SAP Pontevedra 135/2016, 14 de Marzo de 2016

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2016:463
Número de Recurso183/2015
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución135/2016
Fecha de Resolución14 de Marzo de 2016
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00135/2016

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36057 42 1 2014 0007926

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000183 /2015

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000405 /2014

Recurrente: REINTEGRA ENERGIA Y MEDIOAMBIENTE SL

Procurador: MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ

Abogado: MANUEL ALBERTO IGLESIAS FERNANDEZ

Recurrido: FAUSTINO CARCELLER, SL, ARMADA SA ASTILLEROS VARADEROS (ARMADA)

Procurador: MARÍA PIÑEIRO PEÑA, MARIA ROSA MARQUINA TESOURO

Abogado: MANUEL ZORRILLA RIVEIRO, MARGARITA GUILLAN CORNEJO-MOLINS

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 135/16

Vigo, catorce de marzo de dous mil dezaseis.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 405/14 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 183/15, nos que aparece como parte apelante e demandante REINTEGRA ENERGÍA Y MEDIOAMBIENTE S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a

D./D.ª MANUEL IGLESIAS FERNÁNDEZ, e como parte contra da que se apela e demandada FAUSTINO CARCELLER S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA PIÑEIRO PEÑA e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL ZORRILLA RIVEIRO . e como parte contra da que se apela e demandada ARMADA S.A. ASTILLEROS VARADEROS, representada polo/a procurador/a D./D.ª ROSA MARQUINA TESOURO e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARGARITA GUILLÁN CORNEJO-MOLINS .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 10 de decembro de 2014, ditou

unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Desestimar la demanda interpuesta por Reintegra Energía y Medioambiente S.L. frente a Faustino Carceller S.L. y Armada S.A., Astilleros y Varaderos, condenando a la demandante al pago de las costas procesales."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Auxiliadora Ruiz Sánchez en representación de REINTEGRA ENERGÍA Y MEDIOAMBIENTE S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 10 de marzo de 2016.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A parte actora contratou cos demandados unha reforma do buque da súa propiedade. E

dentro deste contexto substantivo interesa aquela primeira, no suplico da súa demanda, e citamos literalmente, que "se declare a obriga das entidades demandadas de realizar solidariamente as reparacións necesarias para a subsanación das deficiencias/defectos descritos do feito quinto desta demanda, condenando ás demandadas a estar e pasar polas anteriores manifestacións" A sentenza ditada en primeira instancia rexeita a demanda, ao apreciar a excepción de prescrición dun ano, ex artigo 952. 1º do Código de Comercio -ao non ser aplicable a Lei de Navegación Marítima de 24 de xullo de 2014, que establece no seu artigo 115 o prazo de prescripción de tres anos para as acción derivadas da construcción do buque-. Recurre a sentenza a demandante, estimando que non resulta de aplicación este último precepto, senón o prazo prescritivo xeral de quince anos, disposto para as accións persoais polo artigo 1964 do Código Civil . Pois ben, o motivo do recurso non se acepta dada, por unha banda, a natureza mercantil do contrato, e por outra, a especificidade daquela primeira...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 10 de Octubre de 2018
    • España
    • 10 Octubre 2018
    ...la sentencia de fecha 14 de marzo de 2016, dictada por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta), en el rollo de apelación n.º 183/2015, dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 405/2014 del Juzgado de Primera Instancia n.º 14 de Mediante diligencia de ordenación la audien......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR