SAP Pontevedra 257/2014, 5 de Noviembre de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:2719
Número de Recurso978/2014
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución257/2014
Fecha de Resolución 5 de Noviembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00257/2014

AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA DE PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2012 0012996

APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000978 /2014 CR

Delito/falta: IMPAGO DE PENSIONES

Denunciante/querellante: Silvio

Procurador/a: D/Dª LUIS RAMON VALDES ALBILLO

Abogado/a: D/Dª AURORA DIAZ ANDRES

Contra: MINISTERIO FISCAL FISCAL, Josefina

Procurador/a: D/Dª, TERESA REDONDO SANDOVAL

Abogado/a: D/Dª, JOSE MARIA LOZOYA PEREZ

SENTENZA Nº 257

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS Presidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

MagistradasDÑA. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

DÑA. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a cinco de Novembro do dous mil catorce.

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 978/2014, o recurso de apelación interposto polo apelante Silvio, representado polo procurador Luís Ramón Valdes Albillo e defendido polo letrado Aurora Díaz Andrés, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia e Josefina, representada polo procurador Teresa Redondo Sandoval e defendida polo letrado José María Lozoya Pérez e actuou como relator o maxistrado don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y condeno como autor penalmente responsable de un delito de abandono de familia por impago de pensión alimenticia ya definido, al acusado, Silvio sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de seis meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, así como al pago de las cotas procesales.

En concepto de responsabilidad civil, el acusado deberá indemnizar a Teresa en 15.400 euros por las pensiones debidas desde la sentencia hasta la fecha del juicio.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que en virtud de sentencia de fecha cuatro de febrero de dos mil ocho dictada por el Juzgado de Primera Instancia Número Cuatro de Sepúlveda en el juicio verbal de reclamación de alimentos 28/2006 se impuso al acusado, Silvio, la obligación de abonar en concepto de pensión alimenticia pra su hija, Teresa, nacida el NUM000 de 1992, la cantidad de 200 euros mensuales actualizables anualmente con arreglo a las variaciones del IPC.

El acusado, pese a disponer de capacidad económica, al menos parcial, no abonó pensión alguna desde la fecha de la sentencia hasta la fecha del juicio (11 de junio de 2014).

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do apealante interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse polas partes escritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Silvio, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de abandono de familia, na modalidade de non pagamento da pensión alimentaria, previsto e penado no artigo 227 do Código penal . No recurso de apelación que formula perante esta alzada na procura da súa absolución alega, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal, a falla do requisito de procedibilidade do artigo 228 do Código penal, e o erro na apreciación da proba. O fiscal e a acusación particular formulada por Josefina opóñense a que acollamos a impugnación así presentada.

Segundo

Non só por tratarse do primeiro motivo de impugnación, senón tamén porque a hipotética apreciación da falla do requisito de perseguibilidade ou procedibilidade invocada ao abeiro do artigo 228 do Código penal faría inútil a consideración do motivo consistente no erro na valoración da proba, debemos pasar deseguido á súa análise.

Afirma a sentenza contra a que se apela que é criterio desta Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra que, cando os fillos son maiores de idade, son eles os lexitimados para interpoñer a denuncia. Non se cita resolución ningunha nosa no sentido indicado, mais supoñemos que se está a aludir, fundamentalmente, á sentenza do 2 de marzo de 2010, que pronunciamos no rolo de apelación RP 36/2010 -J. E convén lembrar, entón, a particularidade do caso. Daquela dixemos:

Segundo .- A sentenza do xulgado a quo tamén con carácter previo tratou o tema da lexitimación da nai para reclamar as pensións alimentarias da filla maior de idade, mais engadindo que só o era a los meros efectos ilustrativos, por cuanto la defensa del acusado invocó novedosamente dicha falta de legitimación en el trámite de informe, y por tanto de forma extemporánea . Porén, non compartimos esta conclusión.

O que se dispón no artigo 228 do Código penal é que os delitos previstos nos dous artigos anteriores só se perseguirán logo da denuncia da persoa agraviada ou do seu representante legal. E que, cando aquela sexa menor de idade, incapaz ou unha persoa desvalida, tamén poderá denunciar o Ministerio Fiscal. Isto é, que se trata dun auténtico requisito de procedibilidade e, xa que logo, dunha cuestión de orde pública que pode ser alegada en calquera momento e, incluso, por primeira vez nesta segunda instancia (neste sentido se expresaron as SSAAPP de Las Palmas do 7 de abril de 2008, e de Madrid do 7 de xullo de 2009 ). Deste xeito, unha vez invocada tal cuestión pola defensa do acusado no momento de realizar o informe no acto da vista oral celebrado na instancia, dende logo que non pode terse por extemporánea e, máxime, se, como máis adiante se dirá, a referida parte se mantivo á espreita do contido da declaración de Violeta durante o xuízo para, á vista da mesma, poder alegala co fundamento, precisamente, de que nunca a súa filla o denunciou ou ratificou a denuncia que fixera a súa nai Africa .

Terceiro .- Na orixe dos feitos axuizados está a sentenza de separación ditada o 27 de novembro de 2000 polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, nos autos 228/2000. Por medio dela declarouse a separación conxugal de mutuo acordo de Africa e Luis Miguel, o agora acusado-apelante. Tamén aprobou a devandita resolución xudicial a proposta de convenio regulador presentada por aqueles cónxuxes. E do contido deste cómpre salientar, para os efectos de ditarmos esta nosa resolución da alzada, o seguinte: a) o esposo contribuiría ao levantamento das cargas do matrimonio e alimentos da filla coa cantidade de vinte mil pesetas mensuais, que se aboarían dentro dos cinco primeiros días de cada mes, nunha conta bancaria que a esposa abriría ao seu nome e ao da filla menor; b) os cónxuxes dispoñían de ingresos propios, polo que non fixaban pensión compensatoria. Así pois, nin se dubida, nin ninguén fixo cuestión de que a única pensión que se estableceu foi a alimentaria a prol da filla común do matrimonio, Violeta, que naquel intre contaba con trece anos de idade ao nacer o 29 de xullo de 1987.

A denuncia que deu orixe á incoación das actuacións que agora examinamos foi formulada por Africa -nai de Violeta e ex-esposa do acusado- o 8 de novembro de 2006. Isto é, cando Violeta xa contaba dezanove anos de idade. E o que na amentada denuncia se relataba era que Luis Miguel adebedaba a pensión alimentaria para a súa filla dende o mes de xullo de 2006 ata o mes de novembro do mesmo ano. É dicir, que as pensións alimentarias que se dicían non aboadas tamén correspondían a unha época na que Violeta xa había tempo que acadara a maioría de idade. Así as cousas, o tema que cómpre resolver é se, sendo maior de idade a filla, era ela a que debía formular a correspondente denuncia ou se, pola contra, abondaba con que o fixese a súa nai. Ou se se prefire, que debe entenderse por persoa agraviada para os efectos da recta interpretación do artigo 228 do Código penal .

Cuarto .- Concordamos coa maxistrada xuíza a quo en que dista...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR