STSJ Galicia 335/2016, 22 de Junio de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:5360
Número de Recurso15662/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución335/2016
Fecha de Resolución22 de Junio de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00335/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0001350

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015662 /2015 /

Sobre: SEGURIDAD SOCIAL

De D./ña. Purificacion

ABOGADO MARIA CONSOLACION CANCIO LOPEZ

PROCURADOR D./Dª. IAGO ESPASANDIN BARREIRO

Contra D./Dª. TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL

ABOGADO TESORERÍA GRAL.SEGURIDAD SOCIAL

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A Coruña, vintedous de xuño dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15662/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Purificacion, representado polo procurador Dº Espasandin Otero, dirixido polo letrado Dª Cancio López, contra o acordo de 03.07.2015 da TXSS . É parte a Administración demandada a TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL, representado polo letrado dos seus servizos xurídicos. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 03.07.2015 da TXSS que rexeita o recurso de alzada contra a negativa á sinatura dun convenio especial de coidador non profesional de persoas en situación de dependencia, con dedicación a tempo completo, con efectos de 22.04.2011.

A TXSS demegouno dado que dende a entrada en vigor do RDL de 15.07.2012 o convenio ten carácter voluntario, e estes convenios teñen efectos dende a data de solicitude de sinatura dos mesmos.

SEGUNDO

Coma dixemos na sentenza 164/2016 : A TGSS funda a súa resolución denegatoria na irretroactividad da subscrición do convenio especial conforme ao previsto na Disposición Adicional oitava do Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo (xa derrogada), que establece que ?1. A partir do entrada vigor do leste real decreto-lei, o convenio especial regulado no Real Decreto 615/2007, do 11 de maio,? terá, para os coidadores non profesionais, carácter voluntario e poderá ser subscrito entre o coidador non profesional e a TGSS.

  1. As cotizacións á Seguridade Social polo convenio especial indicado no apartado anterior serán exclusivamente a cargo do subscritor do mesmo.

  2. Estes convenios especiais fornecerán efectos desde a data da solicitude de subscrición do convenio especial?.

Entende a TGSS que dado que a solicitude ten entrada en 14/7/2015, ha de aplicarse o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 8 de Febrero de 2017
    • España
    • February 8, 2017
    ...de la Administración de la Seguridad Social, en la representación que ostenta, se ha interpuesto Recurso de Casación contra la Sentencia 335/2016, de 22 de junio, dictada por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el Recurs......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR