SAP Pontevedra 292/2015, 10 de Diciembre de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:2682
Número de Recurso55/2014
ProcedimientoPROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO
Número de Resolución292/2015
Fecha de Resolución10 de Diciembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00292/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N85850

N.I.G.: 36038 43 2 2013 0007512

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000055 /2014 CR

Delito/falta: INCENDIOS CON PELIGRO PARA VIDA/INTEGRIDAD FÍSICA

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Guillermo, Margarita

Procurador/a: D/Dª PATRICIA CONDE ABUIN, PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ

Abogado/a: D/Dª DOMINGO ESTARQUE MORENO, MANUEL BARROS BARROS

SENTENZA Nº 292

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS Presidente/a: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados/as Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

PONTEVEDRA, a dez de decembro do dous mil quince.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número Rolo 55/2014, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra e seguida polo trámite de procedemento Sumario nº 2444/2013, por un delito de LESIONS NO AMBITO FAMILIAR e un delito de INCENDIO CON RISCO PARA A VIDA OU A INTEGRIDADE FISICA DAS PERSOAS, contra os seguintes acusados:

Guillermo, con DNI número NUM000, nado o día NUM001 /1993, en Pontevedra, fillo de Luis Andrés e de Belinda, con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM002 - Valle de Santa Ines-Betancuria CP- 35637 Fuerteventura, sen antecedentes penais, insolvente, en situación de liberdade por esta causa, representado pola procuradora Sra. PATRICIA CONDE ABUIN e defendido polo letrado Sr. DOMINGO ESTARQUE MORENO.

E contra Margarita con permiso de residencia nº NUM003, nada o día NUM004 /1982 en Brasil, filla de Eleuterio e Rafaela, con domicilio en RUA000 nº NUM005 - NUM006 Pontevedra, sen antecedentes penais, insolvente en situación de liberdade por esta causa, representada polo procurador Sr. PEDRO SANJUAN FERNANDEZ, e defendida polo letrado Sr. MANUEL BARROS BARROS.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal interveu a Sra. CARMEN NOVO. Actúa como relator o maxistrado D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Estas actuacións instruíronse por un delito de lesións no ámbito familiar do artígo 153.2 y 3 do Código Penal en relación co artigo 173.2 do mesmo Código e un incendio con risco para a vida o a integridade das persoas do artigo 351 do Código Penal, e practicadas as oportunas dilixencias convocouse as partes a xuizo oral, que tivo lugar o 1-12-2015, Ao acto compareceron os que se relatan na acta levantada para o efecto.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que mudou en definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de LESIONS NO AMBITO FAMILIAR do artígo 153.2 y 3 do Código Penal en relación co artígo 173.2 do mesmo Código Penal e de un delito de INCENDIO CON RISCO PARA A VIDA OA INTEGRIDADE FISICA DAS PERSOAS do artígo 351 do Código Penal .

Do delito de lesións no ámbito familiar responde o acusado Guillermo en concepto de autor directo, de conformidade co artigo 28.1 C.P .

Do delito de incendio responde en igual concepto a acusada Margarita .

Non concurren circunstancias modificativas da responsabilidade penal.

Procede impoñer as seguintes penas: Ao acusado Guillermo a pena de 8 meses de prisión, privación do dereito a tenza e ao porte de armas por un período de dous anos e, ao abeiro do establecido no artigo 57 do Código Penal, Prohibición de aproximarse a menos de 200 metros de Margarita, de su domicilio o lugar de traballo, durante o periodo de dous anos. Custas.

A acusada Margarita a pena de dez anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Custas.

Como indemnización, Guillermo deberá aboar a Margarita a cantidade de 600 euros polas lesions. Pola sua parte, Margarita deberá indemnizar a Jesús Ángel e Milagrosa na cantidade de 381,15 euros polos gasto de limpeza do inmoble, 13.443,14 euros pola reparación dos destragos e 16.486,25 euros pola reposición do mobiliario.

TERCEIRO

Pola defensa de Margarita, no acto do xuízo oral presentouse nova cualificación provisional na que prestaba conformidade coa acusación, como responsable nos danos causados pero sen concorrer perigo para a vida e intregidade física das persoas. Considerando que os feitos eran constitutivos dun delito de incendio do artigo 351 en relación co 266 do Código Penal da que é resposable concorrendo as circunstancias atenuantes dos artigos 21.1ª en relación con 20.2º e 21.4ª e 5ª do Código Penal, rematando por solicitar a pena dun ano de prisión, rebaixada nun grao o dous graos consonte as atenuantes citadas. Tamén se facía responsable de indemnizar os danos causados.

Pola defensa de Guillermo eleváronse as súas conclusións provisionais a definitivas no sentido de solicitar a súa libre absolución e subsidiariamente a aplicación da circunstancia eximente de lexítima defensa do artigo 20.4ª do Código Penal e alternativamente a atenuante de arrebato ou obcecación do artigo 21.3ª do Código Penal e ademáis das dilacions indebidas do artigo 21.6ª.

FEITOS PROBADOS

UNICO.- O cuarto andar do número NUM007 da RUA001 de Pontevedra é propiedade do matrimonio formado por Jesús Ángel e Milagrosa . Nel tiñan fixado o seu domicilio conxugal o fillo dos anteriores Gregorio e a acusada Margarita, con NIE NUM003, nada o NUM004 de 1982, residente legal en España, e sen antecedentes penais, xunto cos fillos del.

Sobre as 9 horas do día 27 de xuño de 2013, chegou á amentada vivenda a acusada Margarita nun evidente estado de embriaguez e discutiu co seu marido, Gregorio . Este e os seus fillos ausentáronse do domicilio e baixaron ata o segundo andar, onde residían os referidos donos da vivenda e pais del. Ao quedar soa a acusada, alterada polo seu estado e pola discusión, colleu diversos obxectos da vivenda para, deseguido, tiralos ao chan. Un dos fillos de Gregorio, o tamén acusado Guillermo, maior de idade e sen antecedentes penais, cando escoitou os ruídos que proviñan do cuarto andar, subiu dende o segundo para ver que sucedía. Os dous acusados, Margarita e Guillermo, enleáronse nunha discusión, no transcurso da cal el a agarrou polos pulsos e lle deu unha puñada no pómulo, o que lle causou erosións no pulso dereito, un hematoma na raíz do primeiro dedo da man dereita con erosións, e un hematoma na pálpebra do ollo esquerdo, que precisaron tan só unha primeira asistencia facultativa e que curaron aos vinte días sen incapacidade nin secuelas.

Ao baixar de novo Guillermo para o domicilio dos seus avós paternos e quedar outra vez soa Margarita

, coa intención de provocar un incendio, plantou lume cun acendedor aos obxectos, mobles e pezas de roupa que había en dous lugares da casa, o salón e un dos cuartos que, precisamente, era o de Guillermo . Dada a natureza e composición das cousas sobre as que a acusada aplicou o lume, o incendio foi inmediato. Deseguido, abriu o regulador da bombona de gas correspondente á cociña de butano e a espita dun dos seus queimadores, polo que comezou así a liberarse o gas, para, a continuación, abandonar a vivenda e o edificio e dirixirse á rúa. Pouco tempo despois, ao decatáranse do fume os demais ocupantes do edificio e seren alertados para o correspondente desaloxo polos axentes de policía que primeiramente chegaron ao lugar, abandonaron o inmoble. Unha dotación do corpo de bombeiros sufocou o incendio mediante a aplicación de auga a presión.

Como consecuencia do sucedido, producíronse diversos danos e estragos na vivenda onde vivía a acusada, nos obxectos e cousas afectadas, e foi necesaria a limpeza do domicilio, gastos que non quedaron de momento suficientemente acreditados.

O inmoble do número NUM007 da RUA001 de Pontevedra é un edificio con estrutura de formigón, composto de planta baixa e catro andares, cunha soa vivenda por planta. Amais de estar ocupado o 4º andar pola acusada Margarita, o seu marido Gregorio, e os fillos deste -entre eles, o tamén acusado Guillermo -, tamén estaba ocupado o 2º polos donos da devandita vivenda e pais de Luis Andrés, e o 1º por unha irmá da nai deste - Sagrario -. Contiguo ao edificio había outro de similar altura composto de baixo, tres andares e baixo cuberta. O lume acadou grandes temperaturas, o que, xunto coa acción do gas que liberaba o queimador aberto da cociña de butano, puido causar males maiores na propia vivenda e edificio, de non mediar a rápida actuación dos bombeiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal -na redacción vixente cando ocorreron os feitos- e dun delito de incendio previsto e penado no primeiro parágrafo, segundo inciso, do artigo 351 do Código penal .

Segundo

Da falta de lesións do entón vixente artigo 617.1 do Código penal, é responsable en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do mesmo texto legal ) o acusado Guillermo .

Do delito de incendio do artigo 351, parágrafo primeiro, inciso segundo, do Código penal, é responsable en concepto de autora ( artigos 27 e 28 do mesmo texto legal ) a acusada Margarita .

Terceiro

O acusado Guillermo, logo de ausentarse do domicilio que ocupaba co seu pai e irmáns para dirixirse ao segundo andar, onde vivían os seus avós, volveu a subir a aquela vivenda situada no cuarto andar do mesmo inmoble, tras escoitar uns ruídos que procedían do seu interior. Incomodado pola circunstancia de que comprobou que os ruídos obedecían a que acusada Margarita estaba a tirar ao chan, para estragalos, diversos obxectos, agarrouna polos pulsos e enleouse con ela nunha pelexa no transcurso da cal lle deu unha puñada no ollo esquerdo, co resultado reflectido nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 725/2016, 28 de Septiembre de 2016
    • España
    • 28 Septiembre 2016
    ...Fermina contra la Sentencia dictada el día 10 de diciembre de 2015 por la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2ª (Rollo de Sala 55/2014 ), en la causa seguida contra el mismo por un Delito de incendio y lesiones, y en su virtud casamos y anulamos parcialmente la expresada sentencia,......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR