STSJ Galicia 105/2015, 4 de Marzo de 2015

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2015:1464
Número de Recurso15337/2014
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución105/2015
Fecha de Resolución 4 de Marzo de 2015
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00105/2015

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2014 0000875

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015337 /2014 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. ELECTRA ALTO MIÑO SA

LETRADO RICARDO BRIZ DE LABRA

PROCURADOR D./Dª. JAVIER BEJERANO FERNANDEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, catro de marzo dous mil quince.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15337/2014, pende de resolución ante esta Sala, presentado por ELECTRA ALTO MIÑO SA, representado polo procurador Dº Bejerano Fernández, dirixido polo letrado Dº. Briz de Lara, contra o acordo de 27.03.2014 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

57.683,61 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 27.03.2014 do TEAR que rexeita a reclamación contra a liquidación e sanción IVE ano 2006/07/08: as compensacións realizadas ó promotor que cede o local para situalo transformador - art. 47.5 RD 1955/2000 - non son descontos senón unha contraprestación suxeita o IVE.

SEGUNDO

O recorrente discrepa da intepretación da AEAT/TEAR e considera que coma empresa de transporte e distribución de electricidade e en aplicación da previsión do artigo 47.5 RD 195/2000, chega a un acordo do promotor do edificio que cede GRATUITAMENTE o local, sen que a compensación prevista no artigo citado sexa unha contraprestación polo uso do local, dado que inclusive pode ser negativa e realízase en beneficio do propio promotor; entende que a operación debe desagregarse: a) unha gratuita: cesiòn do local ( autoconsumo ) e b) outra onerosa: desconto na factura do subministro eléctrico.

Verbo da sanción sostén que non existiu culpabilidade na súa conduta senón unha interpretación razoable da normativa, e un enriquecimiento inxusto da administración.

O letrado do Estado rebate estas alegacións.

Segundo resulta do informe ó acta de non conformidade, a mecánica seguida pola empresa é: o promotor contrata con ELECTRA ALTO MIÑO SL a construcción do centro de transformación, aceptando o orzamento. Xiranlle a facturas ( ou facturas ) nas que a base impoñible é o orzamento - a cantidade que resulta de aplícalo artigo 47.5 RD 195/2000 ; e, en consecuencia, rebaixa a base impoñible que non engade o IVE correspondente á cantidade restada.

Coma indicamos a AEAT e letrado do Estado consideran que non pode cualificarse coma un desconto senón que estarmos ante unha contraprestación polo uso do local onde se situa o transformador e, en consecuencia, é unha prestación dun servicio/entrega de ben suxeito ó IVE que non pode restarse á factura pola instalación do CT.

Debemos darlle a razón á administración en que a COMPENSACIÓN do artigo 45.5 RD 195/2000 é unha contraprestación que a empresa distribuidora de electricidade paga ó promotor do edificio polo uso do local onde se instala o CT; o que acontece é que é unha contraprestación cun prezo fixado pola administración e non libremente polos afectados.

Non estarmos ante unha practica comercial de desconto ou bonificación ofrecida polo distribuidor de enerxía senón ante o pagamento dunha cantidade polo uso do local, polo que estarmos ante unha dobre prestación: a) instalación da CT e b) uso do local sometido a contraprestación

O desconto que se fai na factura do CT responde á contraprestación polo servizo que, á súa vez, presta o promotor consistente na utilización de parte das súas instalacións, polo que, a efectos do IVE existe unha prestación de servizos. Neste sentido, o artigo 11 da Lei 37/1992 establece un concepto amplo de prestación de servizos ao entender como tal toda operación suxeita ao IVE que, de acordo coa mesma Lei, non teña a consideración de entrega, adquisición intracomunitaria ou importación de bens, enumerando, a título de exemplo, determinadas operacións no seu apartado dous que se consideran prestacións de servizos suxeitas ao imposto. Dentro deste concepto xeral inclúese claramente a cesión de parte das instalacións ( local do CT ) que realiza o promotor por esixencias do art. 47.5 Rd 195/2000 .

Non é, polo tanto, asumible a pretensión do recorrente de que pactouse a cesión gratuita do local nin que estarmos ante unha dobre operación: a) cesión gratuita do local e b) desconto- coma compensación- ó abeiro do artigo 47.5 RD 195/2000, ya que falarmos de dúas prestacións diferenciadas e onerosas: instalación da CT e cesión do local a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR