SAP Pontevedra 409/2014, 30 de Junio de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:1346
Número de Recurso993/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución409/2014
Fecha de Resolución30 de Junio de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00409/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

SEDE VIGO

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2011 0000080

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000993 /2012 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 7 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000005 /2011

Recurrente: PELAYO MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA

Procurador: LUIS CESAR TORRES GOBERNA

Abogado: SERGIO AMADEO GADEA

Recurrido: Dimas, MAPFRE FAMILIAR S.A., Imanol, Pelayo

Procurador: GLORIA QUINTAS RODRIGUEZ, EVA MARIA MARTINEZ PAZ

Abogado: MANUEL LAFUENTE PEREZ, MARIA JESUS RODRIGUEZ RIVADA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, Presidente D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 409/14

Vigo, trinta de xuño de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 5/11 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo ós que correspondeu o rolo 993/12, nos que aparece como parte apelante e demandado PELAYO MUTUA DE SEGUROS, representada polo/a procurador/a D./D.ª LUIS C. TORRES GOBERNA e asistida do/da letrado/a D./D.ª SERGIO AMADEO GADEA, e como parte contra da que se apela e demandante MAFRE FAMILIAR S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª GLORIA QUINTAS RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./ D.ª MANUEL LAFUENTE PÉREZ, como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Imanol, representada polo/a procurador/a D./D.ª EVA MARTÍNEZ PAZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª JESUS RODRÍGUEZ RIVADA . Como apelado demandado-rebelde D. Pelayo e como apelado no persoado D. Dimas .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo, con data do 19 de marzo de 2012, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando en parte la demanda promovida por la procuradora Dña. Perfecta Orgeira Dopico en nombre y representación de D. Imanol frente a D. Dimas, D. Pelayo y la Compañía Pelayo debo condenar y condeno solidariamente a los demandados a abonarle la cantidad de 86.254,42 Euros (de la que habrá de deducirse la suma ya entregada al perjudicado) más los intereses legales correspondientes que, respecto a la aseguradora serán los previstos en el art. 20 de la L.C.S ., sin efectuar especial pronunciamiento sobre las costas causadas.

Se estima íntegramente la demanda formulada por la Procuradora Dña. Gloria Quintas Rodríguez en nombre y representación de la entidad Mapfre frente a la compañía Pelayo, a la que se condena a abonarle la suma de 29.759,09 Euros más los intereses legales correspondientes desde la fecha de la presente resolución con imposición de las costas causadas."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª LUIS CESAR TORRES GOBERNA, en representación de PELAYO MUTUA DE SEGUROS, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 12 de xuño de 2014.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Analizamos, en primeiro termo, o motivo de apelación invocado pola aseguradora

demandada, sobre a concurrencia de culpas entre o condutor do vehículo taxi por ela asegurado e o actor, condutor da motocicleta, pois a decisión da Sala sobre este motivo vai ter loxicamente repercusión nas outras causas do recurso.

Recoñece a parte recurrente a actuación culposa -e antirregulamentaria- do seu asegurado, pois ao circular pola rúa Pizarro da cidade de Vigo, en dirección á rúa Urzaiz, procedente da Praza de España, xira á esquerda para adentrarse pola rúa Bolivia, de dirección prohibida nese sentido, manobra de xiro naquela primeira rúa que estaba por igual prohibida mediante o correspondente sinal vertical e pola existencia de liña continua. Máis considera que houbo tamén un comportamento imprudente e antinormativo do ciclomotorista ao marchar, por unha banda, a velocidade excesiva e superior á autorizada, de cincuenta quilómetros á hora, e proceder, por outra, a adiantar aos vehículos que lle precedían, o primeiro deles o taxi, facendo o adiantamento polo carril máis esquerdo dos tres existentes, reservado exclusivamente para os vehículos (taxis e autobuses urbáns) que viñan en oposto sentido e, en fin, rebasando, por conseguinte e igualmente, aquela liña continua. Estima, xa que logo, a compañía de seguros apelante que a concurrencia de culpas debe apreciarse nun setenta e nun trinta por cento, no ciclomotorista e no taxista, respectivamente, ou subsidiariamente, por mitade pedindo, en definitiva, a revogación da sentenza de primeira instancia, que valora a culpa do motorista nun trinta por cento, e atribúe a culpa no setenta por cento restante ao condutor do vehículo taxi. Pois ben, o motivo do recurso non se acepta, considerando este tribunal de apelación, logo dunha revisión coherente, crítica e polo miúdo das probas que exiten nos autos, que foi de maior entidade o obrar indilixente do taxista que o do motorista, compartindo a Sala a apreciación que neste senso fixo a xulgadora de primeiro grao na sentenza hoxe apelada.

E é que, en primeiro termo, non existe proba demostrativa da velocidade elevada e antirregulamentaria que se achaca, inconsistentemente, ao ciclomotorista. Neste extremo debemos salientar: A) Que as dúas testemuñas, de total credibilidade, por ser presenciais, e facer un relato sólido, detallado, esencialmente contexte e espontáneo, malia que afirman no atestado policial que a moto circulaba "viva", aclaran coincidentemente no acto do xuizo esta palabra, no senso de que o único que quixeron decir era que a moto ía máis rápida que os vehículos que adiantaba, nunha valoración comparativa, en fin, que non implicaba unha velocidade propiamente rápida ou excesiva. B) Que esta velocidade anormal e irregular tampouco se pode colexir da pericia achegada pola apelante, conforme á cal a moto marchaba no intre inmediatamente anterior ao impacto a unha velocidade de 55.2 km/h, pois ese ditame presenta carencias importantes que fan dubidar seriamente da súa cientificidade, tales como que o técnico non examinou, inexplicablemente, o taxi (sí o fixo, en cambio, da moto), baseándose para as súas conclusións, exclusivamente, no atestado policial, comprensivo das fotografías, e no orzamento de reparación (o que non cremos, pois nin se achega ese orzamento co ditame, nin tansiquera se invoca o mesmo como unha das fontes de información que se reseñan na páxina 3), ademáis de naquela inspección da moto; ou que atruibúe ao ciclomotorista un peso de 75 quilos, fixado aleatoriamente e que, en último termo, non semella corresponderse exactamente co peso real do mesmo (pénsese que era un boxeador do peso "cruceiro", entre os 79,378 e os 90,718 quilos); ou cando asevera que houbo un desprazamento de arraste polo chan da motocicleta, mentres que as dúas testemuñas presenciais negan este feito e non existen, por outro lado, pegadas dese arraste; ou finalmente, cando fai a correspondente fórmula ignorando o ángulo entre a moto e o taxi no momento da colisión, pois non é naturalmente igual un alcance en ángulo recto -para entendermos- entre a moto e o turismo que cando ambos vehículos formaban outro ángulo. En definitiva, o informe non resulta dabondo nin decisivo para dar por demostrada unha velocidade que, en todo caso, como de 55,2 quilómetros á hora, estaría moi cercana á regulamentaria, e que non sería en absoluto unha causa relevante para o sinistro, que igualmente produciríase ainda de ser a velocidade levasda algo máis reducida.

Descartada, xa que logo, a velocidade inapropiada como un dos feitos determinantes do actuar culposo do ciclomorista, observamos esta conducta como de menor gravidade que a do taxista. En efecto, coñecedor este último, loxicamente, pola súa profesión, do trazado urbán da cidade, que impedíalle tomar a rúa da esquerda: A) Procede xirar hacia esa banda en lugar absolutamente prohibido e advertido cos correspondentes sinais, vertical e de liña continua sobre o pavimento. B) Realiza esa perigosa manobra de xeito súbito, tal como afirman as dúas testemuñas presentes, manobra que debemos presumir, ademáis, que se fixo sen sinalizala previamente (pois estaba prohibida). C) Finalmente, non toma a elemental precaución, ante o arriscado da súa actuación, de asegurarse que non viñan vehículos, non só por diante e polo carril esquerdo que irregularmente invadía, senón tamén por detrás, en eventual manobra de adiantamento que un vehículo das características dunha motocicleta, de escasa anchura, podía facelo, mesmo sen invadir practicamente o carril contrario e prohibido, ou cunha invasión cativa, e menor que a do taxi, e que non sería a causa fundamental do accidente.

Segundo

Por razóns de sistema analizamos, en segundo termo, a excepción de prescrición oportunamente invocada pola aseguradora recurrente respecto da acción promovida pola demandante, aseguradora da responsabilidade civil do ciclomotorista. Considera en definitiva a recurrente que esa acción, en canto que fundada na responsabilidade extracontractual ( artigos 1902 do Código Civil e 1 do texto refundido da LRCSCVM), estaría exercitada fora do prazo dun ano legalmente establecido.

A formulación da parte...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR