SAP A Coruña 275/2015, 1 de Septiembre de 2015

PonenteLORENA TALLON GARCIA
ECLIES:APC:2015:2336
Número de Recurso338/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución275/2015
Fecha de Resolución 1 de Septiembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - A Coruña, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00275/2015

RECURSO DE APELACIÓN 338/2014

ILMOS. SRES. MAGISTRADOS

ANGEL PANTÍN REIGADA, PRESIDENTE

JORGE CID CARBALLO

LORENA TALLÓN GARCIA

SENTENZA nº 275/15

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do Procedemento matrimonial de modificación de medidas definitivas seguido co núm. 157/2013, procedentes do Xulgado de primeira instancia e isntrución núm. 1 de Padrón, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 338/2014, nos que aparece como parte apelante don Javier, representado polo procurador don Victorino Regueiro Muñoz, e como parte apelada e impugnante dona Adolfina, representado pola procuradora dona Silvia Villar Brun, con intervención do Ministerio Fiscal e sendo Xuíz relator dona LORENA TALLÓN GARCIA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Acéptanse e danse por reproducidos os antecedentes de feito recollidos na Sentenza impugnada ditada no Procedemento de modificación de medidas seguido con núm. 157/2013 ante o Xulgado de primeira instancia e instrución núm. 1 de Padrón en cuxa parte dispositiva se estableceu: "Se estima parcialmente la demanda formulada por el procurador sr. Reguerio Muñoz, en representación de D. Javier

, frente a Dª Adolfina, representada por la procuradora sra. Villar Brun, acordando reducir el importe de la pensión de alimentos establecida a favor de las dos hijas menores de edad del matrimonio y a cargo del padre a la cantidad de 400# mensuales (200# mensuales para cada una), manteniéndose invariables todos los demás pronunciamientos efectuados en la sentencia de divorcio de fecha 16 de septiembre de 2011, dictada en los autos de divorcio de mutuo acuerdo nº 274/11."

Dita Resolución por aclarada por auto de 24 de xaneiro de 2014 en cuxa parte dispostiva se estableceu: "Acuerdo aclarar la sentencia dictada en los presentes autos de Modificación de medidas definitivas 157/13, en el sentido de que se amntiene invariable el pronunciamiento contenido en la Sentencia de divorcio relativo a la obligación del padre de sumar un extra de 150 euros a cada pensión mensual en el mes de septiembre, con el inicio del curso escolar."

SEGUNDO

Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de don Javier interpuxo recurso de apelación que foi admitido e, a apelada formulou escrito de oposición e impugnación. Tras isto, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a deliberación e votación, o 30 de xullo de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO

Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

A representación procesual de don Javier interpuxo recurso de apelación contra a Sentenza ditada no Procedemento matrimonial de modificación de medidas seguido co núm. 157/2013 ante o Xulgado de primeira instancia e instrución núm. 1 de Padrón, impugnando os pronunciamentos contidos na Sentenza de instancia relativos ao réxime de visitas e a pensión de alimentos.

Pola súa parte a apelada opúxose ás pretensións deducidas de contrario e impugnou o pronunciamento referido á pensión de alimentos.

SEGUNDO

Modificación de medidas definitivas

Para resolver adecuadamente as cuestións plantexadas en primeira instancia e reproducidas en apelación, compre lembrar que, segundo o criterio reiteradamente exposto pola xurisprudencia menor a modificación de medidas acordada por sentenza firme nos procesos matrimoniais e de menores unicamente pode ter lugar cando, por causas alleas ao propósito ou a deliberada vontade do solicitante, se produza unha alteración obxectiva e substancial das circunstancias persoais ou materiais relativas aos pais e aos fillos menores, que supoñan a aparición de feitos ou situacións novas e de algún modo imprevistas, máis alá das variacións que puideran considerarse ordinarias ou habituais, de acordo coa posición socioeconómica da familia e a realidade social do momento, respecto da situación fáctica que se tivo en conta no convenio extraxudicial ou, no seu caso, na sentenza e sobrevida con posterioridade a súa adopción, con un certo carácter de permanencia ( artigos 90 parágrafo terceiro, 91 inciso final, 93 e 100, en relación co artigo 174, todos eles do Código civil (CC ), e 775.1 da Lei e axuizamento civil (LAC).

Neste sentido, debe entenderse que non terán virtualidade para xustificar dita modificación os acontecementos que, aínda sobrevidos, foran previstos ou contemplados, sequera implicitamente, na sentenza que acordou a medida sen consideración a unha futura modificación, nin aqueles que, aínda supoñendo unha alteración das circunstancias, non inciden de maneira esencial e básica nas condicións de feito que se examinaron na resolución xudicial, podendo deducirse racionalmente que, de terse previsto, non determinarían un cambio no seu contido. Tampouco cabe utilizar a canle procesual da modificación de medias definitivas do artigo 775 da LAC para revisar os fundamentos e o sentido da decisión adoptada ao respecto nunha sentenza anterior, cando non se produciu un cambio real das circunstancias que lle serviron de presuposto fáctico.

Do exposto derívase, así mesmo, que o exame das pretensións de modificacións de medidas pasa necesariamente por facer un exercicio de ponderación comparativa entre o estado de cousas tomado en consideración o tempo de fixarse a medida ou medidas cuxa modificación se pretende e as circunstancias de feito concorrentes no momento en que dita modificación se interesa.

TERCEIRO

Réxime de comunicación e estancia.

A Sentenza de instancia, non apreciando alteración substancial das circunstancias, mantivo os pronunciamentos contidos na Sentenza de divorcio de mutuo acordo de setembro 2011 en materia de garda e custodia e réxime de visitas. Concretamente, confirmou tanto a atribución da garda e custodia das menores, Marisa e María Rosa, a nai como o réxime de comunicación e estancia das menores co proxenitor non conforme ao que:

1)As menores estaría na compaña do proxenitor non custodio fins de semana alternos dende o venres a saída do colexio, ou dende as 20:00 horas nos periodos non lectivos, ata as 20:00 horas do domingo, así como a tarde dos mércores, dende a saída do colexio, ou dende as 16:00 horas, ata as 10:00 horas do día seguinte nos periodos non lectivos, debendo o pai entregar ás menores no domicilio das mesmas.

2)As vacacións Semana Santa dividiránse por metades de xeito que dende o venres ata o mércores (víspera de xoves santo) nos anos pares as menores estarán en compaña do proxenitor non custodio, e dende o xoves ata o luns de pascua incluído coa nai; a inversa nos anos impares.

3)As vacacións de Nadal dividiránse en dous periodos: dende o 24 ata o 31 de decembro e dende o 31 de decembro ata o 6 de xaniero. A nai desfrutará do primeiro periodo nos anos impares e do segundo nos anos pares e o pai do primeiro periodo nos anos pares e do segundo nos impares. O día de reis se o pai non tivese ás menores na súa compaña poderá visitalas e recollelas no seu domicilio, dende 17:00 horas ata as 20:00, e se o pai xa as tivese na súa compaña levaraas con súa nai as 17:00 horas.

4)O periodo vacacional de verán comprenderá os meses de xullo e agosto. Os anos pares as menores estarán en compaña da súa nai a primeira quincena de xullo e agosto e do pai a segunda quincena...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR