SAP Pontevedra 207/2016, 26 de Octubre de 2016

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2016:2161
Número de Recurso805/2016
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución207/2016
Fecha de Resolución26 de Octubre de 2016
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00207/2016

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2015 0001245

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000805 /2016 I

Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL NÚM. 1 DE PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: PROCEDEMENTO ABREVIADO

Delito/falta: INSOLVENCIA PUNIBLE

APELANTE: INTURASA PEREZ RUMBAO

Procurador/a: JOSE MANUEL DOMINGUEZ LINO

Abogado/a: LUIS ANTONIO IGLESIAS PAZ

APELADO: Pelayo, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: JOSE MANUEL LEMA MAQUIEIRA

Abogado/a: CARLOS DOMINGUEZ PEÑA

SENTENZA Nº 207

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez (Suplente)

==========================================================

Pontevedra a, vinte e seis de outubro de dous mil dezaseis.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 805/2016, o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. José Manuel Domínguez Lino, en representación de Inturasa Pérez Rumbao SA contra a sentenza ditada no procedemento PA: 62/2016 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado . ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do catorce de xullo de dous mil dezaseis, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo absolver y disuelvo libremente a Pelayo del delito de insolvencia punible de que venía siendo acusado, con declaración de oficio de las costas causadas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"UNICO.- El acusado Pelayo, mayor de edad y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, llevó a reparar el vehículo de su propiedad, un tractocamión matrícula ....-LZH, a las instalaciones de la Entidad INTURASA PÉREZ RUMBAO S.A. ascendiendo el importe de la reparación a

20.300 euros, según factura de fecha 28 de octubre de 2009.

Según pactaron ambas partes, el acusado se comprometía a abonar el importe de dicha factura en cuatro plazos de 5.075 euros cada uno, con vencimiento el día 15 de enero, 15 de febrero, 15 de marzo y 15 de abril de 2010, respectivamente.

El día 20 de julio de 2010, la Entidad INTURASA PÉREZ RUMBAO S.A. present6 contra el acusado demanda de juicio ordinario en reclamación de la suma adeudada por la reparación del vehículo. Emplazado el demandado el día 9 de diciembre de 2011 y declarado en rebeldía, en fecha 22 de junio de 2012 el Juzgado de Primera Instancia n° 3 de Pontevedra dict6 sentencia en la que conden6 al acusado a abonar a INTURASA la suma de 23.617,63 euros (importe de la reparación más gastos de devolución de efectos impagados).

En el proceso de ejecución derivado de dicha sentencia, la Entidad ejecutante intent6 trabar embargo sobre el camión ....-LZH, pero no fue posible porque el día 31 de enero de 2011 el acusado había firmado con la empresa TRAS GAR GES S.L. un contrato de leasing con opción de compra respecto del camión matrícula ....-LZH, recibiendo por la operación la suma de 51.920 euros.

No consta que Pelayo transmitiera la propiedad del camión mediante la operación referida con la finalidad de frustrar o dificultar el cobro del derecho de crédito que INTURASA PEREZ RUMBAG ostentaba frente a él."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 25 de outubro de 2016.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Pelayo, foi absolvido na instancia do delito de insolvencia punible do artigo 257.1.1 º e 2º do Código penal, polo que fora acusado polo fiscal e pola acusadora particular Inturasa Pérez Rumbao, SA. Acode agora esta en apelación na procura de que se condene o amentado acusado consonte o solicitado por ela nas súas conclusións definitivas e, subsidiariamente, que se repita a práctica de todas as probas nesta alzada antes do pronunciamento condenatorio que reitera. O fiscal e a defensa do acusado opóñense a que acollamos a impugnación.

Segundo

En idéntica liña que en anteriores resolucións deste mesmo Tribunal, consideramos que non estamos no suposto previsto pola xurisprudencia que deu orixe á doutrina sentada dende a STC 167/2002, do 18 de setembro . Non concorre ningún dos supostos do artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal, por practicarse no xuízo oral realizado na instancia todos os medios probatorios propostos. O TC non impón como obrigatoria a repetición da vista ou a práctica das probas na alzada. De xeito ben nidio se colixe, entre outras, das SSTC 48/2008, do 11 de marzo, e 22/2013, do 31 de xaneiro, segundo as que: Ni la STC 167/2002 ni las numerosas Sentencias posteriores que han aplicado y perfilado su doctrina en torno a las garantías procesales de inmediación y contradicción han cuestionado por restrictivo el sistema que nuestro Ordenamiento jurídico establece como sistema de apelación penal, según la propia denominación legal. No es el objeto de nuestra doctrina el análisis constitucional de los supuestos en los que se puede apelar, o las razones por las que puede hacerse, o los casos en los que la revisión debe conformar la práctica y la valoración de la prueba.

[...] "La doctrina que parte de la STC 167/2002 no comporta que deban practicarse necesariamente nuevas pruebas en apelación cuando los recurrentes cuestionen los hechos declarados como probados, cuestión que sólo al legislador corresponde decidir en su competencia de configuración de los recursos penales, sino únicamente que al órgano judicial le está vedada la valoración de las pruebas personales que no se hayan practicado ante él: que "en el ejercicio de las facultades que el art. 795 LECrim otorga al Tribunal ad quem deben respetarse en todo caso las garantías constitucionales establecidas en el art. 24.2 CE " (FJ 11).

Fóra dos supostos legalmente previstos, nos casos de pronunciamentos absolutorios na instancia a parte denunciante non pode pretender que teña lugar un novo xuízo na alzada con reiteración dos mesmos medios probatorios xa practicados perante o Xulgado a quo, a xeito de nova oportunidade para conseguir unha resolución xudicial que satisfaga os seus intereses de parte ou, cando menos, que os atenda de xeito parcial. E isto é o que sucede na presente causa, onde se solicita a realización dunha nova vista nesta alzada tan só coa razón de garantir o dereito de defensa da apelante, esquecendo así idéntico dereito dos apelados e a aludida imposibilidade legal de facelo, como xa sinalamos.

A recente STS, Penal, Sección 1ª, do 14 de xaneiro de 2016 (ROJ: STS 11/2016 - ECLI:ES:TS:2016:11) dende logo que se expresa moito mellor. A posibilidade de revogar pronunciamentos absolutorios redúcese a un dobre suposto e con distinto alcance:

Por un lado, a través del motivo de infracción de la ley al amparo del artículo 849.1 LECrim, con intervención de la defensa técnica pero sin audiencia personal del reo. De otro, cuando la pretensión punitiva de la parte recurrente no ha obtenido respuesta alguna del Tribunal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales
  • Jurisprudencia consultada
    • España
    • Alteración de las circunstancias en derecho de familia. Instituciones viejas para tiempos nuevos
    • 28 mai 2018
    ...SAP de Vizcaya de 28 junio de 2017 (JUR 2017\232216) SAP de Barcelona de 14 de febrero de 2017 (JUR 2017\129843) SAP de Pontevedra de 26 de octubre de 2016 (JUR\2016\254096) SAP de Jaén de 7 de septiembre de 2016 (JUR\2016\263784) SAP de Málaga de 15 de julio de 2016 (JUR\2016\265968) SAP d......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR