STSJ Galicia 487/2014, 24 de Septiembre de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:7202
Número de Recurso15612/2013
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución487/2014
Fecha de Resolución24 de Septiembre de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00487/2014

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2013 0018457

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015612 /2013 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. PONTEGADEA INVERSIONES,S.L.

LETRADO JOSE ARNAU SIERRA

PROCURADOR D./Dª. RAMON DE UÑA PIÑEIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NUÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e catro de setembro dous mil catorce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15612/2013, pende de resolución ante esta Sala, presentado por PONTEGADEA INVERSIONES SL, representado polo procurador Dº De Uña Piñeiro, dirixido polo letrado Dº. Arnau Sierra, contra o acordo de 10.09.2013 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

25.498,63 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 10.09.2013 do TEAR que rexeita a reclamación contra a sanción derivada do acta de conformidade núm. 77022370 IVE ano 2004 (non lle admiten coma deducible dous apuntes; a) 21,16 euros "Cabades y Valls Notarios ", e 350.000 euros por "Honorarios por asesoramiento inmobiliario en relación con el análise de inversións en Paris ") .

SEGUNDO

O recurso baséase na nulidade por: a) defectos do expediente que causan indefensión ó prescindir do trámite de audiencia tras achegar novos feitos logo do traslado da proposta de resolución; b) falta de motivación e de congruencia ( omisiva ) e c) falta de culpabilidade.

O letrado do Estado rebate estas pretensións.

Verbo da primeria cuestión; o recorrente sostén que no curso do procedemento sancionador e en contestación ás alegacións realizadas á proposta de resolución, a inspección confeccionou un informe que engadía feitos novos (logo reflectidos no acordo sancionador), incumprindo o artigo 23.5 RXRDT e provocándolle indefensión.

Consonte co artigo 210.2 Lei 58/2003 : os datos, probas ou circunstancias que estean ou se obtiveran nalgún dos procedementos de aplicaion ... e que se teran en conta no procedemento sancionador deberán engadirse formalmente ó mesmo antes da proposta de resolución. O principio xeral, polo tanto, é que nada (relevante) que non figure na proposta de resolución pode ser tido en conta ó dita-la sanción; a única excepción que prevé o artigo 24 RD coa ampliación das actuación ( no mesmo sentido o artigo 20.1 RD 1398/1993 cando fala de actuacións complementarias ) que requiren un novo trámite de audiencia.

Nin a Lei 58/2003 nin o RD 2063/2004 prevén, expresamente, a realización dun informe ás alegacións do administrado, e tampouco consta a fundamentación da súa convenciencia ( de considerarmos que sexa de aplicación o artigo 82 Lei 30/92 e subliñando que, propiamente, non é un informe - en sentido técnico- dado que estes defínense como aquelas declaracións de xuízo provenientes dunha instancia externa ó instrutor do procedemento -sexa ou non un órgano da mesma Administración responsable da tramitación do procedemento - que teñan por finalidade asesorar ou ilustrar en relación cos distintos aspectos xurídicos ou técnicos que formula o procedemento).

Ó dito engadimos que o relevante non é tanto a existenza ou non do informe senón que os datos e circunstancias que nel se recollen e que non fundamentaban a proposta de resolución se toman en consideración ó dita-la sanción e tamén determinar se esto afecta á imputación dado que non muda o tipo imputado nin este se agrava.

A potestade sancionadora da Administración, que, lonxe de ser excluída pola CE, se encontra admitida no seu artigo 25, apartado terceiro, áchase sometida a unha serie de límites dimanantes do principio de legalidade e equivalentes, na práctica, aos dereitos subxectivos dos cidadáns. A este respecto, a Sentenza do Tribunal Constitucional 77/1983, do 3 de outubro, sitúa tales límites en: "a) a legalidade, que determina a necesaria cobertura da potestade sancionadora nunha norma de rango legal, coa consecuencia do carácter excepcional que os poderes sancionatorios en mans da Administración presentan; b) a interdición das penas de privación de liberdade, ás que pode chegarse de modo directo ou indirecto a partir das infraccións sancionadas; c) o respecto dos dereitos de defensa, recoñecidos no artigo 24 da Constitución, que son de aplicación aos procedementos que a Administración siga para imposición de sancións, e d) finalmente, a subordinación á autoridade xudicial.

Coma tamén indica a STS 06.06.2012...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR