STSJ Galicia 727/2014, 10 de Diciembre de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:9425
Número de Recurso15157/2014
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución727/2014
Fecha de Resolución10 de Diciembre de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00727/2014

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2014 0000406

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015157 /2014 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. ASOCIACION ESPAÑOLA DE LA INDUSTRIA ELECTRICA (UNESA)

LETRADO PASCUAL SALA ATIENZA

PROCURADOR D./Dª. LUIS SANCHEZ GONZALEZ

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, IBERDROLA RENOVABLES GALICIA,S.A.

LETRADO LETRADO COMUNIDAD(SERVICIO PROVINCIAL), LUIS MARIA CAZORLA PRIETO

PROCURADOR D./Dª., BEGOÑA MILLAN IRIBARREN

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dez de decembro dous mil catorce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15157/2014, pende de resolución ante esta Sala, presentado pola ASOCIACION ESPAÑOLA DE LA INDUSTRIA ELÉCTRICA, representado polo procurador Dº Sánchez González, dirixido polo letrado Dº. Sala Atienza, contra Orde da Consellería de Facenda de 27.01.2014. É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía é indeterminada .

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é Orde da Consellería de Facenda de 27.01.2014 que aproba as normas de aplicación do canon eólico.

Coma recoñece o recorrente a STSX Galiza - sección 3- 191/2014 rexeitou o recurso contra a Orde de

14.01.2010 que aprobaba o modelo de autoliquidación do canon eólico; A sección 4ª tamén se pronunciara sobre a constitucionalidade desta Orden na sentenza ditada no PO 15252/2010 .

SEGUNDO

Na indicada sentenza dixemos: O recurso baséase na infracción, por parte da Lei 08/2009, do bloque constitucional, en concreto, da LO 08/1980, o ter só formalmente, unha finalidade extrafiscal; ademais, tamén contradí a Directiva 2009/28.

O recorrente desenvolve o primeiro dos motivos alegando que se infrinxe a prohibición do art. 6.3 LOFCA e a xurisprudenza constitucional que o interpreta, dado que o CA NO N EÓLICO recae sobre o mesmo feito impoñible que xa grava o IBI-IAE e Imposto sobre a electricidade e carece - materialmente- de finalidade extrafiscal: a) inautenticidade dos fins, falta de xustificación do impacto ambiental negativo, ausencia de xeneralidade, b) ausencia de congruencia entre os elementos esenciais do Canon Eólico e a súa pretendida natureza de tributo ambiental. - obxecto e feito impoñible, suxeitos, base impoñible, tipo de gravame e cota tributaria e recadación.

O letrado da administración rebate estas alegacións subliñando que a Lei 08/2009 crea un tributo extrafiscal que cumpre cos requirimentos da xurisprudenza constitucional.

Dado que a impugnación diríxese contra a Lei 08/2009 compre determinar se concorre ou non motivos que xustifiquen suscita-la cuestión de inconstitucionalidade ante o TC.

A Constitución Española outorga ó lexislador plena liberdade para a instauración de medidas preventivas e restauradoras do medio, entre as que se encontran as de natureza tributaria. Neste sentido o T.C. sinalou que «tanto o sistema tributario no seu conxunto coma cada figura tributaria concreta forman parte dos instrumentos de que dispón o Estado para a consecución dos fins económicos e sociais constitucionalmente ordenados» ( STC 37/1987 [ RTC 1987). O TC recoñeceu na sentenza 37/1987, do 26 de marzo, que "nin na Constitución nin na LOFCA existe precepto ningún que prohiba ás Comunidades Autónomas actuar a súa potestade tributaria - e en concreto, o seu poder de imposición - en relación coa consecución de obxectivos non fiscais" (FJ 13º). É dicir, o tributo pode non ser só unha fonte de ingresos, un xeito de achegar medios económicos ós entes territoriais para satisfacer as súas necesidades financeiras (fin fiscal), senón que tamén pode responder a políticas sectoriais distintas da puramente recadatoria (fin extrafiscal), isto é, o lexislador pode "configurar o presuposto de feito do tributo tendo en conta consideracións basicamente extrafiscais" ( SSTC 37/1987, do 26 de marzo, FJ 13 ; 197/1992, do 19 de novembro, FJ 6 ; 194/2000, do 19 de xullo, FJ 7 ; e 276/2000, do 16 de novembro, FJ 4).

A Constitución non obriga a establecer tributos ecolóxicos pero si establece un

deber de conservación ambiental dos poderes públicos e dos particulares.

Os tributos ecolóxicos constitúen un incentivo para reducir os niveis de contaminación e fomentar condutas acordes coa protección do medio (preventiva e incentivadora), distintos a aqueles en que se determina a distribución dos gastos públicos con arranxo ao principio de capacidade económica.

Non existindo dúbida posible sobre a competencia da CCAA Galega de crear un imposto ambiental e que este non infrinxe os principios de territorialidade ( art. 11.1 da Lei 8/2009 ) nin o de non interferencia económica ( art. 9 LOFCA ), a controversia cínguese en determinar se o canon eólico teun unha finalidade ambiental como obxectivo real, tal e como esixe o T.C. 8 ( STC 179/2006 ), ou grávase unha capacidade económica xa gravada, como sinalou o TC nas sentenzas 289/2000 ( RTC 2000, 289) e 179/2000 ( RTC 2000, 179), co que se estaría infrinxindo o artigo 6.3 LOFCA.

A Lei 08/2009 establece que a finalidade do canon eólico e para protexe-lo medio, para estimular a incorporación dás novas tecnoloxías nos aeroxeradores, para minorar ou número destes e para reforzar ou equilibrio territorial xerado pola instalación de parques eólicos créanse ou canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental . Fin que reitera o Artigo 8º ó establece que ( créase o canon eólico )

co obxecto de contribuír a regular e preservar ou medio na súa consideración de ben protexido . Establecendo o artigo 9 que os ingresos do canon destinaranse a conservación, reposición e restauración do medio, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial dás que serán principais beneficiarios vos municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Así mesmo, será beneficiaria ou conxunto dá sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento dá eficiencia non aproveitamento dous recursos enerxéticos renovables, dá sustentabilidade, dá biodiversidade e do uso recreativo e educativo dous recursos naturais de Galicia.

Tales ingresos serán xestionados a través do Fondo de Compensación Ambiental .

Esta é a realidade normativa da que debemos partir, afastandonos das sospeitas que suscita o recorrente sobre o destiño real dos ingresos derivados do canon - estaríamos ante unha incorrecta aplicación do Fondo de Compensación Ambiental e non ante unha irregularidade da Lei.

O que toca decidir é se esta realidade normativa formal cumpre coas esixencias que o TC establece unas sentenzas 179/2006, 168/2004, 289/2000, 12/91 ..para poder considerar que estarmos propiamente ante un imposto ambiental.

En concreto se concorren os defectos recollidos no FX 6º da sentenza 179/2006 : ... como sucedía no caso do imposto balear declarado inconstitucional pola STC 289/2000, a análise da estrutura do imposto estremeño non permite chegar á anterior conclusión. E é que, aínda cando a exposición de motivos da Lei 7/1997 atribúe ao citado tributo unha finalidade extrafiscal, como é a protección do medio, o certo é que o exame dos preceptos que definen os elementos esenciais do devandito imposto pon de manifesto que estamos en presenza dun tributo netamente fiscal ou contributivo, na medida que non grava directamente a actividade contaminante senón a mera titularidade dunhas determinadas instalacións. A este respecto necesariamente debemos tomar como punto de partida a circunstancia de que, conforme ao art.º 2 da citada norma legal, o feito impoñible do imposto o constitúe a titularidade polo suxeito pasivo de elementos patrimoniais afectos á realización das actividades que integran o obxecto do tributo, a saber, as de produción, almacenaxe, transformación, transporte efectuado por elementos fixos da subministración de enerxía eléctrica, así como os elementos fixos das redes de comunicacións telefónicas ou telemáticas (art.º 1.3); constituíndo a base impoñible ou, o que é o mesmo, o sometido a tributación, o "valor produtivo" dos citados elementos patrimoniais que configuran o obxecto do tributo (art.º 7.1), entendendo por tal "a expresión estimativa da participación dos elementos patrimoniais suxeitos na composición dos prezos de fabricación ou custos de produción" da enerxía eléctrica ou das comunicacións telefónicas ou telemáticas (art.º 7.2).

Trátase, pois, conforme á propia definición do seu feito impoñible, dun tributo que non grava directamente a actividade contaminante, senón a titularidade dunhas determinadas instalacións. Certamente, como puxemos de manifesto ao examinar o cumprimento por algúns tributos autonómicos da prohibición de dobre imposición contida no art.º 6 LOFCA, a definición legal do feito impoñible [ STC 168/2004, do 6 de outubro, FJ 10 a)] ou do obxecto do tributo ( ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS, 25 de Noviembre de 2015
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 25 d3 Novembro d3 2015
    ...de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso contencioso-administrativo núm. 15157/2014 Han comparecido como partes recurridas La JUNTA DE GALICIA, representada por el Procurador D. Argimiro Vázquez Guillén, e IBERDROLA RENOVABLES G......
  • ATS, 2 de Junio de 2016
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 2 d4 Junho d4 2016
    ...del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 10 de diciembre de 2014, recaída en el recurso del citado orden jurisdiccional núm. 15157/2014, con expresa imposición de costas a la recurrente con el límite expresado en el último de los fundamentos Y en el Fundamento de Derecho Quinto, en r......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR