SAP Pontevedra 176/2014, 18 de Julio de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:904
Número de Recurso69/2013
ProcedimientoTribunal del Jurado
Número de Resolución176/2014
Fecha de Resolución18 de Julio de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra - Tribunal Jurado

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00176/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 PONTEVEDRA

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

530650 SENTENCIA. TRIBUNAL DEL JURADO. ART. 70 L.O.T.J .

N.I.G: 36060 41 2 2012 0005438

Rolo: TJ TRIBUNAL DEL JURADO 0000069 /2013 I

Órgano Procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1 de VILAGARCIA DE AROUSA

Proc. Orixen: TRIBUNAL DEL JURADO 0001280 /2012

Acusación: MINISTERIO FISCAL FISCAL, Felicisima , Marcelina , Regina

Procurador/a: MARIA SUSANA TOMAS ABAL

Letrado/a: CARLOS MIGUEL RUEDA VEGA

Contra: Gabriel

Procurador/a: ELENA MONTÁNS ARGÜELLO

Letrado/a: FAUSTINO SEOANE SANCHEZ

SENTENZA Nº 176

==========================================================

Ilmo. Sr. Maxistrado Presidente

Don José Juan Barreiro Prado

==========================================================

Pontevedra, a dezaoito de xullo de dous mil catorce.

Vista en xuízo oral e público, ante o Tribunal do Xurado a presente causa de Procedemento de Lei do Xurado co número 69/2013, procedente do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución N.1 de Vilagarcia de Arousa e seguida polo trámite de Tribunal do Xurado 1280/2012 polo delito de Homicidio, contra Gabriel con DNI número NUM000 nacido o NUM001 /1960

en Vilagarcía de Arousa fillo de Raimundo e de Dolores , sen antecedentes penais, en prisión provisional, por esta causa, dende o 20/09/2012 ata o 10/07/2014, cusa solvencia non consta, estando representado pola Procuradora Sra. Elena Montans Argüello e defendido polo Letrado Sr. Faustino Seoane Sánchez. Sendo parte acusadora o Ministerio Fiscal, e como relator o Maxistrado Presidente don José Juan Barreiro Prado .

Foron parte no procedemento como acusación particular , dona Felicisima , dona Marcelina e dona Regina , representadas pola procuradora Sr.a Susana Tomas Abal e defendidas polo Letrado Sr. Carlos Miguel Rueda Vega.

Exercitou a acusación pública o Ministerio Fiscal en representación do cal interveu don Juan Carlos Aladro.

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro.- Polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución N.1 de Vilagarcía de Arousa, remitiuse a esta Sección 2 da Audiencia Provincial de Pontevedra, o Procedemento da Lei de Xurado que se seguiu co Rolo 69/2013 .

Segundo.- O Ministerio Fiscal , no seu escrito de conclusións provisionais, calificou os feitos do modo seguinte:

Os feitos relatados anteriormente son constitutivos dun Delito de Homicidio do artº 138 do Código Penal .

Dos feitos narrados responde o acusado en concepto de autor de conformidade co disposto nos artigos 27 e 28 do Código Penal .

Concorrendo no acusado a circunstancia atenuante de confesión do art º 21.4 º do mesmo Corpo Legal.

Procede impoñer ao acusado as seguintes penas:

  1. Pena de 10 anos de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

  2. Pena de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena de conformidade co establecido no art º 55 en relación ao artº 41 do C.P .

  3. Custas.

En canto á responsabilidade civil, o acusado deberá indemnizar a Felicisima na cantidade de 126.000 euros e a Regina e Marcelina na cantidade de 9500 euros a cada unha delas.

A mesma cantidade de 9500 euros será aboada polo acusado a Dolores salvo que esta manifeste a súa renuncia.

Terceiro.- A Acusación Particular , no seu escrito de conclusións provisionais, cualificou os feitos do modo seguinte: A)un delito de asasinato con aleivosía, previsto e penado no art.º 139.1 do Código Penal . B)Con carácter alternativo (conforme habilita o art.º 29.4 LOTJ ), un DELITO DE HOMICIDIO DOLOSO do art.º 138 do C.P .

Responde o acusado en concepto de autor, de conformidade cos art.º 27 e 28 do C.P .

Concorre como circunstancias modificativas da responsabilidade criminal: no delito apartado A), concorre a agravante de parentesco do art.º 23 do C.P . No alternativo contemplado no apartado B), concorre as circunstancias agravantes de abuso de superioridade ( art.º 22.2 CP ) e de parentesco ( art.º 23 CP ).

Procede impoñer ao acusado as seguintes penas:

No delito do apartado A), asasinato con aleivosía (artº 139,1 CP ), con agravante de parentesco ( art.º 23 CP ):

Pena de 20 anos de prisión, con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo de condena.

Pena de inhabilitación absoluta durante o tempo de condena ( art.º 55 en relación co art.º 41 do CP ).

A clasificación en terceiro grao de tratamento penitenciario non se efectúe ata o cumprimento da metade da pena imposta ("período de seguridade"), conforme permite o art.º 36.2 do CP .

Privación do dereito a acudir ou residir na localidade de Vilagacía de Arousa --lugar no que se cometeu o delito e de residencia da familia da vítima (viúva e fillas)-por o prazo de 30 anos, isto é o teimpo de condena e 10 anos máis (conforme ao disposto nos art.º 57 e 48.1 CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Prohibición de aproximarse a Dª. Felicisima (Viúva e esposa da vítima), Dª. Marcelina e Dª. Regina (fillas da vítima), nun radio dun quilómetro, así como a prohibición de comunicación con elas por calquera medio, durante 30 anos, é dicir, o tempo de condena e 10 anos máis ( arts. 48, apartados 2 e 3 , e 57, apartados 1.2 e 2 do CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Privación do dereito á tenza e porte de armas po 10 anos ( arts. 33.2 , 40 , 47 , 95 , 96 , 105 e concordantes do CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Comiso das escopetas intervidas no presente procedemento, conforme ao establecido en el art. 127 do CP .

Custas procesuais (incluídas as desta acusación particular).

No alternativo contemplado no apartado B), delito de homicidio doloso do art.º 138 CP con agravantes de abuso de superioridade ( art.º 22.2 CP ) e parentesco ( art.º 23 CP ):

Pena de 15 anos de prisión, con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo de condena.

Pena de inhabilitación absoluta durante o tempo de condena ( art.º 55 en relación co art.º 41 do CP ).

A clasificación en terceiro grao de tratamento penitenciario non se efectúe ata o cumprimento da metade da pena imposta ("período de seguridade"), conforme permite o art.º 36.2 do Código Penal .

Privación do dereito a acudir ou residir na localidade de Vilagarcía de Arosa (Pontevedra)-lugar no que se cometeu o delito e de residencia da familia da vítima (viúva e fillas)-por o prazo de 25 anos, isto é, o tempo de condena e 10años máis (conforme ao disposto nos arts. 57 e 48.1 CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Prohibición de aproximarse a Dª. Felicisima (viúva e esposa da vítima), Dª. Marcelina e Dª. Regina (fillas da víctima),en un raio dun quilómetro, así como a prohibición de comunicación con elas por calquera medio, durante 25 anos, é dicir, o tempo de condena e 10 anos máis ( arts. 48, apartados 2 e 3 , e 57, apartados 1.2 e 2 do CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Privación do dereito á tenza e porte de armas por 10 anos ( arts. 33.2 , 40 , 47 , 95 , 96 , 105 e concordantes do CP ); cuxo cómputo comezará a partir do momento en que o tratamento penitenciario permita a concesión de permisos.

Comiso das escopetas intervidas no presente procedemento, conforme ao establecido no art.º 127 do CP .

Custas procesuais(incluídas as desta acusación particular).

En canto á responsabilidade civil refírese, conforme ao art º 109 e seguintes do CP , os responsables penais dun delito sono tamén civilmente, polo que o acusado indemnizará -pola morte do seu irmán D. Juan Antonio --, á viúva D ª Felicisima en 252.320,50 € --a cada unha delas--, polo dano moral (pecunia doloris) e lucro cesante sufridos; importes que percibirán os correspondentes intereses legais conforme se desprende do art.º 576 de á Lei de Axuizamento Civil .

Cuarto. - Cualificación provisional da defensa :

Os feitos relatados, de non concorrer as circunstancias eximentes que se dirán, serían constitutivos no seu caso dunha falta de imprudencia leve do art.º 621.2 do CP .

Coa mesma salvidade do apartado anterior, auto sería Gabriel .

Concurrirrían, en todo caso, as circunstancias eximentes:

De lexítima defensa, o art º 20,4º do CP .

De actuar Gabriel por un medo insuperable, do art º 20,6º do CP .

De obrar impulsado por un estado de necesidade, do art.º 20,5º do CP .

E ademais e no seu caso os atenuantes do artº 21.1 ª, para o caso de non concorrer nas anteriores todos os requisitos necesarios para a exención. Do artº 21,3ª de arrebato ou obcecación. Do artº 21,4ª de confesión da infracción e do artº 21-5ª de ter procedido a diminuír os efectos do delito.

Procede a libre absolución de Don Gabriel , con todos os pronunciamentos favorables e declaración de oficio das custas.

En canto á responsabilidade civil , por razón das eximentes concorrentes, non procedería facer declaración, e, en todo caso, haberá de apreciarse a concorrencia de responsabilidade do falecido no agravamento dos danos, ao acometer violentamente o acusado.

Quinto.- No acto do xuízo oral o Ministerio Fiscal modifica as súas conclusións provisionais no seguinte sentido: na 1ª engade que o acusado, con ánimo de ferir o seu irmán lle disparou na perna de forma que a evolución posterior da ferida produciu neste a morte; na 2ª introduce alternativamente a existencia dun delito doloso de lesións 147 e 148.1 CP en concurso con homicidio imprudente; na 5ª procede impoñer ao acusado a pena de 3 anos e 6 meses de prisión e privación do dereito a tenza de armas polo mesmo tempo.

Sexto.- A acusación particular en igual trámite elevou as súas conclusións a definitivas aínda que modificou o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR