STSJ Galicia 446/2016, 28 de Septiembre de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:7169
Número de Recurso15562/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución446/2016
Fecha de Resolución28 de Septiembre de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00446/2016

- Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 36057 45 3 2015 0000099

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015562 /2015 PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000047 /2015

Sobre: SEGURIDAD SOCIAL

De D./ña. Jorge

ABOGADO SUSANA COUÑAGO ANDRES

PROCURADOR D./Dª. JOSE CERNADAS VAZQUEZ

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR, TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL

ABOGADO LETRADO COMUNIDAD, TESORERIA GRAL.SEGURIDAD SOCIAL

PROCURADOR D./Dª.,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, vinte e oito de setembro dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15562/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dº Jorge, representado polo procurador Dº Cernadas Vázquez, dirixido polo letrado Dª Couñago Andrés, contra o acordo de 11.06.2014 da TXSS. É parte a Administración demandada a TXSS, representado polo letrado dos seus servizos xurídicos e a CONSELLERÍA DE TRABALLO, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é os acordos de 11.06.2014, 25.11.2014 e 29.01.2015 que anulan os altas do actor no réxime xeral da Seguridade Social en períodos do ano 2005-2007 -2008 e 2009.

Segundo resulta do expediente, o Sr. Jorge impartiu curso de CHAPISTA PINTOR DE VEHÍCULOS nun centro integrado de Formación Profesional . PROGRAMA FIP- en meses dos anos 2001 ó 30.12.2010.

No ano 2011 non se renovou o programa FIP e tras unha reclamación previa, presentou unha demanda por despido ( improcedente ) ante a xurisdiccion social; a sentenza de 29.07.2011 rexeitou a demanda. O TSX Galiza na sentenza de 27.01.2012 confirmou o criterio de instancia e, obiter dita, reflectiu a relación laboral do recorrente verbo da Consellería de Traballo. O TS rexeitou o 11.02.2013 o recurso de casación.

Coa sentenza a Inspección de Traballo levantou actas de liquidación de cotas da SS e a Tesourería procedeu a dalo de alta no período 06.05/2005 ó 02/12/2005, 30/07/2007 ó 31/12/2009. A Consellería formulou recurso e a TSXX acordou a nulidade do alta pola prescrición do dereito a percibilas cotas da SS.

SEGUNDO

O recorrente sostén que, establecida pola xurisdiccion social o carácter laboral da relación que mantiña coa Consellería, e para evitar favorecer condutas contrarias ás leis, procede dalo de alta na Ssª.

O letrado da TSXX opón que o efecto da sentenza do Xulgado do Social non é automático na relación xurídica de aseguramento ( STS 28.02.2010 ) senón que este se rexe pola súa normativa específica e no caso de altas de oficio con expedición de actos de liquidación, os efectos retroactivos quedan condicionados ó ingreso do importe dos actas. Dado que declarouse a prescrición do dereito de liquidación e cobro non é posible mantelo alta.

Verbo da sentenza do social ten razón o letrado da TXSS de que o seu efecto non é a automática alta na Seguridade Social; non só falarmos dunha sentenza desestimatorio senón que, como indica a STS ( social ) 03.02.2003 : esta Sala nas súas sentenzas de 29 ( RJ 2002, 5687) e 30 de abril de 2002 ( RJ 2002, 6159), seguidas por outras moitas, entre as que poden citarse as sentenzas 28 de xuño ( RJ 2002, 9086) e 2 de decembro de 2002 . Nelas establécese en síntese que «a xurisprudencia no noso ordenamento non crea normas e, por tanto, non cabe atribuír ou negar á doutrina jurisprudencial efectos retroactivos, pois tal eficacia temporal é propia das normas e non das resolucións xudiciais que as interpretan. Os pronunciamientos jurisprudenciales non son constitutivos, senón meramente declarativos, de tal sorte que o precepto que foi obxecto de interpretación jurisprudencial non se ve de ningún xeito modificado ou alterado por virtude da doutrina que o interpreta, senón que o seu significado e alcance foi sempre o mesmo desde que a norma legal ou regulamentaria da que aquel forma parte entrou en vigor, e seguirao sendo en tanto non se derrogue ou se modifique e, por iso, tamén os pronunciamientos da sentenza desta Sala do 29 de outubro de 1997 foron meramente declarativos e non constitutivos: o traballo dos subagentes de seguros aos que dita resolución alude era ou non era habitual antes de que a sentenza pronunciásese acerca diso, pois dita sentenza só declara o que xa estaba na expresión utilizada pola norma interpretada, e fronte ao sentido desta non cabe invocar, para manter unha interpretación anterior, os principios de seguridade xurídica e confianza lexítima».

Polo tanto, a sentenza do social non autoriza a prescindir da normativa que rexe as altas e baixas na Seguridade Social, o que se trata é de determinar a interpretación correcta e coherente da mesma. Clarexada esta cuestión o que se trata de determinar se a anulación do alta que acorda a TXSS, ó entender que esta prescrito o dereito a reclama-las cotas da SSª é correcta ou non; subliñamos que debemos partir da situación actual: declaración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR