SAP Pontevedra 246/2016, 20 de Diciembre de 2016

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2016:2646
Número de Recurso27/2016
ProcedimientoTribunal del Jurado
Número de Resolución246/2016
Fecha de Resolución20 de Diciembre de 2016
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra - Tribunal Jurado

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00246/2016

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

Equipo/usuario: MM

Modelo: 530650 SENTENCIA. TRIBUNAL DEL JURADO. ART. 70 L.O.T.J .

N.I.G: 36038 43 2 2015 0010204

Rolo: TJ TRIBUNAL DEL JURADO 0000027 /2016 I

Órgano Procedencia: XDO. DE INSTRUCIÓN N. 3 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixe: TRIBUNAL DEL JURADO 0002928 /2015

Acusación: MINISTERIO FISCAL, XUNTA DE GALICIA

Avogado/a: LETRADO COMUNIDAD

Contra: Armando

Procuradora: MARIA ANGELES GERPE ALVAREZ

Avogado: JOAQUIN EUGENIO AGUADO AGELET

SENTENZA NÚM. 246

==========================================================

MAXISTRADO PRESIDENTE:

ILMO SR. D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO

==========================================================

Pontevedra, 20 de decembro de 2016

Foi vista en xuízo oral e público, ante o tribunal do xurado, a presente causa de procedemento da Lei do xurado número 27/2016 , procedente do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra e seguida polo trámite do tribunal do xurado 2928/2015 polo delito de asasinato , contra Armando , con DNI número NUM000 , nacido o NUM001 de 1981 en Soutomaior (Pontevedra), fillo de Inocencio e de Verónica , con antecedentes penais cancelables, cuxa solvencia non consta, en prisión provisional por esta causa desde o 25 de outubro de 2015, representado pola procuradora dona María Ángeles Gerpe Álvarez e defendido polo avogado don Joaquín Eugenio Aguado Agelet .

Interveu como parte acusadora o Ministerio Fiscal, representado por dona Rosalina Carrera Cotado, e, como acusación popular, a Xunta de Galicia, representada pola letrada dona María Jesús Nóvoa Suárez.

É maxistrado presidente don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO .

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro. O Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra remitiu a esta Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra o procedemento da lei do xurado que se seguiu co rolo 27/2016 .

Segundo. O Ministerio Fiscal , no seu escrito de conclusións provisionais, cualificou os feitos do modo seguinte:

UN DELITO DE ASESINATO, CON ALEVOSÍA , previsto y penado en el artículo 139.1-1ª del Código Penal .

UN DELITO DE HURTO DE USO DE VEHÍCULO DE MOTOR AJENO , previsto y penado en el artículo 244.1 del Código Penal .

De ambos delitos es autor directo y material Armando conforme a lo dispuesto en los artículos 27 y 28, párrafo 1°, del Código Penal .

Respecto del delito de asesinato concurre la circunstancia AGRAVANTE de PARENTESCO prevista en el artículo 23 del Código Penal .

De acordo co anterior, solicita que se impoña ao acusado:

- Por el delito de asesinato: las penas de VEINTE AÑOS de PRISIÓN con la pena accesoria legal de INHABILITACIÓN ABSOLUTA durante el tiempo de la condena. Y de conformidad con lo previsto en los artículos 48.1 y 57.1 y 2 del Código Penal , la pena accesoria legal de PROHIBICIÓN de RESIDIR en y de ACUDIR al término municipal de Pontesampaio, al lugar de Acevedo y a la ciudad de Pontevedra durante un tiempo de VEINTICINCO AÑOS . Y, de conformidad con lo dispuesto en los artículos 140 bis , 95 , 96.3-3 ª, 105, párrafo 1°-inciso 2 °, 105.2 -a), 106.c), e ) y f) (respecto de los familiares de la víctima ya reseñados), 106.2, todos ellos del CP , la MEDIDA DE SEGURIDAD DE LIBERTAD VIGILADA durante OCHO AÑOS .

- Por el delito de hurto de uso de vehículo de motor ajeno, la pena de MULTA DE UN MES con una cuota diaria de 6 euros , y con la responsabilidad personal subsidiaria prevista en el artículo 53 del CP en el caso de impago total o parcial de la misma.

Costas.

En concepto de responsabilidade civil , o Ministerio Fiscal solicita que o acusado, consonte o disposto no artigo 116.1 do Código penal , deberá indemnizar a:

- Milagros [ sic , error por " Amparo "] y Ceferino , padres de la víctima, en la cantidad de 60.000 euros para cada uno.

- Y sus hermanos, Ruth , Joaquín y Catalina en la cantidad de 20.000 euros para cada uno.

Además indemnizará a Milagros [ sic , error por " Amparo "], como propietaria del vehículo, en la cantidad de 600 euros, por el valor venal del mismo incrementado en un 50%.

Todas estas cantidades deberán además incrementarse con los intereses que correspondan de conformidad con lo establecido en el artículo 576 de la LEC .

Terceiro. A acusación popular , no seu escrito de conclusións provisionais, cualificou os feitos do modo seguinte:

Un delito de asesinato con alevosía del artículo 139.1 CP .

Es responsable en concepto de autor, art. 28 del Código Penal , el acusado, DON Armando .

Concurre la circunstancia modificativa de la responsabilidad criminal agravante de PARENTESCO del artículo 23 del CP .

Procede imponer al acusado la pena correspondiente de 20 años de prisión e inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de condena y costas por ASESINATO consumado.

En concepto de responsabilidade civil , a letrada da Xunta de Galicia solicita que o acusado deberá:

[...] indemnizar en los términos que determine el Ministerio Fiscal por el delito de asesinato a la familia de la víctima.

Cuarto.- A cualificación provisional da defensa foi a seguinte:

Los hechos son constitutivos de un delito de homicidio tipificado en el artículo 138 del Código Penal .

Del referido delito es responsable mi defendido [ Armando ] en concepto de autor, conforme al artículo 27 y 28 del CP .

Ademais relatou que o seu defendido:

[...] mostró su arrepentimiento, confesando los hechos, además de sufrir graves problemas psiquiátricos, que por desgracia influyeron de forma decisiva en los hechos, y en consecuencia modifican su responsabilidad criminal como atenuantes recogidos en el art. 21.4 del CP , en concreto en su apartado 3, la de obrar por causas o estímulos tan poderosos que hayan producido arrebato, obcecación u otro estado pasional de entidad semejante, la del apartado número 4, la del reconocimiento de los hechos, y en su caso para [el caso] de que el jurado no estimase de forma absoluta esta atenuante, entendemos que en cualquier caso proceda subsidiariamente el apartado 21.7 [del CP], la atenuante analógica de confesión tardía de los hechos.

E solicitou que se lle impuxese ao seu defendido a pena de prisión de dez anos .

Quinto.- Tras seren recibidos os testemuños e constituídas as partes, con data do 18 de xullo de 2016 precisáronse os feitos axuizables, acordouse a procedencia dos medios de proba propostos e, para a vista do xuízo oral, sinaláronse os días 12, 13, 14, 15 e 16 de decembro de 2016. Nos días seguintes resolvéronse as escusas e recusacións presentadas, e quedaron un total de 25 candidatos a xurado.

O día sinalado para o xuízo examináronse previamente os candidatos a xurado e designáronse por sorteo os nove titulares:

- Don Juan Manuel

- Don Cesareo

- Don Imanol

- Don Sabino

- Dona Estela

- Dona Sagrario

- Dona Constanza

- Don Agustín

- Dona Paula

E os dous suplentes:

- Dona Bibiana

- Don Eutimio

Unha vez designado o xurado, comezou o acto do xuízo o día 12 de decembro e foron practicándose nos días sucesivos os medios de proba admitidos.

Sexto.- Finalizada a práctica da proba, o Ministerio Fiscal modificou as súas conclusións provisionais no único senso de engadir no primeiro feito do seu escrito, no terceiro parágrafo, ao describir a arma, que medía "en torno a los dos con tres cm de ancho hasta donde penetró el arma".

A acusación popular en igual trámite mudou as súas conclusións en definitivas.

Do mesmo xeito, a defensa mudou en definitivas as súas conclusións provisionais, agás no referente á responsabilidade civil, xa que a modifica para admitir as contías solicitadas polo Ministerio Fiscal.

Sétimo.- Logo do informe das partes, entregouse o obxecto do veredicto ao xurado, que o someteu a deliberación e votación, e redactouse unha acta que recolleu o seu parecer e que foi lida en audiencia pública. Tras esta, as partes informaron sobre a pena e a responsabilidade civil, remitíndose aos seus escritos de conclusións definitivas.

FEITOS PROBADOS

O xurado, por unanimidade, declarou probados no seu veredicto os seguintes feitos:

  1. - Sobre as 3:30 horas do día 24 de outubro de 2015, o acusado, Armando , apostouse nos arredores do domicilio de Milagros , situado na RUA000 , número NUM002 , da parroquia de DIRECCION000 , Pontevedra, agardando a súa chegada.

  2. - Cando chegou Milagros conducindo o vehículo de motor da marca Peugeot, modelo 205, matrícula Y-....-UZ , o acusado, Armando , díxolle que quería falar con ela e, co seu consentimento, subiu ao coche. Xa no seu interior comezaron a rifar e, sobre as 3:45 horas, o acusado, co ánimo de acabar coa vida de Milagros , de súpeto, de xeito sorpresivo, sen que ela puidese reaccionar e defenderse, atacouna cunha arma branca que levaba consigo, monocortante, moi afiada, cun ancho de, polo menos, 2,3 cm e unha lonxitude mínima de 8 cm, e feriuna no momento e mesmo a continuación, cando ela logrou saír do coche, e o acusado volveu a cravarlle a arma branca varias veces.

  3. - Milagros sufriu 20 feridas producidas por arma branca situadas na cara, pescozo, tórax, brazo e man dereitos, así como na outra man e na cara posterior do hemitórax esquerdo. Tres delas foron tan graves que lle ocasionaron a morte case inmediata por hemorraxia masiva e shock hipovolémico: unha ferida incisa situada na base do pescozo, cara lateral esquerda, que penetrou no tórax e afectou a vea xugular; e dúas feridas incisas situadas na cara anterior do tórax, que afectaron estruturas vitais -pulmón esquerdo e tronco da arteria pulmonar-.

  4. - Ao escoitar os berros dun veciño do lugar, o acusado, Armando , apoderouse do vehículo de motor en que chegara Milagros , propiedade da súa nai, Amparo , e que aínda tiña as chaves postas, coa finalidade de fuxir do lugar. Percorreu con el distintas vías ata que, por non poder seguir usándoo, o deixou abandonado no monte, nunha pista forestal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR