SAP Pontevedra 38/2015, 25 de Febrero de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:355
Número de Recurso151/2015
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución38/2015
Fecha de Resolución25 de Febrero de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00038/2015

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213050

N.I.G.: 36039 41 2 2009 0006376

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000151 /2015J

Delito/falta: LESIONES

APELANTE: Silvia

Procurador/a CRISTINA MARÍA DEL RÍO RECOUSO

Abogado/a: ROBERTO REY FEIJOO

APELADO: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 38

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

PONTEVEDRA, vinte e cinco de febreiro dous mil quince

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 235/24, o recurso de apelación interposto por dona Silvia, representado pola procuradora dona CRISTINA MARIA DEL RIO RECOUSO e defendido polo letrado don ROBERTO REY FEIJOO, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra en 19 de decembro de 2014 . Constituíronse como partes a mencionada recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Que debo condenar y condeno a Silvia como autor de un delito de lesiones con instrumento pleigroso previsto y penado en el artículo 148,1 del Código Penal, concurriendo la eximente incompleta de legítima defensa prevista en el artículo 21,1 en relación con el artículo 20,4 del Código Penal, a la pena de 7 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, así como al abono de las costas procesales causadas, debiendo indemnizar a Arturo en la cantidad de 210 euros por las lesiones sufridas".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Resulta probado y así se declara que el día 5 de octubre de 2009, entre las 3,30 horas y las 4 horas, Silvia se encontraba desempeñando su trabajo en el club Gesma, sito en Porriño cuando se dirigió a ella Arturo en actitud agresiva y llamándola puta y zorra, y Silvia, ante la actitud de Arturo a fin de evitar una agresión que creía inminente, le lanzó un cenicero de cristal.

A consecuencia de estos hechos, Arturo sufrió herida contusa en el labio superior y hematoma gingival, dolor y movilidad de piezas dentarias 23 (canino superior) y 24 (primer premolar superior izquierdo), precisando para su curación, además de una primera asistencia, tratamiento quirúrgico consistente en sutura de heridas, así como 7 días no impeditivos, restándole como secuela una cicatriz de 0,8 cm en la región superior del labio izquierdo".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse polo Ministerio Fiscal escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

A acusada Silvia foi condenada na instancia como autora responsable dun delito de lesións con instrumento perigoso, previsto e penado no artigo 148.1 do Código penal, coa concorrencia da eximente incompleta de lexítima defensa do artigo 21.1ª, en relación co artigo 20.4ª do mesmo texto legal . No recurso de apelación que formula perante esta alzada solicita a súa libre absolución ao considerar que concorre a eximente completa de lexítima defensa. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Os feitos probados da sentenza contra a que se apela reflicten que Arturo se dirixiu, en actitude agresiva e chamándolle 'puta' e 'zorra', á acusada Silvia . E que esta, para evitar unha agresión que cría inminente, lle lanzou un cinseiro de cristal, o que lle ocasionou a el lesións. A maxistrada xuíza a quo considerou que non quedara probada a necesidade racional do medio empregado, cando menos, en relación coa proporcionalidade, e, por iso, só dun xeito incompleto aplicou a eximente de lexítima defensa ( artigos 20.4 ª e 21.1ª do Código penal ). A cerna do presente recurso de apelación só radica niso, é dicir, en se a circunstancia de lexítima defensa debe ser apreciada como unha eximente incompleta -conclusión da xulgadora a quo - ou como unha eximente completa -tese da apelante-. E plenamente compartimos a devandita conclusión xudicial apoiada polo fiscal que se opón a que acollamos o recurso de apelación.

De entrada, debemos subliñar que, alén da actitude...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR