SAP Pontevedra 512/2015, 3 de Noviembre de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:2234
Número de Recurso677/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución512/2015
Fecha de Resolución 3 de Noviembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00512/2015

CIVIL

Rolo: 677/2014

Procedemento de orixe: Ordinario 118/2012

Órgano de procedencia: Instancia núm.9 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRESDIENTE, DÑA MAGDALENA FERNANDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 512/2015

En Vigo, a tres de novembro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 118/2012, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 677/2014, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Rosana, representada polo/a procurador/a D./D.ª Amparo González Martínez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ana María Nuñez Fernández, e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Carla, representada polo/a procurador/a D./D.ª María Jesús Nogueira Fos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Francisco J Rial Lavia e como apelados reconvenidos D. Desiderio e CONSTRUCCIONES ARMESTOE HIJOS, SL., representados pola Procuradora D./Dª Soledad Pérez González e asistido da Letrado D./Dª Belén García Balado.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 21/2/2014, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Desestimo íntegramente la demanda interpuesta por Dª Rosana y absuelvo a D. Carla con expresa condena en costas de la demandante.

Estimo parcialmente las pretensiones de D. Carla contra D. Rosana, D. Desiderio y Construcciones Armesto e Hijos, SL y declaro la nulidad del contrato formalizado en la escritura pública de fecha 21/47/2008.

Decreto la cancelación de las inscripciones registrales derivadas de dicha escritura, en concreto la inscripción de dominio favorable a Dª Rosana por título adjudicación en pago de deudas que obra al tomo NUM000, libreo NUM001, folio NUM002, finca registral NUM003 del Registro de la Propiedad nº 4 de Vigo. Todo ello sin hacer especial pronunciamiento en cuanto a las costas de la reconvención."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D. Pascual, en representación de D./D.ª Rosana, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8/10/2015.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Dito moi en resumo -pois non se precisa máis nestes intres primeiros do discurso-, e

deixando á marxe a demanda reconvencional formulada polo demandado, a sentenza ditada en primeira instancia desestima integramente a acción declarativa da propiedade verbo do fundo litixioso (predio rexistral nº NUM004 do Rexistro da Propiedade número 2 de Vigo), que se exercita pola actora a través da demanda inicial que promove contra aquel primeiro, fundándose a decisión rexeitadora desa demanda -tamén expresado moi en síntese- no recoñecemento da calidade de terceiro hipotecario no demandado inicial, ao concurrir nel, na tese da sentenza de instancia, todos os presupostos, que para ostentar esa condición de terceiro, e gozar en fin da protección da fe pública rexistral, establece o artigo 34 da Lei Hipotecaria, e entre eles, e moi especialmente, pois é o feito no que a actora primeira basea a súa estratexia denegatoria desa calidade de terceiro protexido, o presuposto da boa fe deste último. E recurre esa pronuncia desestimatoria a demandante en reivindicación quen, antes de entrar na cerna propiamente dita do asunto, invoca a nulidade do procedimento polas razóns que pasamos reseñar.

Segundo

A demandante solicita -e citamos literalmente- que "se declare a nulidade de pleno dereito do procedimento principal", para reseñar seguidamente como razón do seu pedir que "esta parte tivo coñecemento de que o predio obxecto da acción declarativa xa non pertece ao demandado, D. Carla, dende o 31 de outubro de 2012, data na que inscribiuse a compravenda efectuada a favor do matrimonio, D. Argimiro e Doña Begoña ". Pois ben, resulta evidente a terminoloxía impropia que está utilizar a apelante, pois o que está realmente prantexar é un problema de falta de lexitimación do demandado para soportar a acción declarativa da propiedade, dado que ao tempo da formulación da demanda xa non sería este último o propietario do ben, por telo transferido a eses terceiros. Máis a pesar da confusión ou equivocación terminolóxica padecida, isa carencia non constitúe un atranco insalvable para que podamos resolver sobre a alegación máxime se, por unha banda, o feito da posible carencia de lexitimación foi perfectamente entendido polo recurrido, tal como colíxese palmariamente do seu escrito de oposición ao recurso de apelación da demandante, e por outra, e conseguintemente, non se aprecia indefensión ningunha no demandado por mor de tal imprecisión. En último termo, estaríamos, insistimos, ante unha cuestión de lexitimación, que resulta incluso apreciable de oficio polo órgano xudicial, conforme a reiterada doutrina xurisprudencial ( sentenzas do Tribunal Supremo de 13 de decembro de 2006, 27 de xuño de 2007, 30 de abril de 2012 e 21 de maio de 2013 ). Por conseguinte, procede entrar no análese da cuestión suscitada, para o que haberá que tomar en consideración, loxicamente, os feitos que se estimen acreditados e que ampararían, no seu caso, o pedimento, en relación coa natureza da acción declarativa da propiedade exercitada.

E malia que este tribunal de apelación rexeitou, por extemporánea, a proba documental que a parte apelante achegou co seu escrito de apelación contra a sentenza ditada en primeira instancia, e coa que se pretendía xustificar aquela compravenda, inscrita o día 31 de outubro de 2012, o certo é que temos que dar por acreditada, efectivamente, esa transmisión, e nesas datas, pois trátanse duns feitos recoñecidos pola propia parte apelada na súa oposición ao recurso de apelación da contraria. En efecto, o demandado admite que vendeu o predio de lite a través dese contrato, que o contrato plasmouse en escritura pública e que inscribiuse no Rexistro da Propiedade, limitándose a opoñerse á pretensión de nulidade procedimental instada pola apelante, tanto porque habería unha manifesta neglixencia por parte desta última, ao non asegurarse debidamente de que ao tempo da formulación da demanda o demandado xa non era o dono do predio, como porque ante esa acción formulada fronte a el, ao mesmo non lle quedaba outra alternativa que a de defenderse para, finalmente, proclamar, en xustificación de silenciar o contrato, que a sentenza que en todo caso pronunciásese neste proceso non podería afectar aos terceiros compradores.

Do certa e indiscutida, entón, a venda por parte do demandado do fundo de lite a aqueles terceiros, non ulta menos certo que a demanda promoveuse despois desa venda, árredor de cinco meses despois da inscrición da mesma no Rexistro da Propiedade, dado que a demanda preséntase o día 21 de novembro do ano 2012. Conseguintemente, e nunha primeira ollada, podía proclamarse que o hoxe demandado carecía de lexitimación pasiva ao tempo da demanda, ou se estase preferir, a acción declarativa de propiedade contra ese litigante estaría extemporaneamente promovida, sendo irrelevante, derradeiramente, para a posible apreciación da ausencia de lexitimación pasiva, que esa carencia for imputábel ao comportamento indilixente da demandante ou, contrariamente, ao actuar omisivo do demandado, silenciando desde o mesmo intre da contestación á demanda, e ao longo de todo o procedimento, o cambio de propiedade operado por aquel contrato de compravenda, intrascendencia que derívase da condición de orde pública do instituto da lexitimacón, e da facultade -e deber-, entón, do órgano sentenciador de apreciala de oficio, de conformidade co dito.

Máis este tribunal de apelación non comparte ese parecer -da recurrente-, pois entendemos que ainda nese suposto, de adquisión do predio por terceiros antes da formulación da demanda, e con independencia da lexitimación pasiva que poden ostentar, por conseguinte, eses terceiros por mor da súa calidade de actuais compradores, tamén o actual de demandado ostenta lexitimación para soportar a acción declarativa da propiedade, dado que discute ou ven negar o dominio da demandante, provocando así unha inseguridade xurídica, á que a actora pretende por fin, precisamente, co exercicio da acción declarativa da propiedade contra el, superación desa incerteza dominical que constitúe, exactamente, o fundamento e finalidade desa acción, de natureza real e erga omnes, por outra banda.

En efecto, e como declara a sentenza do Tribunal Supremo de 24 de marzo de 2005, a acción declarativa de dominio non é senón unha forma das chamadas accións mero declarativas, caracterizada polo dereito a que se contrae, cuxa finalidade é a de facer cesar unha situación de inseguridade xurídica ( sentenzas do mesmo tribunal de 8 de novembro de 1994, 18 de xullo de 1997 e 5 de febreiro de 1999 ), engadíndose nesta última resolución que ainda que a Lei de Axuizamento Civil non recoñeza de xeito expreso a posibilidade das accións mero declarativas, tanto a doutrina como a xurisprudencia admiten o exercicio destas acciones y de feito non son infrecuentes na práctica, en especial, no eido dos dereitos reais. E engádese polo Tribunal S upremo que este tipo de pretensións non intentan a condena do adversario senon que se declare por medio de sentenza a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 25 de Abril de 2018
    • España
    • 25 Abril 2018
    ...la sentencia dictada con fecha 3 de noviembre de 2015 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 677/14 , dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 1018/12 del Juzgado de Primera Instancia n.º 9 de Mediante diligencia de ordenación de fecha 17......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR