SAP Pontevedra 44/2017, 2 de Febrero de 2017

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2017:197
Número de Recurso447/2016
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución44/2017
Fecha de Resolución 2 de Febrero de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00044/2017

N00050

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

ML

N.I.G. 36057 42 1 2015 0012111

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000447 /2016

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 7 de VIGO

Procedimiento de origen: JUICIO VERBAL 0000663 /2015

Recurrente: C.P. TRAVESIA000 NUM000 EN VIGO

Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS

Abogado: JUAN MANUEL REGAL MENENDEZ

Recurrido: Luis Francisco

Procurador: ALBERTO VIDAL RUIBAL

Abogado: ROGELIO GONZALEZ CARRACEDO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra constituida en Tribunal Unipersoal polo Ilmo.Sr. Maxistrado D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 44/17

En Vigo, dous de febreiro de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de Xuízo Verbal 663/2015 procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 7 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 447/2016 nos que aparece como parte apelante-demandado COMUNIDAD PROPIETARIOS TRAVESIA000 NUM. NUM000 representada polo/a procurador/a D./D.ª María Jesus Nogueira Fos e asistida do/da letrado/a D./D. Juan Manuel Regal Menendez e como parte contra da que se apela e demandante D. Luis Francisco, representada polo/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal e asistida do/da letrado/a D./D.ª Rogelio González Carracedo.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo, con data do 4/4/2016, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando la demanda promovida por el procurador D. Alberto Vidal Ruibal en nombre y representación de D. Luis Francisco frente a la comunidad de propietarios TRAVESIA000, NUM000 " EDIFICIO000 ", debo condenar y condeno a la misma a abonarle la cantidad de 2.026,37 E más los intereses legales correspondientes desde la fecha de la presente resolución, con imposición de las costas causadas."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª María Jesus Nogueira Fos, en representación de COMUNIDAD DE PROPIETARIOS TRAVESIA000 NUM. NUM000, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Como a Comunidade de propietarios demandada, e agora recurrente, non fai especial fincapé

sobre se o actor ten dereito a percibir honorarios polos seus servizos de administrador da comunidade, e como ese dereito colíxese palmariamente, en todo caso, da acta da Xunta Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios, de data 21 de maio e 2014, na que se recoñece unha débeda por "honorarios" de 4.440 euros, a problemática desta alzada fica circunscrtita real e unicamente a determinar se habería xusta causa para cesar ao administrador nas súas tarefas, o que debemos decidir á luz das distintas probas que existen na lite, e que procedemos examinar novamente, no obrigado exercicio da nosa función revisora das probas, derivada da natureza, de segunda instancia, do recurso de apelación.

Primeiramente, atopámonos xa cunha dificultade inicial, derivada de que, ao non existir un contrato escrito entre as partes contratantes, no que se especificaran explicitamente os dereitos e obrigas das mesmas, non resulta doado dirimir a cuestión, dificultade á que temos que agregar outra, e que estriba na falta de precisión da parte demandada ao denunciar o incumprimento contractual do administrador demandante. Os escollos observados teríamos que salvalos entón acudindo ás regras xerais aplicables ás obligacións e contratos, dos artigos 1088 e seguintes do Código Civil, e principalmente, ás normas reguladoras do contrato de arrendamento de servizos, dos artigos 1544, 1546 e 1583 e seguintes do mesmo texto legal .

En efecto, imputacións feitas pola comunidade demandada ao actor, no senso da existencia de tensión entre este e os comuneiros -con algún deles-, da perda de confianza no administrador, da falta de información a aqueles - non a todos tampouco- ou, en fin, da falta de transparencia na xestión do demandante, son afirmacións que pola súa xeralidade, precisan de concreción e probas para que poidan amparar ó cese lexítimo do administrador, levado a cabo pola comunidade, e que lle exonerarían de indemnizar ao anterior.

Pero é que, en segundo termo, as probanzas ofrecidas non corroboran en absoluto os incumprimentos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR