SAP Pontevedra 503/2015, 29 de Octubre de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:2231
Número de Recurso743/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución503/2015
Fecha de Resolución29 de Octubre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00503/2015

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2013 0010698

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000743 /2014 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 8 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000746 /2013

Recurrente: CARRIS HOTELES SL

Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS

Abogado: MARIA JESUS VIEITO MAYO

Recurrido: PAZO DE CONGRESOS DE VIGO, S.A.

Procurador: GISELA ALVAREZ VAZQUEZ

Abogado: FRANCISCO JAVIER IZQUIERDO JIMENEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 503/15

Vigo, vinte e nove de outubro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 746/13 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 743/14, nos que aparece como parte apelante e demandante CARRIS HOTELES S.L., representada polo/ a procurador/a D./D.ª MARÍA JESUS NOGUEIRA FOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARÍA JESUS VIEITO MAYO, e como parte contra da que se apela e demandada PAZO DE CONGRESOS DE VIGO S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª GISELA ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a

D./D.ª JAVIER IZQUIERDO JIMENEZ . É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 21 de xullo de 2014, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando la demanda formulada en autos de juicio ordinario nº 746/2013 por la Procurador Doña Mª Jesús Nogueira Fos, en nombre y representación de "CARRIS HOTELES, S.L." contra "PAZO DE CONGRESOS DE VIGO, S.A.", sobre incumplimiento contractual, debo absolver y absuelvo a la demandada de los pedimentos contenidos en el Suplico de la demanda, con imposición a la parte actora de las costas procesales causadas a su instancia y las comunes por mitad."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MARÍA JESUS NOGUEIRA FOS, en representación de CARRIS HOTELES S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 15 de outubro de 2015.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Dado que a actora recurrente parece imputar á sentenza ditada en primeira instancia un

vicio de incongruencia, ao alterar a razón de pedir da demandante, por razóns sistemáticas comezamos polo estudo desta cuestión, o que debe levarmos loxicamente a efectuar a pertinente comparativa entre os feitos invocados na demanda en apoio da acción formulada, e aqueles dos que parte a sentenza recurrida para rematar por rexeitar dita acción.

Certamente, non ponno facil a demandante a este tribunal de apelación -como indubidablemente tampouco á xulgadora a quo- co seu posicionamento da demanda, escuro e cunha importante dose de erraticidade, anomalías que dificultan naturalmente o labor de axuizar. E a anomalía persiste coa interposición do recurso de apelación.

En efecto, se atendemos ao suplico da demanda, nela se pide literalmente que se declare a responsabilidade da demandada "por incumprimento das súas obligacións respecto do contrato de arrendamento subscrito con esta parte o día 3 de decembro de 2009", co corolario de que se condene á demandada a indemnizarlle os danos e prexuizos que se reseñan. E esa causa de pedir, do incumprimento das obligacións contractuais, aparecería refrendada polo feito segundo da demanda, cando nel se proclama que a demandada "incumpríu as obligacións contraidas coa miña representada". Parecería inicialmente, xa que logo, que a apelante reprocha á demandada que non cumpríu coas obligacións que lle incumben como parte arrendadora sen máis, ou abstracción feita de todo comportamento intencionado ou desviado da mesma.

Pero un exame máis detido e coherente da demanda lévanos a considerar que a actora precisa máis a súa razón de pedir: o actuar doloso da demandada, elemento subxectivo este que aparece posto de relevo ata a saciedade a todo o longo dos antecedentes de feito da demanda, completados coa fundamentación xurídica, cando naqueles antecedentes se verten expresións de reproche contra a demandada tales como que "actuou dende o inicio da relación contractual de xeito enganoso e cun evidente dolo", "o prantexamento enganoso co que a arrendadora abordou a relación contractual dende o seu inicio", "con manifesto desprezo da máis elemental boa fe contractual, enganou abertamente a miña representada", "non ofrece dúbidas a deliberación no engano por parte da demandada, cuxa conduta contractual para co meu cliente resulta fraudulenta dende o seu inicio". A alegación do actuar doloso é indiscutíbel. Máis a determinación da causa petendi da demandante non queda aí.

En efecto, a concreción dos feitos que integrarían o actuar doloso aparece nos antecedentes de feito terceiro e seguintes da demanda cando, despois de aludir ao engano no prazo do arrendamento, engádese que "non é iso o que motiva a presente reclamación de danos e prexuizos", para finalmente puntualizar de xeito tan expresivo como inequívoco que "a causa esencial da presente reclamación, por ser a verdadeira xeradora dos danos e prexuizos que se reclaman, refírese ao engano no prantexamento e compromiso dos parámetros esenciais que levaron a que Carrís subscribira o contrato de arrendamento". Ou por decilo doutra maneira, o obrar enganoso da arrendadora demandada estribaría en dibuxar e facer ver á actora arrendataria un contexto económico tan favorable -como artificioso-, que movería a vontade desta última na celebración do arrendamento. Efectivamente, todo o discurso da demanda vai neste senso. Así, e por unha banda, se indica nos antecedentes de feito que: A) "As características, usos e funcionamento de todo o Complexo se consideraron esenciais tanto para a subscrición do contrato de aluguer como para a determinación da contía arrendaticia".

  1. "A demandada, en todo momento asegurou o pleno funcionamento do Pazo de Congresos, cunha operativa congresual continua e de primeira orde... así como a total ocupación do espazo comercial e das oficinas". C) "Eses compromisos asumidos pola arrendadora foron determinantes para prever a ocupación do establecimento e polo tanto o prezo medio por habitación, e en función diso estableceuse a contía da renda".

  2. "A realidade que amosa o Complexo do Pazo de Congresos Beiramar dende marzo de 2011, momento da súa inauguración, ata a data, foi radicalmente diferente á comprometida pola arrendadora concesionaria". E, por outra banda, se expresa na fundamentación xurídica, despois de citar a normativa sobre o instituto do dolo (en esencia, artigos 1101, 1107, 1269 e 1270 do código civil ), que "cabe sinalar que se Pazo de Congresos tivera cumprido os parámetros comprometidos na explotación do Complexo no cal ubícase o hotel, o nivel de ocupación e conseguinte prezo medio por habitación alcanzado tiver sido senón igual moi aproximado ao previsto por ambas partes á sinatura do contrato de arrendamento incumprido pola contraria".

    A petición indemnizatoria de danos e perdas formulada pola actora atopa entón a súa causa petendi, non propiamente no incumprimento das obligacións de arrendador por parte da demandada -a omisión na demanda de toda referencia á normativa reguladora do contrato de aluguer sería unha proba máis do que estamos defender-, senón nunha especie de actuar prenegocial torticeiro desta última, pintando dolosamente un panorama económico óptimo, ou o que é igual, o Complexo do Pazo de Congresos Beiramar, onde o hotel alugado era unha peza máis, cunhas expectativas de pleno funcionamento e ocupación, das que a arrendadora demandada era plenamente consciente que non ían concurrir.

    Pois ben, o posicionamento da actora recurrente, de denuncia do engano e fraude da recurrida, que movería a vontade da primeira a celebrar o contrato de aluguer, lévamos a unha tripla conclusión:

  3. A primeira, que fica á marxe da lite a posible aplicación, ao suposto axuizado, da doutrina da base do negocio -ou da ruptura ou desaparición da base do negocio-, pois esta institución aparece absolutamente silenciada pola demandante. Ademáis, semella que non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 20 de Junio de 2018
    • España
    • 20 Junio 2018
    ...la sentencia dictada en fecha 29 de octubre de 2015 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 743/2014 , dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 746/2013 del Juzgado de Primera Instancia n.º 8 de Mediante diligencia de ordenación de 14 de e......
  • ATS, 11 de Junio de 2019
    • España
    • 11 Junio 2019
    ...sentencia de fecha 29 de octubre de 2015 dictada por la sección 6.ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el recurso de apelación n.º 743/2014 , dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 746/2013 del Juzgado de Primera Instancia n.º 8 de Vigo, seguidos contra Pazo de Congresos de......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR