SAP A Coruña 267/2015, 31 de Julio de 2015

PonenteLORENA TALLON GARCIA
ECLIES:APC:2015:2194
Número de Recurso315/2013
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución267/2015
Fecha de Resolución31 de Julio de 2015
EmisorAudiencia Provincial - A Coruña, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00267/2015

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

SECCIÓN SEXTA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ROLO: RECURSO DE APELACIÓN (LECN) 315/2013

Ilmo/s. Sr/es. Maxistrado/s:

D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA-PRESIDENTEDª LORENA TALLÓN GARCÍA

Dª Mª DEL CARMEN VILARIÑO LÓPEZ

SENTENZA

NÚM. 267/15

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 166/2011, procedentes do Xulgado de primeira instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 315/2013, nos que aparece como parte apelante don Santiago, representado pola procuradora dona Mónica Vietes León, como parte apelada don Pedro Enrique, representado pola procuradora dona Soledad Sánchez Silva, e como demandados don Desiderio e dona Valentina, sendo Xuíz relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e parte dispositiva.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Acéptanse e danse por reproducidos os antecedentes de feito contidos na Resolución apelada, ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 5 de Santiago de Compostela en cuxa parte dispositiva se estableceu: "Estimando parcialmente la demanda interpuesta por la procuradora doña Soledad Sánchez Silva en nombre y representación de don Pedro Enrique contra don Santiago, don Desiderio y doña Valentina debo condenar y condeno a los demandados a abonar, conjunta y solidariamente, al actor la cantidad de doce mil doscientos ochenta y tres euros con noventa y seis céntimos (12.283,96#), más el interés legal desde la fecha de interposición de la papeleta de concilaiación, esto es, desde el 12/1/2010. Todo ello sin hacer expresa imposición de costas."

SEGUNDO

Notificada dita resolución ás partes a representación procesual de don Santiago presentou recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 8 de abril de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO

Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Acéptanse os razoamentos xurídicos da Resolución recorrida en todo canto non apareza contradito ou desvirtuado polos que se expresan a continaución.

PRIMEIRO

O demandante no escrito inicial que encabezou este

procedemento exercitou unha acción de reclamación de cantidade por responsabilidade extracontractual fronte aos demandados interesando a condena solidaria destes ao pagamento da cantidade de 30.000#, máis os xuros xerados por dita suma dende o 12 de xaneiro de 2010.

Segundo argumentou a parte actora o día 1 de outubro de 2001 o sr. Pedro Enrique foi agredido polo demandado don Santiago, quen nese momento era menor de idade e convivía cos seus proxenitores, os codemandados dona Valentina e don Desiderio . Como consecuencia de dita agresión o sr. Pedro Enrique sufriu os danos cuxa indemnización se reclama.

Os demandados opuxéronse as pretensións da actora alegando a prescripción da acción exercitada e a falta de lexitamación pasiva dos pais de don Santiago, así como a ausencia de resposabilidade deste último ao non ter participado na agresión en virtude da que resultou lesionado o actor.

A Sentenza apelada, desistamada a prescripción da acción exercitada, acolleu parcialmente ás pretensión da parte demandante, ao entender acreditado a participación de don Santiago na agresión sufrida polo actor así como a responsabilidade dos proxenitores deste, condenando solidariamente aos codemandados a abonar a contía de 12.283,96#, máis os xuros legais xerados por dita suma dende o 12 de xaneiro de 2010.

Fronte a dita Resolución alzouse en apelación o demandado don Santiago reiterando os argumentos expostos en primeira instancia en canto a prescripción da acción exercitada e a falta de lexitimación pasiva dos codemandados, invocando erro na valoración da proba que levou ao Xulgador de instancia a afirmar a responsabilidade de don Santiago, e alegando a vulneración do principio de xustiza rogada ao acoller a Sentenza recorrida o baremo para a determinación da contía da indemnización.

Pola súa banda a apelada interesou a confirmación da Resolución impugnada.

SEGUNDO

Así delimitada a controversia sometida a consideración en alzada compre entrar a analizar o primeiro dos argumentos esgrimidos polo recorrente no escrito de apelación: a prescripción da acción de responsabilidade extracontractual exercitada polo agora apelado.

Certamente é constante a xurisprudencia recaída en torno a admisión restrictiva do instituto da prescripción de accións, que se debe examinar con sumo coidado nos casos nos que o mesmo se alegue, e aplicalo so naqueles en que estea suficientemente acreditado. Neste senso pronunciáronse, entre outras moitas, as Sentenzas do TS de 6 de outubro de 1977, 10 de marzal de 1989 ou 21 de maio de 2004, subliñándose nas mesmas que dita excepción o que trata, atendendo a súa finalidade, é de "dar seguridad a las relaciones...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 10 de Enero de 2018
    • España
    • January 10, 2018
    ...la sentencia dictada con fecha 31 de julio de 2015 por la Audiencia Provincial de La Coruña (Sección Sexta), en el rollo de apelación n.º 315/2013 , dimanante de procedimiento ordinario n.º 166/2011 del Juzgado de Primera Instancia n.º 5 de Santiago de Mediante diligencia de ordenación de f......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR