STSJ Galicia 428/2016, 21 de Septiembre de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:6749
Número de Recurso15817/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución428/2016
Fecha de Resolución21 de Septiembre de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00428/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0001700

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015817 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Carlos Antonio

ABOGADO Carlos Antonio

PROCURADOR D./Dª. RAFAEL FRANCISCO PEREZ LIZARRITURRI

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e un de setembro dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15817/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Carlos Antonio, representado polo procurador Dº Pérez Lizarriturri, dirixido polo letrado Dº.Dominguez, contra o acordo de 13.10.2015 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

10.098,94 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 13.10.2015 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación e sanción IRPF ano 2013: minguanlle os gastos reclacionados coa determinación do rendemento da súa actividade económica.

Os gastos en discusión son: a) gastos de manutención, desprazamento e comidas - 3.982,66 euros,

  1. gastos derivados do uso do vehículo- 1.340,02 euros de combustible, 1.532,36 euros de reparación e mantemento, gastos de peaxe de 753,03 euros e 110,93 euros de aparcamento.

SEGUNDO

O recorrente alega que a súa actividade é a de avogado das compañías de seguros Allianz e Fenix Directo para a provincia de Pontevedra, ocupándose da asistenza xurídica dos asegurados, cobrando das compañías segundo o tipo de procedemento e contía ( non inclúen desprazamentos e gastos ); utiliza o vehículo todo terreno BMW X3 matrícula ....GGQ para a súa actividade profesional ( para a vida familiar o matrimonio posúe un FORD Focus familiar ....WWW ) e os gastos son de relación cos clientes, manutención propia,....

Verbo dos gastos e a súa xustificación falarmos dunha cuestión controvertida desde sempre; tal e coma establecía a DXT: Para que sexan deducibles os gastos de desprazamento manutención e estancia deben vir motivados pola realización da actividade e ter como finalidade a obtención duns ingresos (Resolución DXT 7- 2-2000, DXT núm. 0170-00; Resolución DXT 6-10-2000, DXT núm. 1735-00; Resolución DXT 3-11-2000, DXT núm. 1975-00; Resolución DXT 4-12-2001 [ JUR 2002, 77364], núm. 2150-01).

Para considerar deducible un gasto hai que verificar se se cumpriron o requisito da efectividade do gasto, que supón que o gasto se producise, estea contabilizado e se xustifique. A xustificación do gasto deriva dun principio básico cual é que "toda anotación contable debe quedar xustificada documentalmente de modo abondo", cuestión sobre a que incidiu o Tribunal Supremo en diversas ocasións ( STS do 25 de xaneiro de 1995, de 7 de decembro de 1995 e da 1 de outubro de 1997 ), sinalando que debe estar probada fehacientemente a realización do gasto por calquera dos medios admisibles en dereito.

Na medida en que os gastos de desprazamento sexan deducibles a efectos de determinar o rendemento da súa actividade no IRPF ou en IS, as cotas do IVE soportadas relativas aos mesmos serían deducibles.

En relación con os gastos de manutención e estancia, darán lugar a cotas soportadas deducibles cando se produciron como consecuencia dun desprazamento, ou viaxe e sempre que se considere como gasto deducible a efectos do IRPF ou IS. O seu deducibilidad só será posible se tales gastos veñen motivados polo exercicio da actividade e teñen como finalidade a obtención de ingresos mediante unha relación directa causaefecto entre o gasto e o ingreso.

Os gastos terán que xustificarse de acordo con o art. 8.1 de o RD 2402/1985, do 18 de decembro ( RCL...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR