SAP Pontevedra 129/2014, 27 de Mayo de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:692
Número de Recurso42/2013
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución129/2014
Fecha de Resolución27 de Mayo de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00129/2014

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SECCIÓN 2ª

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

N85850

N.I.G.: 36006 41 2 2009 0013013

ROLO: PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000042 /2013 I

Órgano Procedencia: XDO. 1ª. INST. E INSTRUCCIÓN N.4 DE CAMBADOS

Procedemento Orixen: PROCEDEMENTO ABREVIADO 25/2012

Delito/falta: TRÁFICO DE DROGAS GRAVE DAÑO A LA SALUD

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª Abogado/a: D/Dª

Contra: Guillermo, Luis, Romulo, Carlos Ramón

Procuradores: MIGUEL ANGEL PALACIOS PALACIOS, MARTA MARIA FERRADANS PADIN, MARIA DAS NEVES ALONSO PAIS, JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE

Abogados: PATRICIA LOPEZ ARNOSO, FRANCISCO J. IGLESIAS CANITROT, JUAN SANTORUM VARELA, BEGOÑA TRILLO NOCHE

SENTENZA NÚM.129

==========================================================

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, vinte e sete de maio de dous mil catorce.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección 2ª desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 42/2013, procedente do Xulgado de 1ª Inst. e Instrución núm. 4 de Cambados, e seguida polo trámite de procedemento abreviado 25/2012 (Dilixencias Previas 970/2009), e seguida polo trámite de procedemento abreviado polo delito de Tráfico de drogas grave dano á saúde, contra :

Guillermo, con DNI número NUM000, nado o día NUM001 /1974, en Vilagarcía de Arousa, fillo de Constancio e de Susana, con domicilio en AVENIDA000 nº NUM002 ( RUA000 ) Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, non constan antecedentes penais, cuxa solvencia non consta, en situación de liberdade provisional por esta causa, representado polo procurador Sr. Miguel Angel Palacios Palacios e defendido pola letrada Sra. Patricia López Arnoso.

Luis, con DNI número NUM003, nado o día NUM004 /1984, en Vilagarcía de Arousa, fillo de Joaquín e de Covadonga, con domicilio en San Miguel de Deiro(Vilanova de Arousa) ó C/ DIRECCION000 nº NUM005 - NUM006 (Vilagarcía de Arousa), con antecedentes penais non computables a efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta, en situación de liberdade provisional por esta causa, representado pola procuradora Sra. Marta Mª Ferradans Padín e defendido polo letrado Sr. Francisco Javier Iglesias Canitrot.

Romulo, con DNI número NUM007, nado o día NUM008 /1966, en Muri (Suiza), fillo de Jose Miguel e de Raquel, con domicilio en DIRECCION001 - NUM009 Barreiros (Mondoñedo-Lugo), non constan antecedentes penais, cuxa solvencia no consta, en situación de liberdade provisional por esta causa, representado pola procuradora Sra. Mª Das Neves Alonso Pais e defendido polo letrado Sr. Juan Santorum Varela.

Carlos Ramón, con DNI número NUM010, nado o día NUM011 /1971, en Vilagarcía de Arousa, fillo de Ceferino e de Clemencia, con domicilio en Camiño DIRECCION002 nº NUM012 (Vilagarcía de Arousa), con antecedentes penais, cuxa solvencia no consta, en situación de liberdade provisional por esta causa, representado polo procurador Sr. Joaquín Gabriel Santos Conde e defendida pola letrada Sra. Begoña Trillo Noche.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal intervén don Pablo Varela Castejón, e como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos de:

A- un delito de tráfico de drogas do artigo 368 do Código Penal, en relación a substancias das que causan grave dano á saúde, facendo aplicación da redacción a estes preceptos dada pola Lei Orgánica 5/2010 do 22 de xuño.

B- un delito de tráfico de drogas do artigo 368 do C6digo Penal, en relación a substancias das que non causan grave dano á saúde, facendo aplicación da redacción a estes preceptos dada pola Lei Orgánica 5/2010 do 22 de xuño.

3- Deles responden, respectivamente: do delito aos conxuntamente os acusados Guillermo, Romulo e Carlos Ramón, como coautores responsables directos, de acordo ao artigo 28 do CP ; e do delito B o acusado Luis .

4- Concorre nos acusados Guillermo e Carlos Ramón, a agravante de reincidencia do articulo 22.8 º do CP .

5- Procede a imposición a cada un dos acusados Guillermo e Carlos Ramón, dunha pena de 5 anos de prisión con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, así como unha multa a cada un de 22.507,08 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de non pagamento de 1 mes e 15 días, conforme ao artigo 53.2 do CP . Costas.

Procede a imposición ao acusado Romulo, dunha pena de 4 anos e 9 meses de prisión con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, así como unha multa de

23.127,09 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de non pagamento de 1 mes. Costas.

Procede a imposición ao acusado Luis, dunha pena de 2 anos e 6 meses de prisión con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, así como unha multa de 8.773,902 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de non pagamento de 1 mes. Costas.

De conformidade ao disposto no artigo 374 do CP, en relación co artigo 127 do mesmo CP, procede acordar o comiso da droga intervida e dos efectos que se ocuparon aos acusados e que se sinalan na conclusión primeira, ou subsidiariamente do valor equivalente destes, para os fins previdos nos citados preceptos.

Segundo

A defensa do procesado Guillermo, en idéntico trámite, formulou: 1ª.- Mostra a súa desconformidade co relato de feitos do Fiscal. 2ª.- Solicita o tipo atenuado do art. 368.2 del C.P . 3ª.- Coa circunstancia modificativa de la responsabilidade criminal, atenuante, de dilacións indebidas moi cualificadas do art. 21.6 do C.P . 4ª.- Procede a imposición á pena de prisión de 1 ano e seis meses, pola comisión dun delito tipificado no art.º 368.2 do C.P, en relación co art.º 66.7 do C.P .

A defensa do procesado Luis, 1ª.- Mostra a súa desconformidade coa correlativa do Fiscal. 2ª.- Os feitos realizados no son constitutivos de delito nin falta algunha, se ben, subsidiariamente, e para o improbable suposto de que os feitos cometidos por seu representado fosen constitutivos dalgún ilícito penal, estes serían constitutivos dun delito contra a Saúde Pública tipificado no art. 368.2 del C.P respecto de sustancias que non causan grave dano á saúde. 3ª.- Sen delito nin falta non cabe falar de autorías, se ben, subsidiariamente e para o improbable suposto de que os feitos cometidos por o seu representado respondería en calidade de autor dun delito contra a saúde pública respecto de sustancias que non causan grave dano á saúde, tipificado no art.º 368.2 do C.P . 4ª.- Coa circunstancia atenuante moi cualificada de dilación extraordinaria e indebida na tramitación do procedemento, recollida no art.º 21.6 del C.P . 5ª.- Procede a libre absolución do seu representado, subsidiariamente e para o improbable suposto de que os feitos cometidos por o seu representado fosen constitutivos dalgún ilícito penal, debendo impoñer a pena establecida no art. 368.2 C.P ., en relación a sustancias que non causan grave dano a saúde, tendo en conta as circunstancias, tanto persoais como atenuantes, concorrentes na causa.

A defensa do procesado Romulo, 1ª.- Mostra a súa desconformidade ca correlativa do Fiscal. 2ª.-Os feitos relatados non son constitutivos do delito do que se lle acusa. 3ª.- Ao non existir delito nin falta non responde seu representado en concepto de autor. 4ª.- Con carácter subsidiario para o caso de apreciarse algunha responsabilidade penal no seu representado, concorrería a circunstancia atenuante do art.º 21.2 ª de adicción a drogas tóxicas o estupefacientes. 5ª.- Sen a existencia de delito o falta non procede impoñer pena algunha o seu representado. Subsidiariamente, procedería impoñerlle, dada súa enfermidade e a escasa entidade do feito, a pena inferior en grao que lle corresponda por a infracción penal cometida, conforme os art.º 66.1.2 ª e 68 do C.P . 6ª.- No existindo responsabilidade penal do seu representado, non cabe falar de responsabilidade civil, por o que deben ser devoltos os 4.900 euros e o vehículo matrícula .... CJM

decomisados.

A defensa do procesado Carlos Ramón, 1ª.- Mostra a súa desconformidade co relato de feitos do Fiscal. 2ª.- Non é autor de delito algún. 3ª.- Non concorre ningunha circunstancia modificativa da responsabilidade criminal. 4ª.- Procede a libre absolución do seu mandante.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Sobre as 12:30 horas do día 4 de novembro de 2010, o acusado Guillermo, con antecedentes penais, foi detido por axentes da Garda Civil á saída da peaxe da autoestrada AP-9 en Ordes, cando conducía o automóbil da marca BMW, modelo 320, de matrícula .... NRT, e se dirixía a facer unha entrega de cocaína ao tamén acusado Romulo no seu domicilio en DIRECCION001, número NUM009, de San Xusto de Cabarcos, concello de Barreiros, Lugo. Ao rexistrar o acusado Guillermo, encontróuselle debaixo do pantalón -no interior dos calzóns- un paquete feito con plástico e cinta adhesiva que contiña no seu interior uns 221,800 gramos de cocaína, cun 39,14% de pureza e un valor no mercado ilícito de 11 253,54 #.

No intre da detención, o acusado Guillermo levaba consigo tres teléfonos móbiles e catro tarxetas SIM, que empregaba para a actividade ilícita á que se dedicaba. Os teléfonos móbiles eran: un da marca Nokia, con IMEI NUM013, cunha tarxeta SIM da compañía Vodafone de número NUM014 ; un da marca Nokia, con IMEI NUM015 ; e outro da marca LG, con IMEI NUM016, cunha SIM da compañía Yoigo, de número...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 323/2015, 20 de Mayo de 2015
    • España
    • 20 Mayo 2015
    ...por la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Segunda con fecha 27 de mayo de 2014 , en su rollo de Procedimiento Abreviado núm. 42/2013, seguido por delito contra la salud pública. Imponemos a los recurrentes las costas originadas por sus respectivos Declaramos HABER LUGAR PARCIALMENT......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR