STSJ Galicia 490/2016, 11 de Octubre de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:7205
Número de Recurso15657/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución490/2016
Fecha de Resolución11 de Octubre de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00490/2016

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 45 3 2015 0000625

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015657 /2015 PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000169 /2015

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Maximo

ABOGADO VICTOR MANUEL VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS

PROCURADOR D./Dª. INMACULADA GRAIÑO ORDOÑEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de outubro dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15657/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dº Maximo, representado polo procurador Dª Graiño Ordoñez, dirixido polo letrado Dº.Vázquez-Portomeñe, contra o acordo de 15.05.2015 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

37.363,14 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 15.05.2015 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidacion e sanción IRPF anos 2008/09: auméntanlle a base impoñible declarada en 23.514,48 euros no ano 2008 e en 24.622,60 euros no ano 2009.

Estas cantidades resultan do contraste entre as cantidades declaradas coma ingreso da actividade (152.670 euros/2008 e 142.120,92 euros/2009), ingresos nas contas bancarias a nome do recorrente ( 155.560 euros/2008 e 143.051,61 euros/2009 ) e pagamento en efectivo das nóminas dos traballadores ( 20.624 euros/2008 e 23.691,69 euros/2009 )

O recorrente sostén que estas cantidades ingresounas a súa esposa e que derivan da súa actividade profesional coma titular dunha administración de loterías (o esposo é odontólogo).

O recorrente e a súa esposa están casados en réxime de separación de bens.

SEGUNDO

O recorrente alega que dispón de dúas contas ó seu nome ( núm. 2326 e 5932) e outras dúas conxuntamente coa súa esposa ( núm. 9536 e 1071 ); nas dúas primeiras cárganse gastos familiares ( luz, auga, calefacción, colexio dos fillos ) e o crédito hipotecario para a adquisición da vivenda ( 18.505,03 euros/2008 e 16..685,73/2009 ).

Para contribuir a ditos gastos a súa esposa facía ingresos en efectivo nas contas.

O recorrente opón á regulación: a) indefensión por: 1.- non admisión da proba proposta e b) mutación na FX entre o acta ( art. 134 LIS ) e a liquidación ( art. 108.2 LXT )- o recorrente non recoñeceu os datos que a AEAT dá coma indubidable ( pagamentos os traballadores con rendas xeradas no propio exercicio tributario )-,

  1. non procede a regularización e c) non proceden as sancións.

O letrado do Estado oponse a súa pretensión.

Verbo da 1ª cuestión; é certo que o recorrente solicitou a practica de proba, e propuxo a testemuñal do director da sucursal da Caixa onde tiña as contas é que ó respecto a AEAT non se pronunciou, o que sen dúbida é unha actuación irregular que provocou indefensión ó recorrente, xa que lle impediu achegar datos ó expediente e estos, evidentemente, non foron obxecto de apreciación pola administración; nembargantes: Hai que lembrar, en todo caso, que a doutrina xurisprudencial vén declarando de maneira constante que o cumprimento dos trámites formais (incluído o de audiencia) ten carácter instrumental e a súa omisión só provoca a anulación cando ocasiona unha efectiva indefensión ao interesado, polo que o seu inobservancia ou o seu defectuoso cumprimento han de analizarse tendo presente a finalidade que pretende lograrse con eles para, de existir defectos, procederse a unha xusta adecuación das consecuencias xurídicas coa entidade real do dereito mesmo, medida en función da quebra do fin último que o requisito formal pretendía servir, sendo definitiva a idea da indefensión material, pois non cabe ignorar a dimensión instrumental do devandito trámite, encamiñado a facer posible o correcto exercicio do dereito de defensa, de modo que se este non se ve impedido ou mermado pola omisión denunciada, non resulta procedente en ningún caso anudar á ausencia do trámite a ineficacia do acto recorrido.. No caso presente a omisión da administración corrixiuse en vía xudicial, o que fai que acordar unha retroacción de actuacións para que se practique a proba proposta careza de sentido, o que leva a que rexeitemos anulalas actuacións por esta causa. Verbo da segunda cuestión; é certo que existe unha discordancia entre a FX do acta de non conformidade é o acordo de liquidación e, inclusive coa resolución do TEAR, xa que aplican preceptos legais diferentes ós mesmos feitos para fundamentalas conclusións;...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR