STSJ Galicia 435/2014, 14 de Mayo de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:5903
Número de Recurso4030/2011
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución435/2014
Fecha de Resolución14 de Mayo de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00435/2014

- T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4030/2011

RECORRENTE: CONCELLO DE LUGO

ADMINISTRACION DEMANDADA: TXSS

NO NOME DE EL-REI

A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JUAN SELLÉS FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, catorce de maio de dous mil catorce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4030/2011, pende de resolución ante esta Sala, presentado polo CONCELLO DE LUGO, representado polo procurador Dª Gandoy Fernández, dirixido polo letrado dos seus servizos xurídicos, contra o acordo de 02.12.2010 da Dirección Provincial de Lugo da TXSS . É parte a Administración demandada a TXSS, representada e asistida polo letrado dos seus servizos xurídicos.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver. CUARTO. - Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

1.167.820,97 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 02.12.2010 da Direccion provincial da TXSS que rexeita o requerimento previo do Concello de Lugo contra a declaración de responsabilidade solidaria das débedas xeradas por FRIMIÑO SL.

Consonte resulta do expediente e dos escritos das partes, o 28.12.1989 o Concello de Lugo adxudicoulle a concesión da explotación do matadoiro municipal da FRIMIÑO por 25 anos ( escritura notarial de

16.01.1990 ). FRIMIÑO comunica o 09.11.2009 o cesamento na prestación do servizo ó no nser viable a actividade. O Concello acorda Decreto 1350/2009 de 30.11 o precinto das instalacións

FRIMIÑO ceso una súa actividade ( sen liquidación ) cunha débda de cotas á Seguridade Social de 1.167.820,97 EUROS, que resultou imposible de percibir da propia sociedade e da administradora ( declaración de insolvencia ).

O Concello discrepA de que lle fose de aplicación o artigo 42 Estatuto dos Traballadores, en relación co art. 127.1 LXSS, ó entender que non actuaba coma empresario principal: a) a actividade de matadoiro non é unha das prestacións obrigadas do art. 26 lei 7/1985 e b) non é unha actividade empresarial propia dunha administración, xa que son fins de interese público oS que moven á administración e non a ganancia. Alega tamén, a prescripción da acción para reclamar.

O letrado da TXSS rebate ditas alegacións.

SEGUNDO

Antes de calquera outra consideración compre indicar que, consonte o artigo 33.1 LXCA, debemos xulgar dentro dos límites fixados polas pretensións das partes e motivos que as fundamenten; pretensións e motivos que deben ser congruentes co contido do acto que se recorre. Esto ben a conto por que o acto que é obxecto de recurso ( resolución de 02.12.2010 ) ten coma contido: rexeita-lo requerimento previo contra a resolución ditada pola Subdireccion provincial de vía executiva que declara a RESPONSABILIDADE SOLIDARIA do Concello de Lugo nas débedas á SS da sociedade FRIMIÑO SL.

Este contido limita á controversia á concorrencia ou non dos elementos que carreta a declaración da responsabilidade solidaria, o que fai alleo ó debate a consideración de se concorrería ou non a responsabilidade subsidiria do art. 127 LXSS . Cuestión ( suscitada polo letrado da TXSS na contestación- FX 4º ) que non será obxecto - nin tan sequera a maior abastanza- de pronunciamento.

Unha vez depurado o debate o que toca é determinar se estarmos ou non no suposto do artigo 42.2

E.Traballadores.

Consonte o artigo 42.2 ET : . O empresario principal, salvo o transcurso do prazo antes sinalado respecto á Seguridade Social, e durante os tres anos seguintes á terminación do seu encargo, responderá solidariamente das obrigas referidas á Seguridade Social contraídas polos contratistas e subcontratistas durante o período de vixencia da contrata.

O determinante, tal e coma salientan as partes, é resolver se o Concello de Lugo é ou non empresario principal respecto de FRIMIÑO SL coma consecuencia do contrato outorgado o 16.01.1990 de concesión do matadoiro municipal por 25 anos.

Coma indica o letrado da TXSS ó tempo de asina-lo contrato de concesión, a actividade de matadoiro era unha das que, os concellos con poboación superior a 20.000 habitantes, debían prestar de xeito obrigatorio ( art. 26.c Lei 7/1985 ). O prego de clausulas administrativas falaba de xestión indirecta dun servizo público.

Foi coa reforma de 1996 ( RDL 7/1996 ) cando se muda a regulación e o servizo pasa a non ser de prestación obrigatoria, se ben falarmos dunha actividade que se reserva ás entidades locais ( art. 86.3 Lei 7/1985 ), e esta reserva supón que queda excluida a iniciativa privada, sendo a titularidade da administración quen pode proceder á xestión directa ou indirecta ( por concesión ou outra modalidade ) - aínda que parte da doutrina esixe para isto unha publicatio específica.

O dito carreta que falemos dun servizo de titularidade do Concello e dunha xestión indirecta do mesmo por vía dun concesionario ( FRIMIÑO ), e consonte a doutrina ( da xurisprudenza ) poidamos falar dunha contratación dunha actividade propia do Concello; así e coma recolle a STSX Canarias 1121/2013: a interpretación que mereza a expresión de "....propia actividade.. " empregada polo referido precepto, é importante para aínda cando se tratase dun contrato ver se procedía ou non a aplicación do art.º 42 do ET, para cuxa interpretación é común acudir á Sentenza de 18 de xaneiro de 1995 da Sala 4ª do Tribunal Supremo (casación para unificación de doutrina 150/1994 ), segundo a cal "..el suposto de feito para a aplicación do artigo 42 do Estatuto dos Traballadores consiste en que o obxecto da contrata ou subcontratar a que alude o precepto ha de referirse á realización de obras e servizos correspondentes á propia actividade da empresa comitente. Para delimitar o que ha de entenderse por propia actividade da empresa, a doutrina maioritaria entende que son as obras ou servizos que pertencen ao ciclo produtivo desta, isto é, as que forman parte das actividades principais da empresa. Máis que a inherencia á fin da empresa, é a indispensabilidad para conseguilo o que debe definir o concepto de propia actividade. Tamén a doutrina sinalada que nos encontrariamos ante unha contrata deste tipo cando de non se ter...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 15 de Enero de 2015
    • España
    • 15 Enero 2015
    ...a quince de Enero de dos mil quince. HECHOS PRIMERO .- Por el Ayuntamiento de Lugo se ha interpuesto Recurso de Casación contra la Sentencia 435/2014, de 14 de mayo, dictada por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el re......
  • STS 1555/2016, 27 de Junio de 2016
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 27 Junio 2016
    ...Justicia de Galicia, de fecha 14 de mayo de 2014 , dictada en el recurso de dicho orden jurisdiccional seguido ante la misma bajo el núm. 4030/2011, a instancia del Concello de Lugo, sobre responsabilidad por deuda con la Seguridad Ha sido parte recurrida la TESORERÍA GENERAL DE LA SEGURIDA......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR