STSJ Galicia 200/2016, 27 de Abril de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:2418
Número de Recurso15042/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución200/2016
Fecha de Resolución27 de Abril de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00200/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0000116

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015042 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. A POUTADA SL

ABOGADO MANUEL MENDEZ TORRES

PROCURADOR D./Dª. JUAN ANTONIO GARRIDO PARDO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

A Coruña, vinte e sete de abril dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15042/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por A POUTADA SL, representado polo procurador D. Garrido Pardo, dirixido polo letrado Dº.Méndez Torres, contra o acordo de 23.10.2014 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 167.998,15 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 23.10.2014 do TEAR que acolle, parcialmente, a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sociedades e sanción anos 2008/2009: denegan a deducción coma gasto da débeda abonada a PEREZ QUEIRUGA E HIJOS SL (153.060,45 EUROS ); acollen a reclamación verbo da míngua da conta de resultados por gastos da Seguridade Social e reaxuste por dupricidade no pagamento de prima de seguros.

SEGUNDO

O recorrente sostén: a) prescrición do dereito a liquidalas débedas.

Alega que falarmos de débedas xeradas e contabilizadas nos anos 2001 a 2008 polo que non poden ser imputadas pola administración os anos 2008/2009 e que resultan acreditadas polos libros de contabilidade debidamente legalizados.

  1. en todo caso, a débeda con PEREZ QUEIRUGA E HIJOS SL é real coma resulta da contabilidade e do certificado emitido por Ruiz Carnota y Blanco Auditores Sl, e que os asentos de compensación efectuados no ano 2007 e os asentos correctores do ano 2008 deben tela natureza fiscal e contable de erro de contabilidade.

  2. non procede a sanción ó non existir culpabilidade.

O letrado do Estado oponse a dous motivos.

Verbo da 1ª cuestión; non estarmos ante un problema de prescrición da acción do artigo 66.a Lei 58/2003 dado que o que é obxecto de comprobación e liquidación é o exercicio 2008/2009, en concreto e para o que agora é relevante, o exercicio 2008 que é cando a sociedade recorrente procede - o 02.01.2008- a facer un cargo na conta 43000002 PEREZ QUEIRUGA E HIJOS SL con abono na conta 40000045 PEREZ QUEIRUGA E HIJOS SL por importe de 153.060,45 euros.

Non estarmos nun suposto de compensación de bases negativas e correlativa comprobación de exercicios prescritos onde se orixinaron senón ante débedas e pagos que deben imputarse consonte co artigo 19 RDL 4/2004,polo que, aínda que admitiramos coma hipótese que eran débedas que xa estaban...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 1436/2017, 26 de Septiembre de 2017
    • España
    • 26 Septiembre 2017
    ...la Procuradora de los Tribunales Dª Leticia Calderón Galán bajo la dirección letrada de D. Manuel Méndez Torres, contra la sentencia núm. 200/2016, de 27 de abril, dictada por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia , recaíd......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR