidades non significa que estivese constituído en parte nin que o tivese como tal o Xulgado, por moito que este despois decretase a apertura do xuízo oral e identificase o órgano competente para o coñecemento e decisión da causa. O traslado para os efectos do artigo 784.1 da Lei de axuizamento criminal tampouco lle confería a condición de parte ao agora apelante. Que, como consecuencia do anterior, presentase un escrito non implicaba máis que que as súas posibilidades de defensa quedaron cumpridamente garantidas e anulada toda idea de posible indefensión. E outro tanto é mester dicir do feito de que o anterior escrito se achegase ás actuacións e se tivese por consumado o traslado concedido á representación e defensa do Consorcio de Compensación de Seguros. Xa que logo, ningunha das anteriores resolucións xudiciais ou dilixencias do letrado da Administración de xustiza tiveron o Consorcio de Compensación de Seguros por constituído en parte nas actuacións cuxo testemuño agora examinamos.

Terceiro

A propia maxistrada xuíza da instancia xa cita unha resolución anterior nosa en apoio da imposibilidade de ter por constituído en parte o agora recorrente en apelación, o Consorcio de Compensación de Seguros. Efectivamente xa no noso AAP, Penal, Sección 2ª, do 7 de xuño de 2010 (ROJ: AAP PO 519/2010

- ECLI:ES:APPO:2010:519A) tivemos ocasión de razoar o seguinte:

No noso auto do 30 de xuño de 2006 diciamos:

  1. - Motivo do recurso: intervención da aseguradora no proceso penal.

    A resolución contra da que se apela -ditada en procedemento abreviado polo Xulgado do Penal- négalle á aseguradora a posibilidade de ter intervención no xuízo oral e, en consecuencia, de solicita-la práctica de proba nese acto. A apelante é a aseguradora contra da que pide a acusación que sexa condenada a facer pagos por razón do seguro obrigatorio de responsabilidade civil derivada de tráfico viario.

    O recurso de apelación fúndase na falta de ocasión para alegar que a pretensión de ser condenada é improcedente.

  2. - Doutrina constitucional e regulamentación legal.

    A respecto desa cuestión é ben coñecida a doutrina do TC, que lembra o ATC 327/1991 : "[...] por lo que se refiere en concreto a la intervención de las Compañías aseguradoras en los procesos penales, este Tribunal ha venido declarando que, si bien con carácter general debe reconocerse el derecho de las mismas a estar presentes en todas las modalidades de dicho proceso - incluido el juicio de faltas-, este derecho ha de ser objeto de matización por tener en su desarrollo menor alcance que el propio de la acción criminal, debiendo limitarse las citadas Compañías a ejercer su defensa en relación con el objeto indemnizatorio o de resarcimiento ( SSTC 4/1982, 48/1984, 18/1985, 114/1988 y 57/1991 ). Y, en este sentido, la intervención que se permite a las entidades aseguradoras es aún más restringida cuando se trata no ya de responsabilidad subsidiaria o emanada de seguros voluntarios, sino de responsabilidad directa originada por la existencia de un seguro obligatorio; en cuyo caso, y de conformidad con lo dispuesto en el párrafo 3 de la regla quinta del art. 784 LECrim [hoxe 764.3º ], no podrá tenérseles por parte en el proceso ni podrán discutir el fondo del asunto, ya que, al emanar en tal caso su responsabilidad no del delito sino del contrato, debe excluirse que su defensa tenga por objeto de referencia el enjuiciamiento y la calificación jurídico-penal del autor del delito o falta ( STC 48/1984, fundamento jurídico 6º) [...]." Daquela, "[...] habría sido suficiente con una audiencia contradictoria sobre la existencia del seguro de responsabilidad civil y en consecuencia de la obligación de pago [...]."

    A tal esixencia de evita-la indefensión diríxese o devandito artigo 764.3º da LACr cando advirte de que o dereito de defensa en relación coa obriga de afianzar, e, xa que logo, de aboar, pode ser alegado e que o escrito será admitido e se ditará a resolución logo da tramitación na peza correspondente.

    Isto implica a total expulsión da peza principal e con ela do acto do xuízo oral.

    En consecuencia, nada é máis gratuíto ca pretender que esa exclusión atinxe soamente á discusión da acción penal e non ó debate a respecto da acción civil.

    Como gratuíto tamén é limita-la regulamentación do artigo 764 á adopción de medida cautelar. Como indicou o TC, tal debate a respecto da lexitimación como parte abonda para a defensa da aseguradora. Outra cousa será a posibilidade de utiliza-la canle dos recursos cando tal lexitimación pasiva sexa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR