SAP Pontevedra 18/2004, 17 de Septiembre de 2004

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2004:978
Número de Recurso1009/2004
Número de Resolución18/2004
Fecha de Resolución17 de Septiembre de 2004
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

Id Cendoj: 36038370022004100081

Órgano: Audiencia Provincial

Sede: Pontevedra

Sección: 2

Nº de Recurso: 1009/2004

Nº de Resolución: 18/2004

Procedimiento: Procedimiento abreviado

Ponente: JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO Tipo de Resolución: Sentencia

Resumen:

PARTICIPACION EN RIQA

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00018/2004

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 2

SALVADOR MORENO,5-2º DERECHA

Tfno.: 986-805119 Fax: 986-805114

53025 SENTENCIA, TEXTO LIBRE, PARA DISKETERA

Número de Identificación Único: 36000 2 0200486 /2004

Ejecutoria: 1009 /2004

Rollo: /

Órgano Procedencia: de

Proc. Origen: nº /

Contra:

Procurador/a:

Abogado/a:

JOSE JUAN BARREIRO PRADO

PONTEVEDRA

CAUSA PENAL

Rolo: 1009/04

Asunto: P.ABREVIADO

Número: 3/2003

Procedencia: JDO. INSTRUCCIÓN VILAGARCIA-3

LA SECCIÓN SEGUNDA DESTA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, compuesta por

DON JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, Presidente, DON JAIME ESAIN MANRESA y

DON CELSO JOAQUÍN MONTENEGRO VIEITEZ (Suplente) Magistrados ha pronunciado.

EN NOMBRE DEL REY

la siguiente

SENTENCA Nº 18

Pontevedra a dezasete de setembro de dous mil catro.

Vistas as presentes dilixencias seguidas por un suposto delicto e unha falta de lesións contra

Eduardo , DNI NUM000 , nado en Vilagarcía de Arousa o 12 de ferbreiro de

1983, fillo de Manuel e María Carmen, con domicilio na RUA000 nº NUM001 - NUM002 , de

Vilagarcía de Arousa, sen antecedentes penais, de descoñecida solvencia económica, e en

liberdade provisional por esta causa, na que estivo representado polo procurador don José Manuel

Lema Maquieira e asistido pola avogada dona Sagrario Picallo Gómez; e contra Adolfo , DNI NUM003 , nado en Vilanova de Arousa o 31 de agosto de 1980, fillo de

Ramón e María Teresa, con domicilio na RUA001 nº NUM004 , de Puerto del Rosario, sen

antecedentes penais, de descoñecida solvencia económica, e en liberdade provisional por esta

causa, na que o representou o procurador don Antonio Daniel Rivas Gandásegui, e defendeuno o

avogado don Francisco J. López Lago. En representación do Ministerio Fiscal compareceu don

Paulino González Formoso. E foi Maxistrado-Relator o Ilmo. Sr.Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, por quen se expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal ao elevar as súas conclusións provisionais a definitivas cualificou os feitos como constitutivos dunha falta de lesións prevista no artigo 617.1 do Código Penal , e un delicto de lesións do artigo 147.1 e 150 do mesmo texto legal, do que consideraba autores a Eduardo , da falta, e a Adolfo do delicto, non apreciando a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, e interesando para o primeiro a imposición da pena de dous meses de multa a razón de 12 euros diarios a sustituir en caso de impago pola responsabilidade personal subsidiaria establecida no art. 53 CP , e para o segundo a pena de tres anos de prisión, e nos dous casos a de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena e custas. Así como, en concepto de responsabilidade civil, Adolfo debía indemnizar na cantidade de mil euros a Millán polas lesións ocasionadas e secuelas.

SEGUNDO

As defensas do acusados tamén ao elevaren as súas conclusións provisionais a definitivas, remataron por interesar a libre absolución dos mesmos con tódolos pronunciamentos favorables.

FEITOS PROBADOS

Na praza de O Castro, sita na rúa O Cristo de Vilagarcía de Arousa, sobre as 2:30 horas do día 4 de novembro de 2001 tivo lugar unha pelexa entre o acusado Eduardo , das circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais, e Pedro Francisco , no transcurso da cal o primeiro pegoulle ao segundo dous puñetazos por mor dos cales este último caeu ao chan, onde recibiu patadas doutras persoas non identificadas. Como consecuencia da agresión Pedro Francisco resultou con lesións das que tardou en curar dous días, durante os cales non precisou de hospitalización, e si tan só da primeira asistencia facultativa.

No mesmo lugar, unha hora e media máis tarde, orixinouse outra pelexa neste caso entre o acusado Adolfo , das circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais, e Millán , no transcurso da cal o primeiro déulle a este segundo un forte puñetazo na boca, como consecuencia do cal tardou en curar oito días, durante os cales non precisou de hospitalización, aínda que si unha primeira asistencia facultativa e tratamento odontolóxico, restándolle a pérdida de incisivo superior dereito que, na actualidade, xa foi obxecto da correspondente prótese substitutiva.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código Penal e dun delicto de lesións do artigo 147 do mesmo texto legal.

SEGUNDO

Responsable en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do Código Penal ) da amentada falta é Eduardo , e do delicto Adolfo .

TERCEIRO

Verbo da existencia e da comisión da falta por parte do acusado Eduardo na persoa de Pedro Francisco rotundamente quedaron demostradas ambas nos autos.

A existencia das lesións polos partes facultativos de asistencia e polo informe de sanidade do médico-forense que daban conta das erosións superficiais e os hematomas na rexión supranasal e periorbitaria esquerda na faciana de Pedro Francisco , para as que lle foi dispensada unha primeira asistencia facultativa, tardando en curar uns dous días, sen precisar hospitalización.

E a autoría da comisión da devandita falta de lesións ( art. 617.1 CP ) polas propias declaracións de quen as padeceu e de quen as causou. Así, Pedro Francisco , tanto ante a policía nacional de Vilagarcía de Arousa, como ante o Xulgado de Instrucción, e no acto mesmo do xuízo oral, sempre sinalou entre as persoas que o agrediron ao acusado Eduardo . E este último, ante a policía nacional declarou que a Pedro Francisco tivera que darlle puñetazos e patadas por todo o corpo; despois, ante o Xulgado de Instrucción manifestou que lle pegara dous puñetazos tirándoo ao chan; e xa no acto da vista oral, rematou recoñecendo que "puede que le diera un puñetazo". Deste xeito, por unha banda, nin se demostrou que se dese unha situación de lexítima defensa que explicase a reacción do acusado, nin a mesma sería de posible estimación ao estarmos en presencia dunha rifa mutuamente aceptada; mentres que, por outra banda, o mecanismo de producción das lesións garda notoria relación con estas últimas ao tratarse de dous puñetazos e de hematomas na faciana do lesionado, non imputándoselle así ao acusado aquelas outras lesións que ao prexudicado lle puidesen ter causado outras persoas unha vez que aquel caeu ao chan.

CUARTO

As lesións padecidas por Millán consistiron nun forte puñetazo na boca, como consecuencia do cal tardou en curar oito días, durante os cales non precisou de hospitalización, aínda que si dunha primeira asistencia facultativa e tratamento odontolóxico, restándolle a pérdida de incisivo superior dereito que, na actualidade, xa foi obxecto da correspondente prótese substitutiva.

Pois ben, certo é que tales feitos víñanse encadrando dentro do dictado legal do artigo 150 do Código Penal ("El que causare a otro la pérdida o la inutilidad de un órgano o miembro no principal, o la deformidad, será castigado con la pena de prisión de tres a seis años"), en relación co artigo 147.1 do mesmo texto legal ("El que, por cualquier medio o procedimiento, causare a otro una lesión que menoscabe su integridad corporal o su salud física o mental, será castigado como reo del delito de lesiones con la pena de prisión de seis meses a tres años, siempre que la lesión requiera objetivamente para su sanidad, además de una primera asistencia facultativa, tratamiento médico o quirúrgico. La simple vigilancia o seguimiento facultativo del curso de la lesión no se considerará tratamiento médico) tal e como así o tiña cualificado o Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais que, despois, mantivo e elevou a definitivas. Mais a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR