STSJ Galicia 929/2015, 4 de Noviembre de 2015

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Fecha04 Noviembre 2015
Número de resolución929/2015

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00929/2015

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

SECCIÓN TERCEIRA

Praza de Galicia, S/N CP 15071 A CORUÑA

Tel. 981 185796

Procedemento: PROCEDEMENTO ORDINARIO 7192/2011

Sobre:

Parte demandante: TURBITEC S.L.

Letrado/a: JOSE ANTONIO ROZALEN VILLASEÑOR

procurador/a: LUIS SANCHEZ GONZALEZ

Parte demandada: CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA; EOLICA GALLEGA DEL ATLANTICO S.L.; EOLICA GALENOVA S.L.

Letrado/a: LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA; JOSE RAMON AIZPUN BOBADILLA; RAMON

MARTINEZ MARTINEZ

Procurador/a: IGNACIO MANUEL ESPASANDIN OTERO, MARIA ANGELA OTERO LLOVO Data: A Coruña, 4 de novembro de 2015

SENTENZA

Ilmo Sr. Presidente:

Julio Cibeira Yebra Pimentel

Ilmos.Sres.Magistrados :

Juan Bautista Quintas Rodriguez

Luís Villares Naveira (Relator)

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira. A demandante impugna a resolución de data 29/4/2011, desestimatoria do recurso de alzada contra a resolución de 30/4/2010, ditada pola Consellaría de Economía e Industria, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais RAI-DXI- 0145/10.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. Infracción da resolución da Consellaría de data 26/9/2002, pola que se aproba o PEE Enviroil-Unitec, por descoñecer o seu contido e actuar coma se fosen plans independentes, actuando así en vía de feito, xa que o Plan é único;

  2. Actuación arbitraria da Xunta derivada da situación anterior;

  3. A transmisión de dereitos entre privados non afecta á posición recoñecida pola administración. A administración demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  4. Inadmisibilidade do recurso por falta de lexitimación activa, da mercantil recorrente;

  5. En canto ao fondo, corrección a dereito da resolución recorrida.

A codemandada Eólica Gallega del Atlántico SL oponse igualmente por falta de lexitimación activa, presentación extemporánea do recurso, por falta de acreditación da lexitimación para recorrer, e en canto ao fondo, corrección xurídica da actuación administrativa. En termos similares se deduce a oposición de Eólica Galenova, SL.

Na quenda de conclusións, a demandante rexeita as causas de inadmisibilidade, indicando que en todo caso a ausencia da acreditación do acordo societario para recorrer é un defecto subsanable que debeu ser requirido polo Tribunal, e ademais se achega a documentación acreditativa de tal extremo aos autos.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, ten lugar a práctica da proba documental que obra en autos.

A contía do procedemento fixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

  1. O poder presentado no momento de interposición do recurso contencioso por parte do demandante é un poder xeral para preitos outorgado polos representantes legais de TURBITEC SL a favor do procurador representante da sociedade no litixio, realizado a presenza notarial en data 4/5/2006;

  2. A certificación estendida polos administradores mancomunados de TURBITEC SL en data 18/12/2014 non reflicte un acordo societario para a interposición de recurso contencioso anterior á data da súa presentación no decanato do Tribunal, de 18/3/2011;

  3. Non consta a inscrición da transmisión de dereitos derivados participación da adxudicataria do Plan Eólico Empresarial en ningún rexistro administrativo nin a existencia de ningún dereito de crédito sobre os resultados desa explotación opoñible á administración demandada.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a falta de lexitimación activa do demandante.

Baixo esta rúbrica as codemandadas formulan dúas causas de inadmisibilidade do recurso presentado, dunha banda por falta de acreditación da existencia do acordo societario para iniciar unha demanda contenciosa, e doutra, a falta de título que acredite o seu interese lexítimo. Analizarémolas por separado, antes de entrar no fondo do asunto, se houbese lugar a iso.

  1. Sobre a falta de acreditación da existencia do acordo societario para demandar.

    Sosteñen as demandadas a inexistencia do devandito acordo, que a demandante reputa defecto subsanable, que debeu ser advertido polo Tribunal, e que en todo caso se subsana na quenda de conclusións.

    Confunde a parte demandante dúas cuestións diferentes: a acreditación da existencia do acordo societario que decide a interposición de recurso contencioso e a propia existencia do mesmo. A primeira situación admite subsanación mediante requirimento do Tribunal, na medida en que trata dun documento que debe ser acompañado coa demanda, e cuxa ausencia pode ser remediada mediante o trámite oportuno, tal como...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 909/2018, 1 de Junio de 2018
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 1 Junio 2018
    ...de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso contencioso administrativo número 7192/2011 , contra la resolución de fecha 29 de abril de 2011, desestimatoria del recurso de alzada contra la resolución de 30 de abril de 2010, dictada ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR