SAP A Coruña 316/2015, 24 de Septiembre de 2015

PonenteLORENA TALLON GARCIA
ECLIES:APC:2015:2669
Número de Recurso334/2013
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución316/2015
Fecha de Resolución24 de Septiembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - A Coruña, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00316/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

SECCIÓN SEXTA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rollo de apelación civil nº 334/2013

Ilmos. Sres. Magistrados:

D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA, PRESIDENTE

D. JOSÉ GÓMEZ REY

Dª LORENA TALLÓN GARCÍA

SENTENZA

Núm. 316/15

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 1289/2010, procedentes do Xulgado de Primeira instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 334/2013, nos que aparecen como partes apelantes don Sergio, don Jose Manuel, e DIRECCION000 comunidad de bienes, representados, respectivamente, polos procuradores dona Beatriz Cerviño Gómez, don Victorino Regueiro Muñoz e don Rafael Trigo Trigo, e como parte apelada a Comunidade de propietarios do edificio sito nos núm. NUM000, NUM001, NUM002 e NUM003 da RUA000 de Santiago de Compostela, representada polo procurador don Avelino Calviño Gómez, sendo Xuíz relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos

xurídicos e parte dispositiva.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Acéptanse e danse por reproducidos os antecedentes de feito contidos na resolución apelada, ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 6 de Santiago de Compostela en cuxa parte dispositiva se estableceu: "Debo estimar y estimo parcialmente la demanda de juicio ordinario deducida por el procurador Sr. Calviño Gómez nombre y representación de la Comunidad de propietarios de la RUA000 NUM000, NUM001, NUM002 y NUM003 de Santiago de Compostela asistida de la letrada Sra. Rodríguez Baleato frente a DIRECCION000 comunidad de bienes representada por el procurador Sr. Trigo Trigo y asistida de la letrada Sra. Arnoso Moure, frente a don Sergio representado por la procuradora Sra. Cerviño Gómez y asistido del letrado Sr. Abal Lourido, y frente a don Jose Manuel representado por el procurador Sr. Regueiro Muñoz y asistido del letrado sr. López Fernández y en consecuencia procede:

  1. La condena conjunta y solidaria de los demandados a la reparación de la fachada que deberá incluir el previsto análisis pormenorizado de la instalación ejecutada (practicando las actuaciones constructivas y destructivas precisas para determinar de manera exacta la causa originaria de las diferentes deficiencias acreditadas) y, una vez diagnosticada la misma. La reparación deberá comprender la totalidad de las actuaciones que fueran necesarias (observando los criterios señalados por el Sr. Justo en sus informes) incluida en su caso y de ser precisa la sustitución de paneles y demás estructuras de sujeción de los mismos en su integridad, en términos que garantice un sistema integral de fachada en condiciones de calidad análogas a la prescrita inicialmente en el Proyecto (Luxalon 400 o similar), sin perjuicio de su eventual repetición a terceras entidades suministradoras y/o instaladoras.

  2. La condena del promotor Sr. Oscar a ejecutar las reparaciones de las humedades acreditadas en el garaje en los términos descritos, valorados y presupuestados en los informes Don. Justo (fundamento de derecho 7º), sin perjuicio de su eventual repetición a la entidad JARAMI SL.

  3. La condena del promotor Don. Oscar a la realización de las obras de reparación descritas por Don. Justo referidas a las humedades en plantas superiores, a excepción del portal NUM000, sin perjuicio de su eventual repetición a la entidad JARAMI SL

  4. La condena conjunta y solidaria del arquitecto superior Sr. Sergio y del promotor Don. Oscar a la realización de las siguientes actuaciones para observar el cumplimiento de la Normativa Comunidad de Propietarios- NUM004

  1. - Dotar al sótano con una salida en los términos descritos por la Sra. Candida .

  2. - Atribuir a las puertas de salida del sótano de garaje de fácil apertura manual y ventilación superior procediendo la subsanación en los términos descritos y valorados por Don. Justo .

  3. - Instalar dos bies en el garaje y la red de suministro, en los términos presupuestados y valorados por Don. Justo .

  4. - Señalizar las vías de evacuación y los medios de protección en los mismos términos presupuestados y descritos por Don. Justo .

  5. - Instalarse puertas RF-60 mínimo, en cada acceso de planta a la escalera protegida de uso vivienda en los términos descritos y valorados por Don. Justo .

  6. - Compartimentarse el espacio de trasterios del portal NUM001 en los mismo términos presupuestados y descritos por Don. Justo ."

SEGUNDO

Notificada dita resolución ás partes as representacións procesuais de don Sergio, don Jose Manuel e DIRECCION000 comunidad de bienes presentaron os seus respectivos recursos de apelación que foron admitidos e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 22 de abril de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO

Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Acéptanse os da Sentenza apelada en tanto non contradigan aos que a continuación se expoñen

PRIMEIRO

Cuestión litixiosa. Posicións das partes

No escrito reitor deste procedemento, sobre a base dos arts. 1.101, 1.144, 1.258, 1.124 e 1.591 do Código civil (CC ), a parte demandante interesou a condena conxunta e solidaria dos demandados: 1) a realizar a súa costa as obras necesarias de reparación dos vicios construtivos determinantes da ruína funcional e de aqueles outros defectos construtivos especificados nos informes periciais achegados coa demanda, así como todas aquelas actuacións necesarias para deixar o inmobles nas debidas condicións que impidan a aparición de deficiencias ou vicios de construción ; 2) alternativamente, se non o fixeran no prazo que, prudencialmente, se estime en Sentenza ou se se executara de modo defectuoso, a pagar a actora a cantidade equivalente ao custe das obras de reparación no momento da súa execución, incluíndo en dita cantidade todos os gastos necesarios para a súa execución; 3) subsidiariamente, para o suposto de non estimar os pedimentos que anteceden, a reparar os vicios, defectos, danos e/ou omisións que se determinen en Sentenza dentro dos especificados polos informes periciais acompañados cao demanda, ou dos que resulten en período probatorio. A sentenza de primeira instancia estimou parcialmente a demanda nos seguintes termos:

  1. - Condenando, conxunta e solidariamente, aos demandados a reparación de la fachada que deberá incluír a análise pormenorizada da instalación executada (practicando as actuacións construtivas e destrutivas precisas para determinar de maneira exacta a causa orixinaria das diferentes deficiencias acreditadas) e, unha vez diagnosticada a mesma, a reparación deberá comprender a totalidade das actuacións que foran necesarias (observando os criterios sinalados polo Don. Justo nos seus informes) incluída, no seu caso, e de ser precisa a substitución de paneis e demais estruturas de suxeición dos mesmos na súa integridade, en termos que garantan un sistema integral de fachada en condicións de calidade análogas a prescrita inicialmente no Proxecto (Luxalon 400 ou similar), sen prexuízo da súa eventual repetición a terceiras entidades subministradoras e/ou instaladoras.

  2. - Condenando ao promotor a executar a reparación das humidades acreditadas no garaxe nos termos previstos no informe do perito Don. Justo .

  3. - Condenando ao promotor a realizar as obras de reparación descritas no informe do perito Don. Justo referidas as humidades en andares superiores, coa excepción do portal NUM000 .

  4. - Condenando, conxunta e solidariamente, ao sr. Sergio e ao promotor a realizar as seguintes actuacións ordenadas a observar a Normativa Comunidade de Propietarios- NUM004 :

    A.- Dotar o soto dunha saída nos termos descritos pola perito Doña. Candida .

    B.- Atribuír ás portas de saída do soto de garaxe de fácil apertura manual e ventilación superior procedendo a validación termos descritos polo perito Don. Justo .

    C.- Instalar dous bies no garaxe e rede de subministro, nos termos presupostados e valorados polo perito Don. Justo .

    D.- Sinalizar as vías de evacuación e os medios de protección nos termos presupostados e descritos polo Don. Justo .

    E.- Instalar portas RF-60 mínimo, en cada acceso de andar a escaleira protexida de uso vivenda nos termos descritos e valorados polo Don. Justo .

    F.- Compartimentarse o espazo de trasteiros do portal nº3 nos termos presupostados e descritos polo Don. Justo .

    Fronte a dita Sentenza interpuxo recurso de apelación don Sergio argumentado:

    1. - Incongruencia do pronunciamento contido no apartado primeiro da parte dispositiva da Sentenza de instancia que concede máis do pedido pola actora ou, cando menos, algo distinto ao peticionado por esta. Por medio de dito pronunciamento a actora obtén a condena dos demandados a prestacións que exceden con moito da reparación de defectos postulada por esta, incluíndo actuacións de comprobación da entidade e orixe dos vicios e defectos ao tempo que impón aos demandados a determinación da causa ou orixe dos desprendementos rexistrados e defectos de instalación relacionados no informe do Don. Justo .

    2. - Erro na valoración da proba que conduciu ao Xulgador a quo a afirmar a responsabilidade do recorrente en relación cos vicios e defectos que afectan á fachada. Segundo expuxo: a) O proxecto básico e de execución, realizado polo apelante, determina o sistema de fachada a executar acollendo un sistema de fachada trasventilada de aluminio, respondendo a dita configuración o sistema executado Anolac 326 que non representa ningún tipo de modificación da solución acollida no proxecto; b)...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 19 de Septiembre de 2018
    • España
    • 19 Septiembre 2018
    ...la sentencia dictada con fecha 24 de septiembre de 2015, por la Audiencia Provincial de A Coruña (Sección 6.ª), en el rollo de apelación n.º 334/2013 , dimanante del juicio ordinario n.º 1289/2010 del Juzgado de Primera Instancia n.º 6 de Santiago de Mediante diligencia de ordenación de fec......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR