STSJ Galicia 177/2016, 20 de Abril de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:2404
Número de Recurso15522/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución177/2016
Fecha de Resolución20 de Abril de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00177/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0001087

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015522 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Inocencia

ABOGADO SILVIA CAAMAÑO SANCHEZ

PROCURADOR D./Dª. BERTA SOBRINO NIETO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte de abril dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15522/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Inocencia, representado polo procurador Dª Sobrino Nieto, dirixido polo letrado Dª Caamaño Sánchez, contra o acordo de 29.04.2015 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

91.494,94 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Os feitos dos que debemos partir son: a) o 23.08.2007 a recorrente, xunto con outras tres persoas, venderon unha finca en Burela ( e constituiron unha servidume ) á entidade SUINVER PROYECTOS E INVERSIONES SL pactando un prezo de 1.625.821,70 euros, do que: 90.000 entregáronse o 24.03.2007, b) 961.619,60 euros en tres pagarés de 320.540 euros con vencemento de 30.11.2007, 05.12.2007 e 10.12.2007, e c) 574.202,10 euros en obra a entregar no prazo de 30 meses dende a escritura.

Os pagares non se atenderon ó vencemento e as vendedoras presentaron un xuizo cambiario núm. 199/2008 e en execución do mesmo embargaron a finca vendida.

O 02.05.2012 á sociedade compradora declarárona en concurso de acreedores.

Temos, polo tanto, que a recorrente ( e outras persoas ) venderon unha propiedade por 1.625.821,70 euros, só percibiron 90.000 euros, estando o resto pendente do resultado da execucion instada no PC 199/2008 e do resultado do concurso de acreedores.

Esta situacion non é descoñecida pola AEAT que a considera irrelevante.

SEGUNDO

Consonte co art. 14.2.d LIRPF :

No caso de operacións a prazos ou con prezo aprazado, o contribuínte poderá optar por imputar proporcionalmente as rendas obtidas en tales operacións, a medida que se fagan esixibles os cobros correspondentes. Consideraranse operacións a prazos ou con prezo aprazado aquelas cuxo prezo se perciba, total ou parcialmente, mediante pagos sucesivos, sempre que o período transcorrido entre a entrega ou a posta a disposición e o vencimiento do último prazo sexa superior ao ano.

Cando o pago dunha operación a prazos ou con prezo aprazado houbésese instrumentado, en todo ou en parte, mediante a emisión de efectos cambiarios e estes fosen transmitidos en firme antes do seu vencimiento, a renda imputarase ao período impositivo da súa transmisión.

Este artigo é aplicado ó caso de autos e compre examinalo resultado de dita aplicación.

Sendo dous os exercicios obxecto de liquidación compre indicar cal é a razón na que se basea a administración:

  1. verbo do exercicio 2007: As alegacións efectuadas no seu escrito de data 27/02/2012 e a documentación achegada no mesmo trámite (que xa constaba no expediente), en nada desvirtúan o motivo da proposta de liquidación que lle foi notificada, polo que procede confirmala en todos os seus termos. Quedando acreditado no expediente o seu dereito para optar polo criterio especial de imputación temporal da ganancia patrimonial xerada coa venda do inmoble, propio das operacións a prazos, procede imputar o importe da devandita ganancia patrimonial en función da EXIGIBILIDAD dos cobros. E para coñecer a exigibilidad dos cobros haberá que estar ao establecido na escritura pública de venda. No presente caso, no exercicio 2007 cóbrase en efectivo o 6% do prezo total da leira e resulta "esixible" o 59% do devandito prezo de venda, procedendo imputar por tanto neste exercicio o 65% do total da ganancia patrimonial xerada coa venda. Se se produce unha demora ou atraso no pago efectivo estipulado na escritura, como ocorre neste caso no que os 3 pagarés non foron satisfeitos nas datas que correspondía, igualmente a ganancia patrimonial imputarase ao exercicio en que foi esixible o cobro (e non cando realmente cóbrese). A contribuínte iniciou un xuízo cambiario e os trámites legais para embargar a leira que figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Viveiro a nome da sociedade compradora (Suinver Proxectos e Investimentos, SL), que é a mesma que ela previamente vendera, coa intención de cobrarse con cargo á devandita leira o importe do crédito que ten fronte á sociedade compradora pola parte de prezo non cobrado. Pero non é no momento en que se cobre efectivamente con cargo á devandita leira cando debe imputar a parte proporcional de ganancia patrimonial que lle corresponde ao devandito prezo, senón cando este resultou esixible, conforme se establece no artigo 14.2.d) da Lei de IRPF, é dicir, en 2007.

  2. verbo do exercicio 2010: Quedando acreditado no expediente o seu dereito para optar polo criterio especial de imputación temporal da ganancia patrimonial xerada coa venda dun inmoble en 2007, propio das operacións a prazos, procede imputar o importe da devandita ganancia patrimonial en función da EXIGIBILIDAD dos cobros. Para coñecer a exigibilidad dos cobros haberá que estar ao establecido na escritura pública de venda. No presente caso, no exercicio 2007 cobrouse en efectivo e anticipadamente o 6% do prezo de venda e resultou esixible (aínda que impagado) o 59% do devandito prezo. O resto do prezo (65%) pagaríase mediante a entrega pola parte compradora á vendedora de unidades de obra, sendo o prazo de entrega de todas as unidades de obra de "trinta meses a contar desde a data da escritura", isto é, o 23/02/2010. Conforme se recoñece en diversas consultas vinculantes da DXT (V0 472-09, de 10/03/2009; V2043-10, de 16/09/2010; V2458-10, de 15/11/2010; V1938- 07, de 19/09/2007; etc.) se se produce unha demora, atraso, na entrega dos pisos a ganancia patrimonial imputarase ao exercicio en que foi esixible o cobro ( e non cando realmente cóbrase). Se non se entregan os pisos na data prevista como esixible e inícianse trámites para demandar xudicialmente ao debedor, a ganancia débese imputar ao período impositivo en que foi ESIXIBLE. A partir dese momento, o vendedor terá un dereito de crédito fronte ao comprador (o obrigado a entregar os pisos ou unidades de obra). Se finalmente este dereito resulta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR