SAP Pontevedra 134/2002, 23 de Mayo de 2002

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2002:1746
Número de Recurso73/2002
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución134/2002
Fecha de Resolución23 de Mayo de 2002
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIA N° 134

En Pontevedra, vintetrés de maio de dous mil dous.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 322/01, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 2 DE PONTEVEDRA, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandado ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO-MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, e da outra como apelado e demandante CAMPING BAIONA PLAYA S.A., no xuizo ordinario.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 11 de febreiro de 2002, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 2 de Pontevedra, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que ESTIMANDO la demanda interpuesta por el procurador D. José Portela Leirós, en nombre de Camping Baiona Playa S.A., contra la Administración General del Estado representada por el Abogado del Estado; debo declarar y declaro que los terrenos, de superficie de 40.000 m2, que fueron vendidos por el Estado Español en escritura pública de 6 de mayo de 1971, hoy finca n° 5.533 inscrita a favor de la actora "Camping de Bayona Playa S.A." en el Registro de la propiedad n° 4 de Vigo, es de exclusiva propiedad de su titular registral, y debo condenar y condeno a la demandada a estar y pasar por dicha declaración, imponiéndole a la demandada las costas procesales".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación ó abeiro do disposto no art. 455 e seguintes da LAC 1/2000, de 7 de xaneiro, formalizando oposición a parte apelada-demandante, e remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial.De conformidade co disposto no artigo 465 da devandita LAC, sinalouse o día 22 de maio de 2002 para a deliberación, votación e Fallo do recurso.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.

Foi relator o Ilmo Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Na súa contestación á demanda rectora de litis o avogado do estado alegara, como cuestións previas a toda oposición verbo do cerne do asunto, a incompetencia da xurisdicción civil para coñecer do presente asunto, así como a excepción de litispendencia. Ambas foron rexeitadas na instancia polo auto do 19 de novembro de 2001. E agora, na formulación do recurso de apelación perante esta alzada, a amentada parte demandada, con abandono da primeira cuestión, dun xeito implícito semella que insistía na referida excepción de litispendencia.

Verbo da incompetencia de xurisdicción, se cadra, xa nada se alega vistos os motivos da súa desestimación na instancia; isto é, que tendo a Avogacía do Estado comezado a fundamentación legal da súa demanda coa literal expresión "reconocemos la competencia del Juzgado al que tenemos el honor de dirigirnos", e que na audiencia previa o demandado xa non podía impugnar a falta de xurisdicción ou de competencia do tribunal que tiña que propoñer a xeito de declinatoria segundo o disposto nos artigos 63 e seguintes desta Lei (artigo 416 da Lei de Axuizamento Civil), abofé que o rexeitamento do que foi obxecto tal cuestión na instancia amosábase como ben incontestable. Mentres que no que atinxe á excepción de litispendencia, non menos acertadamente se despachou o Xuíz da instancia ó frontalmente rexeitala ó respecto, e con lembranza de que se pretendía a referida litispendencia basear no feito de atoparse aínda sen resolver o recurso de casación formulado pola aquí actora "Camping Bayona Playa, S.A." fronte á sentencia da Audiencia Nacional do 18 decembro 1998, que rexeitou o seu recurso contra a resolución do 1 de agosto de 1996 do Ministerio de Medio Ambiente pola que se aprobaban as actas de 10 de marzo de 1994 e do 27 de febreiro de 1996 así como Planos de xaneiro de 1995, do deslinde do dominio público marítimo-terrestre no tramo de 3115 metros da praia Ladeira, dende o fito 57 do deslinde aprobado pola OM do 11 maio 1967 ata o fito 60 do deslinde aprobado pola OM do 2 maio de 1976, só cabe traer a colación a doutrina xurisprudencial acaída en supostos ben semellantes ó que nos ocupa. Así, nun caso no que o avogado do estado tamén tiña alegado a excepción de litispendencia consonte o artigo 533.5 da LAC de 1881, sinala a STS do 17 decembro 2001 o seguinte: "Se apoya el motivo en que se encuentra pendiente -al menos cuando se formalizó el recurso de casación- en la Audiencia Nacional un recurso contencioso-administrativo que podría modificar los límites definidos en el deslinde. El motivo tiene que perecer, en él se reconoce incluso que la litispendencia es invocable cuando se trate de un mismo orden jurisdiccional. Efectivamente, como ya señaló la sentencia de 16 de octubre de 1986, no causa tal excepción de litispendencia que se halle pendiente de recurso contencioso-administrativo, ya que los Juzgados y Tribunales han de ser de la misma clase o naturaleza y los Tribunales del orden civil y contencioso-administrativo no tienen las mismas competencias, ni la misma organización y sí procesos distintos. Ello con independencia de que aquí se postula una acción declarativa de propiedad, de la que no puede entender el orden jurisdiccional contencioso-administrativo". E xa antes a STS do 9 xullo 2001...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 2023/2016, 6 de Septiembre de 2016
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 6 Septiembre 2016
    ...en los arts. 3 , 4 y 5 de la Ley 22/1988 , para que pueda ser incluida en dicha zona". Por su parte, la Audiencia Provincial de Pontevedra, en sentencia de 23 de mayo de 2002 (conociendo, pues igualmente la SAN, que pendía de recurso de casación ante el Tribunal Supremo) desestimó el recurs......
  • ATS, 23 de Febrero de 2010
    • España
    • 23 Febrero 2010
    ...contra la sentencia dictada por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 2ª), con fecha 23 de Mayo de 2002, en rollo de apelación nº 73/2002 dimanante de los autos de juicio ordinario nº 322/01, seguidos ante el juzgado de Primera Instancia nº 2 de dicha ciudad, en virtud de demanda i......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR